Novas da SGAPEIO, 25 de novembro 2017

1.- Novo Consello Executivo da SGAPEIO
Na Asemblea Xeral da SGAPEIO celebrada o 28 de outubro de 2017 en Ferrol, durante o XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións, renovouse o Consello Executivo da SGAPEIO. O pasado luns 20 de novembro tivo lugar a reunión de constitución do novo Consello Executivo que queda conformado do seguinte xeito:
- Presidente: César Sánchez Sellero.
- Vicepresidente de Estatística: Javier Tarrío Saavedra.
- Vicepresidente de Investigación de Operacións: María Gómez Rúa.
- Secretaria Xeral: María José Ginzo Villamayor.
- Vogais:
 María Martín Vila.
 Carlos Neira Cortiza.
 Paula Raña Míguez.
 Javier Roca Pardiñas.
 Covadonga Rodríguez-Moldes Rey.
 Alejandro Saavedra Nieves.

2.- Número 47 de INFORMEST
Está dispoñible na páxina web da SGAPEIO, apartado de PUBLICACIÓNS, o número 47 de INFORMEST. Este número ten o seguinte sumario:
- Editorial.
- Colaboración: Estatística no cine.
- Software: Xornadas de R.
- Actividades da SGAPEIO: XIII Congreso Galego de Estatística e Invetigación Operativa.
- Novas do IGE: Novidades na información estatística publicada.
- Traballos de Estatística e Investigación Operativa no SUG: Teses, Traballos Fin de Máster, Traballos Fin de Grao.
- Coñecendo a unha socia da SGAPEIO: Amalia Jácome Pumar.
- Estatística Recreativa: Gran serpe.
Máis información: http://www.sgapeio.es

3.- Cursos do Servei d'Estadística Aplicada da UAB
O Servei d'Estadística Aplicada da Universitat Autònoma de Barcelona organiza os seguintes cursos:
- Curso de análise e xestión de datos con Python
Neste curso introduciranse os conceptos básicos de Python e as súas grandes e diferentes utilidades. Python é unha linguaxe de programación dinámica que permite traballar de forma rápida e eficiente dando como resultado un código de programación facilmente interpretable.
O curso realizarase os días 11, 12, 13 e 14 de decembro de 2017, de 9:30 a 13:30.
Máis información: http://sct.uab.cat/estadistica/es/node/3228

- Curso de Quantitative Credit Risk Management at Portfolio Level
Neste curso, abórdanse os aspectos da xestión de risco de crédito. Revisaranse as medidas de risco regulatorio en base aos Acordos de Basilea e exporanse novos métodos numéricos para calcular as medidas de risco e discutiranse as súas correspondentes contribucións.
O curso realizarase os días 22, 23, 24, 25 e 26 de xaneiro de 2018, de 15:30 a 18:30.
Máis información: http://sct.uab.cat/estadistica/es/node/3230

4.- III Xornadas Científicas de Estudantes da SEB
As III Xornadas Científicas de Estudantes da Sociedade Española de Biometría (SEB) terán lugar os días 18 e 19 de xaneiro de 2018 no Basque Center for Applied Mathematics (BCAM) de Bilbao.
Estas Xornadas están dirixidas a estudantes vinculados co mundo da investigación no ámbito da biometría, e teñen como obxectivo potenciar a participación dos estudantes nun congreso nacional de biometría, convidándolles a presentar os traballos nos que estean inmersos. Outro dos obxectivos é fomentar o intercambio de coñecemento entre os futuros investigadores nesta etapa inicial da súa carreira científica.
Datas importantes:
- Data límite para o envío de resumos: 30 de novembro de 2017.
- Notificación de aceptación: 20 de decembro de 2017.
- Xornadas: 18 e 19 de xaneiro de 2018.
Máis información: https://wp.bcamath.org/jjseb3/

5.- XXIX Conferencia Internacional de Biometría
A Conferencia International de Biometría de 2018 (IBC2018) terá lugar en Barcelona do 8 ao 13 de xullo de 2018.
Datas importantes:
- Data límite para o envío de resumos: 10 de xaneiro de 2018.
- Notificación de aceptación: 12 de marzo de 2018.
- Conferencia: 8 - 13 de xullo de 2018.
Máis información: http://2018.biometricconference.org/

6.- ISCB/ASC 2018
The 2018 Joint International Society for Clinical Biostatistics (ISCB) and Australian Statistical Conference (ASC) will take place in Melbourne from the 26-30 of August 2018. The aim of this conference is to bring together a broad range of statistical researchers across a variety of research areas to facilitate the international exchange of theory, methods and applications.
Registration and abstracts submission is open.
Important dates:
- Deadline of abstract submission: 2 March 2018.
- Author notifications: 18 May 2018.
- Early bird registration deadline: 31 May 2018.
- Conference dates: 26 – 30 August 2018.
More info: http://iscbasc2018.com/

7.- Bayes Comp
Bayes Comp is a biennial conference sponsored by the ISBA section of the same name. The conference and the section both aim to promote original research into computational methods for inference and decision making and to encourage the use of frontier computational tools among practitioners, the development of adapted software, languages, platforms, and dedicated machines, and to translate and disseminate methods developed in other disciplines among statisticians.
The workshop will take place in the Ciutadella Campus of UPF. Bayes Comp will start on the morning of Monday 26th of March and finish in the evening of Wednesday 28th of March 2018.
Important dates:
- Deadline of abstract submission for poster: 15 December 2017.
- Decision on posters: 24 December 2017.
- Early registration will start on 15 October 2017.
- Early registration: up to 30 November 2017.
- Regular registration: 01 December 2017 - 15 January 2018.
- Late registration: 15 Jan 2018 - onward.
More info: https://www.maths.nottingham.ac.uk/personal/tk/bayescomp/

8.- Contratación de titulados universitarios en ArcelorMittal
ArcelorMittal convoca un proceso para a contratación de titulados universitarios para os seus centros de I+D en Asturias. Trátase da quinta oferta de contratacións para este centro de investigación, desde as primeiras realizadas en 2014.
Os contratos terán unha duración de 24 meses, con posibilidade de consolidación. A titulación académica dos aspirantes deberá ter relación co ámbito técnico (enxeñerías, informática, física, matemáticas, etc.) valorándose especialmente a súa vinculación a procesos industriais e novos produtos. Valorarase que durante a súa etapa académica ou profesional tivesen algunha experiencia no campo investigador.
O prazo para a presentación de solicitudes comeza o 14 de novembro e concluirá o 12 de decembro de 2017.
Máis información: http://spain.arcelormittal.com/people-career/empleo/thejuniorresearchprogramme.aspx

9.- Prazas de axudante doutor na UPM
Nunhas semanas convocaranse dúas prazas de axudante doutor no Departamento de Enxeñería de Organización, Administración de Empresas e Estatística da Universidade Politécnica de Madrid. Estímase que os contratos se formalicen en febreiro de 2018.
- Lugar de traballo: Escuela Técnica Superior de Ingenieros Industriales, dentro da unidade docente de Organización da Producción
- Requisitos dos candidatos: ser doutor e ter a acreditación como axudante doutor otorgada pola ACAP (Agencia madrileña de calidad) ou a ANECA no momento da solicitude.
- Áreas de docencia: métodos cuantitativos, simulación de eventos discretos, organización da producción, loxística e/ou xestión da cadea de suministro, entre outras.
Os candidatos interesados, poden escribir un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., para seren avisados no momento da convocatoria pública. Máis información: http://eio.usc.es/pub/mte/index.php/es/noticias/1693-2017-11-16-10-17-09

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates