Novas da SGAPEIO, 12 de xaneiro 2016

1.- Asemblea Xeral da SGAPEIO 2015

Está dispoñible na web da SGAPEIO, no apartado de “A SOCIEDADE – Actas e informes” que ten acceso restrinxido a socios e socias, a seguinte acta:

- Acta da Asemblea Xeral da SGAPEIO 2015 celebrada o 24 de outubro de 2015 no Pazo de San Marcos, sede da Deputación Provincial de Lugo.

 

2.- VI Incubadora de Sondaxes e Experimentos

Lembramos que está aberta a convocatoria da VI Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de Estatística e Investigación de Operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.

O período de inscrición no concurso é do 1 ao 17 de abril de 2016.

Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es.

 

3.- II Encontro Galaico-Portugués de Biometría (BIOAPP2016)

O II Encontro Galaico-Portugués de Biometría (BIOAPP2016), con aplicación ás Ciencias da Saúde, á Ecoloxía e ás Ciencias do Medio Ambiente, terá lugar os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo de 2016 na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

Este encontro temático está organizado pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) e pola Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE. O programa do encontro inclúe 4 sesións plenarias, 4 sesións invitadas, unha mesa redonda, e sesións de comunicacións orais e posters, ademais de un minicurso sobre análise de supervivencia.

Datas importantes:

- Data límite de envío de resumos: 31 de marzo de 2016.

- Notificación da decisión: 20 de abril de 2016.

- Data límite de inscrición a prezo reducido: 30 de abril de 2016.

Publicación dos traballos:

A revista Spatial Statistics vai publicar un número especial titulado “Spatio-temporal statistical methods in environmental and biometrical problems” con traballos do II Encontro Galaico-Portugués de Biometría e do 8th International Workshop on Spatio-Temporal Modelling (METMA VIII), que terá lugar en Valencia os días 1, 2 e 3 de xuño de 2016.

Tamén se vai editar un número especial de Biometrical Journal sobre “Joint Modelling and Beyond” relacionado co II Encontro Galaico-Portugués de Biometría e co Workshop Joint Modelling and Beyond 2016, que terá lugar os días 14 e 15 de abril de 2016 na Universidade de Hasselt (Bélgica).

Máis información: http://biometria.sgapeio.es

 

4.- VII Congreso ApS Universitario

O Grupo de Investigación Esculca, a Rede RIES e a Asociación Galega de ApS (ApSGa) están organizando o VII Congreso Nacional e II Internacional de Aprendizaxe-Servizo Universitario Aps(U)7, que se celebrará en Santiago de Compostela os días 13, 14 e 15 de outubro de 2016.

Datas importantes:

-          Inscrición reducida: do 1 de febreiro ao 31 de maio de 2016.

-          Inscrición ordinaria: do 1 de xuño ao 1 de outubro de 2016.

-          Envío de resumos: do 15 de xaneiro ao 15 de marzo de 2016.

-          Envío de traballos completos: do 1 de abril ao 31 de maio de 2016.

Proximamente estará activa a páxina web do evento: www.usc.es/congresos/ApSU7

 

5.- Axudas para realizar estadías no estranxeiro

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca subvencións para o Subprograma de Movilidad dentro do Programa Estatal de Promoción del Talento y su Empleabilidad, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2013-2016.

-          Modalidade A: estadías de profesores e investigadores sénior en centros estranxeiros, incluído o programa “Salvador de Madariaga”. Convócanse ata un máximo de 400 axudas.

-          Modalidade B: estadías de mobilidade no estranxeiro “José Castillejo” para novos doutores. Convócanse ata un máximo de 260 axudas.

Presentación de solicitudes: ata o 4 de febreiro de 2016 ás 14:00 h.

Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2015/12/29/pdfs/BOE-A-2015-14236.pdf

 

6.- Premios de Investigación Matemática Vicent Caselles

A Fundación BBVA e a Real Sociedad Matemática Española colaboran na convocatoria e adxudicación da segunda edición dos Premios de Investigación Matemática Vicent Caselles.

Nesta convocatoria concederanse seis premios, cada un cunha dotación bruta de 2.000 euros, e todos eles na mesma modalidade de Investigación Matemática. Os Premios están dirixidos a investigadores en matemáticas de nacionalidade española, ou doutra nacionalidade que realizasen o seu traballo de investigación nunha universidade ou centro científico de España, cuxa idade non exceda os 30 anos ao finalizar o ano 2016 (salvo o disposto no Art. 6 da convocatoria).

Máis información: http://www.fbbva.es/TLFU/dat/Bases_Premios_Vicent_Caselles_RSMEB-FBBVA_2016.pdf

 

7.- Praza de técnico con experiencia en Bioestatística

Con motivo da publicación da convocatoria do Subprograma de Persoal Técnico de Apoio á I+D+i do Ministerio de Economía e Competitividade (Subprograma Estatal de Incorporación para o ano 2015 - Resolución de 2 de decembro de 2015, BOE de 7 de decembro) a Vicerreitoría de Investigación e Transferencia precisa seleccionar candidatos/as para solicitar na dita convocatoria a seguinte praza:

Ref. PRAZA 9 – Técnico con experiencia en Bioestadística– CINBIO

Requerimentos:

- Non ter vinculación laboral coa Universidade de Vigo na data de presentación da solicitude (xaneiro-febreiro 2016).

- Ter a titulación de licenciatura ou grao en Matemáticas ou Estatística con experiencia na aplicación de métodos estatísticos á resolución de problemas do ámbito das Ciencias da Vida e da Saúde.

- Experiencia: valorarase formación xustificada documentalmente en modelos e métodos estatísticos avanzados para a resolución de problemas complexos e no manexo de software estatístico libre.

Os/As interesados/as deberán enviar á dirección de correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ata as 14:00 h do luns 18 de xaneiro de 2016 a seguinte documentación:

- Datos persoais e de contacto do/a interesado/a, e referencia da praza que solicita.

- Curriculum vitae.

- Copia do expediente académico.

- Xustificantes da experiencia que se indica en cada caso.

É imprescindible indicar no asunto do correo a referencia da praza solicitada.

 

8.- Bolsas de prácticas Santander CRUE CEPYME 2016

Estas bolsas están integradas dentro dun programa orientado a complementar a formación dos estudantes de universidades españolas, acercándoos á realidade do ámbito profesional, ampliando os seus coñecementos e favorecendo o seu contacto con empresas que poderían facilitarlles a súa posterior inserción laboral.

Destinatarios:

-          Candidatos: estudantes matriculados en universidades españolas participantes.

-          Empresas: autónomos, microempresas, e pequenas e medianas empresas (PYME), ubicadas no territorio español.

As bolsas teñen unha remuneración de 1.800 euros, e a súa duración está en función de que sexa realizada a tempo parcial (20 horas semanais durante 6 meses), ou a tempo completo (40 horas semanais durante 3 meses).

Presentación de solicitudes: ata o 31 de xaneiro de 2016.

Máis información: https://www.agora-santander.com/profil/527a41dfe04ecc1d6c8e39cb

 

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates