Novas da SGAPEIO, 7 de marzo 2017

1.- VII Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Lembramos que está aberta a convocatoria da VII Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de Estatística e Investigación de Operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
O período de inscrición no concurso é do 1 ao 16 de abril de 2017.
Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es

2.- XI Feira Matemática 2017
A Feira Matemática, organizada por AGAPEMA, é unha xornada pensada para a divulgación das Matemáticas e dirixida aos alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria, ESO, BAC e Formación Profesional así como ao profesorado de Matemáticas e a todo o público en xeral. O propósito co que se formula esta cita é a de crear un espazo educativo no ámbito matemático.
Este ano celébrase a XI edición da Feira Matemática, que terá lugar o sábado 22 de abril de 2017 no Hall de Proa de PALEXCO, dende as 11 h ata as 19 h.
Convócanse tamén tres concursos: de Fotografía Matemática, de Matmonólogos e de Esopías. Para participar nestes concursos, hai que entrar no MATEBLOG (http://mateblog.fundacionbarrie.org/), feito en colaboración coa Fundación Barrié. Os concursos están abertos a todos os que queiran participar, sexan estudantes de calquer nivel, profesores ou calqueira que o desexe.
Máis información: http://www.agapema.org/?q=node/377

3.- II Día GeoGebra de Galicia
O Instituto GeoGebra de Galicia (IGG) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) convocan o II Día GeoGebra de Galicia (2DGG), unha xornada de traballo sobre o programa de xeometría dinámica GeoGebra, que se celebrará o sábado 25 de marzo de 2017 na Facultade de Ciencias da Educación, Campus de Elviña, A Coruña.
Esta xornada está aberta a todo o profesorado de calquera nivel educativo, que queira iniciarse ou afondar no coñecemento desta ferramenta que permite traballar calquera contido de matemáticas, non soamente a xeometría.
Así mesmo invítase a que se presenten experiencias ou ideas para desenvolver co GeoGebra nos diferentes niveis educativos. Para as comunicacións disporase de 20 minutos máis outros 5 para coloquio.
Haberá dous obradoiros, un de iniciación e outro de afianzamento, que se desenvolverán en sesións de mañá e tarde.
Participarán dous poñentes invitados, Agustín Carrillo de Albornoz (do I.G. de Andalucía) e Francisco Botana (do I.G. de Galicia).
A inscrición estará aberta ata o día 19 de marzo de 2017 e é gratuíta.

4.- Matemáticas na Raia 2017
AGAPEMA e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal) convocan unha nova edición da actividade "Matemáticas na Raia", concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º de ESO (9º ano en Portugal). A característica principal desta actividade consiste no fomento do traballo colaborativo, pois os equipos son grupos - clase completos.
A proba terá lugar o día 20 de abril de 2017 e as inscricións están abertas ata o día 24 de marzo de 2017.
Máis información: http://www.agapema.org/?q=node/373

5.- Olimpíada Matemática Galega 2017
Está aberta a convocatoria da Olimpíada Matemática Galega 2017 de 2º da ESO, un evento organizado por AGAPEMA e dirixido á procura dun ensino das Matemáticas máis orientado á resolución de problemas, á creatividade e á reflexión. A fase final terá lugar na cidade de Lugo.
Este ano, como novidade, elimínase a fase de inscrición de centros, polo que se inscribirán os alumnos directamente.
As principais datas a ter en conta á hora de participar son as seguintes:
- Inscrición do alumnado: ata o 23 de marzo de 2017.
- Fase de zona: 27 de abril de 2017.
- Fase final galega: 18 de maio de 2017.
Máis información: http://www.agapema.org/?q=node/372

6.- O Pi Day
A Real Sociedad Matemática Española (RSME), a Consellería de Economía e Coñecemento (CEC) da Junta de Andalucía, a Fundación Descubre, a Sociedade Andaluza de Educación Matemática Thales (Thales) e a Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM) organizan, por primeira vez en España, o vinceiro 14 de marzo o Pi Day, considerado o Día Internacional de Pi, seguindo a tradición anglosaxona.
Baixo o título de “Sen p non son nada”, a iniciativa é froito da colaboración entre a RSME, Descubre, Thales e a FESPM para celebrar o Día de Pi, inédito en España. Neste senso, o 14 de marzo organízase a festa das Matemáticas co obxectivo dobre da popularización e a divulgación desta ciencia na sociedade.
Este primeiro ano o evento celebrarase en Sevilla, na sede do Centro de Profesorado desta cidade, en horario de 10:00 a 13:30.
Máis información: http://www.rsme.es/content/view/2219/1/

7.- Campaña da RSME para dar visibilidade ás mulleres matemáticas
A Comisión Mulleres e Matemáticas da Real Sociedad Matemática Española (RSME) lanzou a campaña “As matemáticas somos nos”, co obxectivo de dar visibilidade tanto ás profesionais como ás estudantes da disciplina e espertar as vocacións matemáticas entre las mozas.
Así, con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, o pasado 11 de febreiro, púxose en marcha un canal de YouTube no que se publicarán os vídeos, tanto individuais como colectivos, de todas aquelas mulleres e mozas que queiran compartir en aproximadamente un minuto os motivos polos que decidiron estudar matemáticas e a qué se adican na actualidade.
A campaña “As matemáticas somos nos” permanecerá aberta dende o 11 de febreiro ata o 11 de marzo de 2017. Todas as interesadas en participar poden enviar un correo electrónico ao enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., no que deben incluir unha ligazón ao vídeo.
Máis información: http://www.rsme.es/content/view/2198/101/

8.- Bioinformatics 2018
19-21 January 2018, Madeira (Portugal)
The purpose of the International Conference on Bioinformatics Models, Methods and Algorithms is to bring together researchers and practitioners interested in the application of computational systems, algorithmic concepts and information technologies to address challenging problems in Biomedical research with a particular focus on the emerging problems in Bioinformatics and computational biology. There is a tremendous need to explore how mathematical, statistical and computational models can be used to better understand biological processes and systems, while developing new methodologies and tools to analysis the massive currently-available biological data. Areas of interest to this community include systems biology, sequence analysis, biostatistics, image analysis, network and graph models, scientific data management and data mining, machine learning, pattern recognition, computational evolutionary biology, computational genomics and proteomics, and related areas.
Upcoming Deadlines:
- Regular Paper Submission: July 31, 2017
- Regular Paper Authors Notification: October 16, 2017
- Regular Paper Camera Ready and Registration: October 30, 2017
Further information: http://www.bioinformatics.biostec.org/?y=2018

9.- IBS Channel Network Conference 2017
24-26 April, Hasselt (Belgium)
The 2017 Channel Network Conference of the International Biometric Society (IBS) will take place at Hasselt University, Campus Diepenbeek, Belgium. This biennual conference is organized by the IBS regions Belgium, France, Great-Britain/Ireland and the Netherlands. This conference aims at gathering biostatisticians to discuss the newest statistical methodology for the analysis of biological and medical data. It is a 3-day conference with 2 courses, invited and contributed sessions. Usually, around 150 researchers from both academia and industry participate in the conference.
Important deadlines:
- Early bird registration: 7 March 2017
- Final registration: 14 April 2017
Further information: http://www.uhasselt.be/channel-network-conference-2017

10.- II International Workshop on Advances in Functional Data Analysis
23-24 March, 2017. Getafe (Spain)
This workshop is the seventh meeting of the FDA working group of the Spanish Society of Statistics and Operations Research (S.E.I.O.) (http://FDA.seio.es).
This meeting is co-organised with the Instituto Flores de Lemus (UC3M). There will be a plenary talk by Professor Jeff Goldsmith (Columbia University) followed by shorter related presentations and a panel discussion. Also, there will be two applied tutorials. The first is an introduction to FDA with the online application statfda and it will be provided by Manuel Escabias (University of Granada) and M. Carmen Aguilera (UC3M). The second one is based on variable selection in functional regression and it will be provided by Jeff
Further information: http://www.est.uc3m.es/iwafda2/

11.- CoDaCourse 2017
3-7 July 2017, Girona (Spain)
The fifth edition of the CoDaCourse will be held in Girona from July 3 to 7, 2017. The registration is now OPEN. To apply and for more information visit the website: http://www.compositionaldata.com/codacourses.php

