Novas da SGAPEIO, 7 de novembro 2016

1.- III Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística

Lembramos que a Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) organizan a III Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística. Esta xornada está dirixida a profesores de ESO e Bacharelato e vaise impartir nunha única edición en Santiago de Compostela.

Esta actividade, que conta coa homologación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, inclúe exposición de experiencias, obradoiros, e unha conferencia.

- Lugar: Facultade de Matemáticas, Santiago de Compostela.

- Data: 26 de novembro de 2016.

- Horario: 10:00 - 14:00 e 16:00 - 20:00.

O programa e o formulario de inscrición están na páxina web da SGAPEIO (www.sgapeio.es) . O prazo de inscrición remata o 18 de novembro de 2015.

 

2.- 3ª Reunión Nacional de Biostatnet

Os días 20 e 21 de xaneiro de 2017 terá lugar en Santiago de Compostela a 3ª Reunión Nacional da Rede Biostatnet: Afrontando Retos de Investigación Bioestatística con Proxección Internacional.

Como actividade preliminar ao congreso, o día 19 de xaneiro pola tarde, terá lugar o Workshop Satélite:

CGAMLSS: Copula Generalised Additive Models for Location, Scale and Shape with R.

Máis información: http://eio.usc.es/pub/biostatnet/index.php/es/congresos-cursos-y-seminarios/congresos-y-jornadas/308-2016-10-25-17-09-56

 

3.- VIII Xornadas de Usuarios de R

A Asociación RHispano anuncia a celebración das VIII Xornadas de Usuarios de R, que terán lugar os días 17 e 18 de novembro de 2016 na Universidad de Castilla La Mancha, no seu Campus de Albacete.

Como en anos anteriores, a presentación de traballos nas Xornadas pode ser en forma de Presentación oral, en distintas sesións paralelas, en forma de Póster, nunha sesión específica, ou como un Obradoiro que permita profundar en aspectos interesantes e menos coñecidos de R.

O envío de traballos debe facerse a través do formulario habilitado na web do congreso. Nesta edición das Xornadas tamén se outorgará un premio ao mellor traballo presentado por un investigador novo.

Máis información: http://r-es.org/8jornadasR/

 

4.- One-day Workshop on Survival Analysis 2017

The One-day Workshop on Survival Analysis (WSA2017) will take place in Lisbon on January 27th, 2017, being organized by the Research Centre CEAUL (Centro de Estatística e Aplicações da Universidade de Lisboa), and also integrated in the activities of the Section of Biometry of SPE (Sociedade Portuguesa de Estatística).

The workshop will include presentations by invited speakers and posters (up to three submitted posters will be selected for oral presentation). The invited speakers are the professors Fabrizio Ruggeri (CNR-IMATI Milano, Italy), Antonio Carlos Pedroso de Lima (Universidade de São Paulo, Brazil), Bernard Rachet (London School of Hygiene and Tropical Medicine, United Kingdom), and Jacobo de Uña-Álvarez (Universidad de Vigo, Spain).

The main goal of this workshop is to bring together national and international researchers and practitioners, who are working in the field of survival analysis, as well as reliability, duration analysis and event history analysis, including their applications in Medicine, Biology, Engineering, Economics, Sociology, Environment, Public Health, etc.

Important dates:

24 October 2016   Registration and abstract submission beginning

21 December 2016 Abstract submission deadline

06 January 2017   Notification of abstract results

18 January 2017   Registration deadline

The Workshop has a maximum number of 50 participants. The official language of the Workshop is English. Students (Bachelor/Master/PhD) may apply to a full reduction of the workshop registration fee.

For the Portuguese speaking community, there is also a short course, reviewing theory and some applications in survival analysis, by the professors Cristina Rocha and Ana Luísa Papoila at the same location on January 26th, 2017.

Further details can be found at http://survivalanalysis.weebly.com/ including the pdf workshop flyer.

 

5.- 19th International Conference on Biometrics and Biostatistics

The ICBB 2017: 19th International Conference on Biometrics and Biostatistics aims to bring together leading academic scientists, researchers and research scholars to exchange and share their experiences and research results on all aspects of Biometrics and Biostatistics. It also provides a premier interdisciplinary platform for researchers, practitioners and educators to present and discuss the most recent innovations, trends, and concerns as well as practical challenges encountered and solutions adopted in the fields of Biometrics and Biostatistics.

Important dates:

-        Abstracts/Full-Text Paper Submission: November 25, 2016

-        Notification of Acceptance/Rejection: December 10, 2016

-        Final Paper (Camera Ready) Submission & Early Bird Registration: May 25, 2017

-        Conference Dates: June 25 - 26, 2017

Further information: https://www.waset.org/conference/2017/06/paris/ICBB

 

6.- Programa de formación continua en Estatística Aplicada

A Unidade de Bioestatística do Instituto IMDEA Alimentación e os departamentos de Matemáticas e Ecoloxía da Facultade de Ciencias da Universidad Autónoma de Madrid organizan conxuntamente un programa de formación continua en Estatística Aplicada co software R, composto por 7 módulos que poden ser cursados na súa totalidade ou por separado, dependendo dos diferentes intereses e coñecementos dos alumnos.

Próximas sesións:

- Módulo 5: Modelos Mixtos / Xerárquicos / Multinivel con R. Datas: 16, 17 e 18 de novembro de 2016. Prazo de matrícula: ata o 13/11/2016.

- Módulo 6: Estatística Multivariante con R. Datas: 24 e 25 de novembro de 2016. Prazo de matrícula: ata o 21/11/2016.

- Módulo 7: Técnicas Estatísticas de Data Mining con R. Datas: 12, 13, 14 e 15 de decembro de 2016. Prazo de matrícula: ata o 09/12/2016.

Máis información: http://www.alimentacion.imdea.org/unidad-de-formacion

Matrículas: http://matriculas.fuam.es/matriculauam/Convocatorias.action

 

7.- Course “Bayesian Inference in Hidden Markov and Related Models”

The course “Bayesian Inference in Hidden Markov and Related Models” will take place in Burjasot-Valencia from 30 November to 2 December 2016 and it will present the basic concepts for dealing with Bayesian inference in HMMs, i.e. parameter estimation, model choice, and variable selection. Inference will be performed numerically, by using Markov chain Monte Carlo methods.

Speaker: Luigi Spezia (Biomathematics & Statistics Scotland_BioSS).

Registration period: From 9-06-2016 until 30-11-2016.

Further information: http://congresos.adeituv.es/bayesian/ficha.en.html

 

8.- Oposicións a Científicos Titulares

O Ministerio de Economía y Competitividad convoca proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, na Escala de Científicos Titulares dos Organismos Públicos de Investigación (BOE Nº 260 do 27 de outubro de 2016).

Presentación de solicitudes: ata o 25 de novembro de 2016.

Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2016/10/27/pdfs/BOE-A-2016-9870.pdf

 

9.- Praza de Bioestatístico na UVigo

A Universidade de Vigo oferta unha praza de Bioestatístico no grupo do Dr. José Tubio, un equipo de investigación internacional recentemente establecido na Universidade de Vigo. O traballo consiste en dar soporte bioestatístico ao grupo de investigación.

Termos e condicións:

- Lugar: Estación Marítima de Toralla (ECIMAT) e Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO), Universidade de Vigo.

- Duración: 1 ano, prorrogable.

- Salario: 15.000 a 32.000 €, dependendo da experiencia.

Perfil do candidato:

- Grao e/ou Master en Matemáticas, Física, Bioestatística, ou outra disciplina científica relacionada, con experiencia en Bioestatística.

- Coñecementos xerais sobre programación en polo menos unha das seguintes linguaxes: R, Perl, Python, C++.

- Análise de datos e modelos estatísticos.

Traballo en equipo e excelentes habilidades comunicativas.

Presentación de solicitudes: ata o 15 de decembro de 2016.

Máis información: http://darwin.uvigo.es/mobgenomes/

 

10.- III edición do concurso “Ciencia en Imaxe”

Convócase á Comunidade Universitaria da USC para participar na 3ª edición do Concurso de Fotografía "A Ciencia en Imaxe", organizado polas Facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas, Química e pola Real Academia Galega de Ciencias con motivo do Día de San Alberte Magno.

O Concurso está aberto a calquera tema relacionado coas Ciencias, a Investigación e a Divulgación Científica, e concede un premio de 300 €, e dous premios de 100 € cada un.

O prazo para inscribirse estenderase dende o 24 de outubro ata o dia 7 de novembro de 2016.

Máis información: http://www.usc.es/gl/centros/ciencias/Concurso_fotografia.html

 

11.- Bolsas de posgrao en Estatística no INE

O Ministerio de Economía y Competitividad convoca 15 bolsas de posgrado en Estatística coa finalidade de fomentar e promocionar a investigación estatística, así como o desenvolvemento e implantación de procesos estatísticos, mediante a formación de posgraduados.

Presentación de solicitudes: dende o 17 de outubro de 2016 ata o día 7 de novembro de 2016, ambos inclusive.

Máis información: https://goo.gl/IeG9D5

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates