ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas da SGAPEIO, 11 de outubro 2016
1.- III Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística
A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) organizan a III Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística. Esta xornada está dirixida a profesores de ESO e Bacharelato e vaise impartir nunha única edición en Santiago de Compostela.
Esta actividade, que conta coa homologación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, inclúe exposición de experiencias, obradoiros, e unha conferencia.
- Lugar: Facultade de Matemáticas, Santiago de Compostela.
- Data: 26 de novembro de 2016.
- Horario: 10:00 - 14:00 e 16:00 - 20:00.
O programa provisional e o formulario de inscrición están na páxina web da SGAPEIO (www.sgapeio.es). O prazo de inscrición remata o 18 de novembro de 2015.
2.- Galiciencia 2016
Tecnópole, coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT)), organizan a feira científica Galiciencia 2016, que terá lugar durante os días 16, 17, e 18 de novembro de 2016, no Parque Tecnolóxico de Galicia. (San Cibrao das Viñas) Ourense. A temática de referencia deste ano son as Matemáticas.
A estrela da feira é a exposición de proxectos de investigación e innovación presentada por equipos de estudantes de todas as idades, acompañados polos seus profesores/as. Arredor dela, celébranse tamén actividades paralelas, como obradoiros e espectáculos, relacionadas este ano 2016 coas Matemáticas.
Máis información: http://www.galiciencia.com/
3.- XLII Reunión de Estudos Rexionais
O vindeiro congreso da Asociación Española de Ciencia Regional (AECR), a XLII Reunión de Estudos Rexionais (RER) terá lugar en Santiago de Compostela os días 16, 17 e 18 de novembro de 2016.
Nesta reunión, os estudantes de Master e doutorandos de primeiro ano desfrutarán da posibilidade de asistir pagando unha cota de inscrición reducida. Ademais, terán a posibilidade de discutir os seus plans futuros de investigación en sesións especiais de posters, onde serán discutidos por Geoffrey JD Hewings. As propostas de posters para esta sesión deberán enviarse antes do 31 de outubro.
Máis información: https://goo.gl/rytQ05
4.- Premio José Luis Rubio de Francia 2016
A Real Sociedade Matemática Española convoca o Premio “José Luis Rubio de Francia” (edición 2016) para novos investigadores/as en Matemáticas. O prazo de presentación das candidaturas estará aberto ata o 31 de decembro de 2016, e poden presentarse no enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Máis información: http://www.rsme.es/content/blogcategory/30/73/
5.- Oferta de emprego na UCLM
A UCLM convoca un contrato para menores de 30 anos no marco do programa de “Promoción de Empleo Joven e Implantación de la Garantía Juvenil en I+D+i del Ministerio de Economía y Competitividad” (http://www.boe.es/boe/dias/2015/01/16/pdfs/BOE-A-2015-369.pdf) co perfil de “FORMACIÓN EN ASESORAMENTO ESTATÍSTICO E MATEMÁTICO”. A persoa seleccionada recibirá formación para traballar nunha asesoría estatística proporcionando soporte a grupos de investigación, empresas e outras institucións que puideran demandar análises estatísticas.
Duración: dende o 1 de novembro de 2016 ata o 2 de xaneiro de 2018.
Máis información: https://goo.gl/qFY0OW
6.- Oferta de prácticas en Deloitte
Deloitte ofrece a posibilidade de realizar prácticas durante os vindeiros meses no equipo de Risk Management (Madrid) ou a incorporación como Assistant en setembro de 2017.
Requisitos:
- Estudantes de último curso e recentemente titulados en Administración de Empresas, Economía, Matemáticas, Estatística ou Enxeñería.
- Valoraranse estudos de post-grao en técnicas estatísticas ou riscos financeiros.
- Bo expediente académico.
- Nivel alto de inglés.
Máis información: https://goo.gl/BkKwiz