12.- Premios de investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2017
A Real Academia Galega de Ciencias fai pública a convocatoria dos seus Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo correspondentes ao ano 2017, que teñen como obxectivo promover a investigación e o desenvolvemento nas áreas de coñecemento integradas na Academia, a través do recoñecemento académico e social do esforzo dos investigadores.
Convócanse dous premios:
- Un de 6.000 euros, para un Traballo de Investigación realizado por investigadores sénior.
- Un de 2.000 euros, para incentivar a Promoción de Novos Investigadores menores de 28 anos.
Poderán presentarse traballos realizados en Galicia. Os traballos tratarán temas ou aspectos relacionados coas áreas temáticas seguintes: Matemáticas, Física, Física do Cosmos, Química, Xeoloxía, Bioloxía, Farmacia, Ciencias Sociais, Económicas e Ciencias Técnicas.
En ambas as modalidades poderanse presentar traballos publicados a partir do 1 de xaneiro de 2017, traballos aceptados para a súa publicación ou traballos inéditos. En todos os casos os traballos adoptarán a forma utilizada para publicacións en revistas científicas e terán unha extensión máxima de 75 páxinas, escritas por unha soa cara, incluíndo figuras e táboas.
O prazo da convocatoria finalizará ás 13.00 horas do 3 de Xullo de 2017.
Máis información: http://www.ragc.gal/es/actividades/premios-de-investigacion

13.- Concurso Explícoche Matemáticas 2.0 (edición 2017)
Explícoche Matemáticas 2.0 é un concurso dirixido ao alumnado das universidades públicas do estado español, procedentes de titulacións de grao ou máster e a estudantes de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato e ciclos de Formación Profesional dos centros de educación secundaria de Galicia e comunidades limítrofes.
Organizado pola Facultade de Matemáticas da USC en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da USC, o obxectivo do concurso é promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado, a través da realización de curtametraxes de dous minutos de duración nas que se explique en galego un concepto matemático Para concursar no Concurso Explícoche Matemáticas 2.0, cada participante ou grupo participante debe preparar un vídeo de 2 minutos de duración máxima sobre un tema relacionado coas Matemáticas e onde a lingua empregada sexa o galego.
O Concurso Explícoche Matemáticas 2.0 ten dúas categorías:
- Categoría A: 2º Ciclo da ESO e Bacharelato e ciclos de Formación Profesional.
- Categoría B: Universidade.
Outorgarase un premio de 300 euros en cada categoría.
Os proxectos poden remitirse ata o 22 de abril de 2017.
Máis información: http://www.usc.es/gl/centros/matematicas/CNL/Explicoche_matematicas_2_0_2017/bases2017.html

14.- Call for Candidates. ICS Project Name: Statistical Design and Data Analysis
Nome do proxecto: Statistical Design and Data Analysis (StatData).
Descrición do proxecto: Investigación metodolóxica en Deseño de experimentos para diferentes modelos aplicados ás Ciencias Sociais. Precísanse coñecementos de estatística sobre deseño de experimentos, mostraxe e modelización, e tamén aptitudes de comunicación.
Requisitos: Doutoramento en Estatística ou cunha base estatística forte. Tamén se valorarán estudantes de doutoramento.
Presentación de solicitudes: ata o 15 de marzo de 2017.
Máis información: https://www.unav.edu/web/instituto-cultura-y-sociedad/unidad-de-estadistica/ofertas-de-empleo

15.- Contratación de investigadores en formación
Convocatoria de 8 contratos predoutorais ofertados polo CITIC (UDC) que serán financiados con cargo ás axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación singulares e agrupacións estratéxicas consolidadas do SUG, da Consellería de Cultura, educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Entre as liñas de investigación ofertadas, as numeradas con 21 e 22 corresponden a temas de Estatística e Investigación Operativa, e o responsable das mesmas é o grupo MODES. Cada solicitude debe estar referida a un máximo de TRES das liñas do anuncio, ordenadas por prioridade.
Prazo de presentación de solicitudes: 15 días hábiles dende a publicación (20/02/2017).
Máis información: https://goo.gl/icX5GZ

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates