ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas da SGAPEIO, 24 de novembro 2015
1.- II Encontro Galaico-Portugués de Biometría (BIOAPP2016)
O II Encontro Galaico-Portugués de Biometría (BIOAPP2016), con aplicación ás Ciencias da Saúde, á Ecoloxía e ás Ciencias do Medio Ambiente, terá lugar os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo de 2016 na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
Este encontro temático está organizado pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) e pola Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) como continuación de dous encontros previos organizados polas dúas sociedades: o I Encontro Luso-Galaico de Biometría, que se celebrou en Braga (Portugal) do 14 ao 16 de xullo de 2013, e o I Encontro Luso-Galaico de Estatística no Medio Ambiente e na Ecoloxía (EES2014), que se celebrou en Vila Real (Portugal) do 6 ao 8 de novembro de 2014.
O programa do encontro inclúe 4 sesións plenarias, 4 sesións invitadas, unha mesa redonda, e sesións de comunicacións orais e posters, ademáis de un minicurso sobre análise de supervivencia.
Datas importantes:
- Data límite de envío de resumos: 31 de marzo de 2016.
- Notificación da decisión: 20 de abril de 2016.
- Data límite de inscrición a prezo reducido: 30 de abril de 2016.
Máis información: http://biometria.sgapeio.es
2.-Seminario de Iniciación á Investigación
Dentro dos Seminarios de Iniciación á Investigación (SII), o mércores 25 de novembro terá lugar a seguinte charla na aula 5 da Facultade de Matemáticas:
Título: Modelización onomástica.
Ponente: María José Ginzo Villamayor.
Resumo: Os apelidos poden ser utilizados como unha fonte de información para caracterizar a poboación dunha rexión, dado que a análise dos patróns que se observan na distribución dos apelidos reflicte aspectos importantes dos movementos poboacionais. As investigacións desenvolvidas no contexto de estudo, ata a data, non teñen en conta a dimensión espacial e espazo-temporal da evolución dos apelidos; por iso, este traballo céntrase na introdución de métodos estatísticos para o procesamento de datos e o modelado en xeolingüística, especificamente, nos apelidos de Galicia.
Data e hora: 25 de novembro de 2015 ás 17:00 horas.
3.- Winter School in Statistics
Os días 28 e 29 de xaneiro de 2016 celebrarase o curso “Winter School in Statistics” en Louvain-la-Neuve. Os ponentes do curso son:
- Prof. Mark Girolami (Department of Statistics, Warwick): Simulation based statistical inference from dynamical systems.
- Prof. Paul H.C. Eilers (Erasmus Medical Centre, Rotterdam): Recent developments in P-splines for multi-dimensional smoothing.
- Prof. Richard Samworth (Statistical Laboratory, Cambridge): High-dimensional statistical inference.
Máis información: http://www.uclouvain.be/529740
4.- Oferta de emprego de analista estatístico
A empresa GRADIANT busca un analista estatístico cos seguintes requisitos:
- Un ano ou máis de experiencia na análise de datos.
- Grao en Matemáticas ou Enxeñería.
- Valorarase a experiencia en programación.
Máis información: http://eio.usc.es/pub/mte/descargas/StatisticalAnalystGradiant.pdf
5.- Ofertas de emprego para estatísticos
A empresa CONENTO oferta dous postos para licenciados en Matemáticas, Enxeñería Estatística, Enxeñería de Sistemas ou Estatística:
- Analista experto que xestione diferentes tipoloxías de proxectos da compañía (Marketing Mix Modelling, Xeomarketing, CRM, investigación) e con experiencia en análise de Big Data.
- Analista senior para o equipo de Analytics.
Máis información: http://www.conento.com/ofertas-de-empleo.jsp