ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas da SGAPEIO, 9 de febreiro 2016
1.- VI Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Lembramos que está aberta a convocatoria da VI Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de Estatística e Investigación de Operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
O período de inscrición no concurso é do 1 ao 17 de abril de 2016.
Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es.
2.- II Encontro Galaico-Portugués de Biometría (BIOAPP2016)
Durante os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo celebraremos en Santiago de Compostela o II Encontro Galaico-Portugués de Biometría (BIOAPP2016), con aplicación ás Ciencias da Saúde, á Ecoloxía e ás Ciencias do Medio Ambiente, organizado conxuntamente pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) e pola Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE).
Envía a túa comunicación AQUÍ antes do 30 de marzo para presentala no congreso como comunicación oral ou póster. A decisión sobre a aceptación comunicarase antes do 20 de abril. Para os autores que precisen coñecer antes a decisión, habilitouse a avaliación rápida: todas as comunicacións recibidas antes do 29 de febreiro serán avaliadas antes do 15 de marzo.
Os traballos presentados no congreso poderán optar a ser publicados nun número especial de Spatial Statistics (Spatio-temporal Statistical Methods in Environmental and Biometrical Problems) ou nun número especial de Biometrical Journal (Joint Modelling and Beyond).
Máis información: http://biometria.sgapeio.es
3.- XXXVI Congreso da SEIO
O XXXVI Congreso Nacional de Estadística e Investigación Operativa e das X Jornadas de Estadística Pública terá lugar en Toledo, do 5 ao 7 de setembro de 2016.
Este congreso ten como obxectivo proporcionar un foro para que académicos, investigadores e profesionais da Estatística e da Investigación de Operacións poidan intercambiar ideas e experiencias en todos os ámbitos das dúas disciplinas. O Comité Organizador convida a todos aqueles vinculados coa Estatística, a Investigación Operativa e a Estatística Pública, tanto do mundo académico como da administración pública e a empresa, a participar nestas reunións achegando os seus resultados máis recentes, de xeito que podamos contribuír a poñer de relevo o bo momento destas disciplinas en España e mostrar a importancia das mesmas para o progreso da sociedade do século XXI.
Datas importantes:
- Inscrición con tarifa súper reducida: do 18 de xaneiro ao 1 de maio de 2016.
- Inscrición con tarifa reducida: do 2 de maio ao 1 de xullo de 2016.
- Inscrición con tarifa normal: do 2 de xullo ao 7 de setembro de 2016.
- Envío de traballos: do 22 de xaneiro ao 1 de abril de 2016.
Máis información: http://seio2016.com/es/
4.- 4th International Workshop on Functional and Operational Statistics
The Fourth International Workshop on Functional and Operational Statistics (IWFOS 2017) will be held in A Coruña, SPAIN, from 15th to 17th June 2017.
The treated topics (Functional Data Analysis and Operator-based Statistics) and the format (5 sessions in 2.5 days) of this workshop will follow the ones of the previous successful three editions held in Toulouse-France (2008), Santander-Spain (2011) and Stresa-Italy (2014). The scientific program will include invited talks, contributed talks and contributed posters.
Invited speakers (confirmed):
- John ASTON (University of Cambridge, United Kingdom).
- Alexander AUE (University of California, Davis, USA).
- Antonio CUEVAS (Universidad Autónoma de Madrid, Spain).
- Aurore DELAIGLE (University of Melbourne, Australia).
- Jeff GOLDSMITH (Columbia University, USA).
- Stephan HUCKEMANN (Institut für Mathematische Stochastik, Göttingen, Germany).
- Victor PANARETOS (École Polytechnique Fédérale de Lausanne, Switzerland).
- Beatriz PATEIRO (Universidad de Santiago de Compostela, Spain).
- Laura SANGALLI (Politecnico di Milano, Italy).
Further information: http://iwfos2017.udc.es/
5.- Curso online de comunicación estatística
O Instituto Nacional de Estadística organiza un curso online de comunicación estatística orientada aos usuarios. Este curso está dirixido aos profesionais das Administracións Públicas Españolas con intereses na difusión e comunicación de datos estatísticos oficiais.
O curso consta de dous módulos:
- Módulo I: Estratexias e instrumentos adecuados para unha comunicación orientada aos usuarios.
- Módulo II: Como construír mensaxes eficaces e produtos atractivos con datos estatísticos oficiais.
Datas:
- Inscrición: do 15 de febreiro ao 9 de marzo de 2016.
- Docencia: do 31 de marzo ao 18 de abril de 2016.
Máis información: http://www.ine.es/ine/eeaapp/sem12015cur_online03.pdf
6.- Cursos do Servei d'Estadística Aplicada da UAB
O Servei d'Estadística Aplicada da Universitat Autònoma de Barcelona organiza o seguinte curso:
- Cómo crear aplicacións con Shiny: 7, 8 e 9 de marzo de 2016, de 9:30 a 13:00 horas.
Máis información: Curso1
- Curso de programación con SAS®: Sintaxis avanzada: 29, 30, 31 de marzo e 1 de abril de 2016 de 9:30 a 13:30 horas.
Máis información: Curso2
- Curso de Modelización Estatística Básica con R mediante RStudio: 4, 5 e 6 de abril de 2016 de 9:30 a 13:30 horas.
Máis información: Curso3
7.- Matemáticas na Raia 2016
AGAPEMA e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal) convocan a segunda edición da actividade "Matemáticas na Raia", concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º de ESO (9º ano en Portugal). A característica principal desta actividade consiste no fomento do traballo colaborativo, pois os equipos son grupos - clase completos.
A proba terá lugar o día 13 de abril e as inscricións están abertas ata o día 15 de marzo.
Máis información: http://www.agapema.org/?q=node/362
8.- Premios Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento (2016)
Está aberta a convocatoria da IX edición dos Premios Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento (2016). Estes Premios queren recoñecer e incentivar a investigación e creación cultural de excelencia, en especial aquelas contribucións de amplo impacto pola súa orixinalidade e significado teórico. A denominación destes premios quere significar tanto o traballo de investigación capaz de ampliar o ámbito do coñecemento -desprazando cara a diante a fronteira do coñecido-, canto o encontro e solapamento entre áreas disciplinares.
Categorías:
- Ciencias Básicas (Física, Química, Matemáticas)
- Biomediciña
- Ecoloxía e Bioloxía da Conservación
- Cambio Climático
- Tecnoloxías da Información e da Comunicación
- Economía, Finanzas e Xestión de Empresas
- Cooperación ao Desenvolvemento
- Música Contemporánea
Presentación de solicitudes: ata o 30 de xuño de 2016.
Máis información: Bases
9.- Axudas á investigación científica da Fundación Banco Sabadell
A Fundación Banco Sabadell convoca dez axudas á investigación científica para aspirantes predoutorais de nacionalidade española, que estean en proceso de realización da tese doutoral en calquera universidade española ou estranxeira, destinadas á promoción e ao desenvolvemento de traballos científicos ou estadías en universidades ou outros centros de investigación españois ou estranxeiros, preferentemente en campos do coñecemento económico, empresarial e social.
A contía individual das axudas é de 6.000 euros, importe que pode variar en atención ao presuposto e ás circunstancias de cada proposta.
Presentación de solicitudes: ata o 1 de marzo de 2016.
Máis información: Bases