Novas da SGAPEIO 8 de abril 2015

1.- Xornada sobre Big Data e Estatística
Lembramos que está aberto a prazo de inscrición na Xornada sobre Big Data e Estatística que organizan a SGAPEIO, o grupo de investigación MODES da Universidade da Coruña (UDC) e a Rede de Tecnoloxías Cloud e Big Data para HPC. Esta xornada terá lugar o día 19 de xuño de 2015 na Facultade de Informática da UDC.
Data límite de inscrición: 7 de xuño de 2015.
Máis información: http://bigdata.sgapeio.es/

2.- V Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Lembramos que está aberta a convocatoria da V Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de Estatística e Investigación de Operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
O período de inscrición no concurso é do 1 ao 15 de abril de 2015.
Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es.

3.- Curso de Control estatístico da calidade con R (IV edición)
A Universidade de Vigo organiza a IV edición do curso virtual "Control Estatístico da Calidade con R", dirixido a enxeñeiro, técnicos das empresas e da administración, ou investigadores que empregan no seu traballo as ferramentas de control de calidade.
O curso inclúe unha breve introdución ao programa R e as técnicas estatísticas de control de calidade máis empregadas, con datos e exemplos paso a paso, asequibles para usuarios non expertos. Non é necesario ter un nivel elevado de Estatística ou coñecer previamente o programa R, aínda que estes coñecementos poden aumentar o rendemento do alumno.
O curso é fundamentalmente práctico e realizarase a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo, Faitic.
- Importe da matrícula: 125 € (90 € parados)
- Período de matrícula: do 1 ao 25 de abril de 2015.
- Período de docencia: do 1 ao 31 de maio de 2015.
Más información: https://bubela.uvigo.es/curso/2451

4.- ECML/PKDD 2015 Workshop on Advanced Analytics and Learning on temporal Data
2015 International Workshop on Advanced Analytics and Learning on Temporal Data (AALTD 2015) will be held Friday, September 11, 2015 in Porto, Portugal, co-located with ECML/PKDD 2015. The aim of this workshop is to bring together researchers and experts in machine learning, data mining, pattern analysis and statistics to share their challenging issues and advance researches on temporal data analysis.
Important dates:
- Workshop paper submission deadline: June 22, 2015.
- Workshop paper acceptance notification: July 13, 2015.
- Workshop paper camera-ready deadline: July 27, 2015.
Further information: http://ama.liglab.fr/aaltd_ecml2015/index.html

5.- Bolsas do Instituto de Astrofísica de Canarias
O Instituto de Astrofísica de Canarias convoca oito bolsas de verán para estudantes universitarios do último curso de grao ou máster, para a súa formación na investigación astrofísica (BOE nº 70 do 23 de marzo de 2015). As bolsas están destinadas a estudantes de Física ou Matemáticas preferentemente.
Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2015/03/23/pdfs/BOE-A-2015-3082.pdf

6.- Bolsas de investigación 2015 da DPC
A Deputación Provincial da Coruña convoca dezaoito bolsas en rexime de publicidade, obxectividade e concurrencia competitiva, destinadas a titulados universitarios que pretendan facer un traballo de investigación no período 2015-2016, cunha duración mínima de nove meses, distribuídas en distintas áreas. Para a área de Ciencias convócanse catro bolsas.
Máis información: http://eio.usc.es/pub/mte/index.php/es/noticias/940-2015-04-06-07-53-08

7.- Praza de profesor visitante
O Departamento de Estatística da Universidad Carlos III de Madrid ofrece unha praza de Profesor Visitante a tempo completo para impartir docencia en castelán e inglés no Campus de Getafe, comezando o 1 de Setembro de 2015. Os candidatos deben estar en posesión do título de Doutor, e demostrar experiencia en investigación no campo da Econometría.
Máis información: http://eio.usc.es/pub/mte/index.php/es/noticias/939-2015-03-31-10-06-35

8.- Praza de técnico analítico no Banco Santander
O Banco Santander ofrece unha praza de técnico analítico.
Funcións do posto:
- Xestión e mantemento das diferentes bases de datos de produtos.
- Realización e mantemento de matrices de compatibilidade / incompatibilidade por produto.
- Elaboración e adaptación de ficheiros para cada unha das campañas de produto, mailings e extractos.
- Elaboración de informes estatísticos e de xestión.
- Elaboración de estatísticas e ficheiros para o lanzamento de campañas.
- Desenvolvemento de modelos de propensión adaptados a cada segmento de cliente.
- Investigación de bases de datos para a obtención de perfís de clientes e comportamentos.
Formación requerida: Licenciatura en Matemáticas, rama de Estatística.
Experiencia: Polo menos 2 anos de experiencia na análise de datos cuantitativos e cualitativos no sector financeiro.
Máis información: http://goo.gl/v73mSA

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates