Novas da SGAPEIO, 13 de marzo 2018

1.- Cursos da Vrije Universiteit de Amsterdam: Investigación de operacións, “un enfoque matemático para optimizar o teu mundo”
Hoxe en día, todo o mundo está falado das grandes oportunidades que ofrece o Big Data e todos os tipos diferentes de Analytics. Para realmente marcar a diferencia, non obstante, é preciso transformar os datos e a súa análise na toma de mellores decisións (por exemplo, na xestión empresarial). Para iso, é fundamental un rigoroso coñecemento de ferramentas cuantitativas. Con tal fin, a Vrije Universiteit de Amsterdam presenta o curso Investigación de operacións, “un enfoque matemático para optimizar o teu mundo”, no que se describen as ferramentas para aplicar os modelos e algoritmos de máis éxito na investigación de operacións (OR), incluíndo optimización lineal (enteira), optimización de rede, optimización estocástica e heurística.
Nivel do curso Últimos cursos do Grao/Master, aberto a doutores e profesionais
Sesións Do 28 de xullo ao 11 de agosto de 2018
Coordinador Dr A. A. N. Ridder
Outros profesores Dr D. A. van der Laan, Dr R. A. Sitters, Prof. L. Stougie
Docencia Clases maxistrais, prácticas con ordenador
ECTS 3 créditos
Duración (h) 45
Prezo €1000
Sitio web: http://bachelors.vu.amsterdam/en/summer-school/courses/OperationsResearch/index.aspx

2.- The 20th European Conference on Mathematics for Industry
18 de xuño de 2018 – 22 de xuño de 2018
Budapest, Hungría
Descrición: Esta serie de conferencias do Consorcio Europeo de Matemáticas na Industria (ECMI) ten por obxecto promover a interacción entre academia e industria, facilitando así a innovación en ambos os dous campos. Estes acontecementos atraen a profesionais expertos no ámbito dos negocios e da academia, impulsando a aplicación de novas tecnoloxías matemáticas á industria. Esperamos que o ECMI 2018 mellore aínda máis a investigación e o desenvolvemento multidisciplinar tanto no ámbito académico como na industria, o que conducirá sen dúbida á formulación de novos e desafiantes problemas reais, eido no que as matemáticas poden proporcionar valiosas ideas para a súa resolución e, ao mesmo tempo, inspirarse e facer progresar o coñecemento gracias a esta interacción.
As conferencias ECMI están organizadas baixo os auspicios do Consorcio Europeo de Matemáticas na Industria, unha asociación de institucións académicas e empresas industriais que actúa de xeito cooperativo cos seguintes obxectivos:

  • Promover e apoiar o uso de modelos matemáticos, simulacións e optimización en calquera actividade de importancia social ou económica.
  • Educar aos Matemáticos Industriais para atender a crecente demanda de expertos.
  • Operar a escala europea.

Sitio web: http://ecmi.bolyai.hu/

3.- XXXVI Reunión científica anual do SEE e do XIII Congreso da APE
11 de stembro de 2018 – 14 de setembro de 2018
Lisboa, Portugal
Descrición: "Epidemioloxía nun contexto global", é o lema da XXXVI edición da reunión científica anual da Sociedade Española de Epidemioloxía e do XIII Congreso da Asociación Portuguesa de Epidemioloxía, que se celebrará conxuntamente en Lisboa durante os días 11, 12, 13 e 14 de setembro de 2018. O comité de organización anima á comunidade científica e tecnolóxica a participar activamente neste congreso altamente interdisciplinario.
Sitio web:http://reunionanualsee.org/

4.- Convocatoria de 100 bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no ano 2018 nunha universidade galega (PR911A)
Descrición: Con este programa de bolsas, a Secretaría Xeral da Emigración ofértalles aos/ás galegos/as universitarios/as residentes no estranxeiro a posibilidade de adquirir unha especialización académica de máster nunha universidade galega, coa finalidade de que amplíen a súa formación e adquiran competencias e habilidades que favorezan a súa inserción laboral e futuro profesional en Galicia con maiores garantías de éxito. Os másteres ofertados intégranse nas áreas de Arte e Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas e Enxeñería e Arquitectura; seleccionáronse en función das posibilidades dunha maior empregabilidade e son de interese para o desenvolvemento do sector produtivo industrial, de servizos, así como o da información e coñecemento de Galicia.

Requisitos:

 

  • Ser menor de 40 anos.
  • Estar en posesión da nacionalidade española.
  • Residir no estranxeiro.
  • Acreditar un mínimo de dous anos de residencia no estranxeiro inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude
  • Ser emigrante nacido/a en Galicia, ou ter residido en Galicia de forma continuada durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar, ou ser descendente por consanguinidade dunha destas persoas e que nacese no estranxeiro.
  • Ter rematado e estar en posesión dalgunha titulación universitaria de grao, arquitecto/a, enxeñeiro/a, licenciado/a, arquitecto/a técnico/a, diplomado/a, enxeñeiro/a técnico/a ou outra declarada equivalente de forma expresa.

Prazo: O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 31 de maio de 2018 ás 24.00 horas (hora peninsular española).
Dotación:
Dotación total da bolsa
Nº créditos ECTS Nº cursos Europa Resto países
60-72 1 7.000 € 7.650 €
90 1,5 10.500 € 11.475 €

Solicitudes: As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Convocatoria:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180305/AnuncioG0244-210218-0001_gl.html

5.- Convocatoria da edición 2018 das Medallas da RSME
Descrición: A Real Sociedade Matemática Española (RSME) abre o 1 de marzo de 2018 o prazo de presentación de solicitudes para a concesión das Medallas RSME. O premio consiste nun diploma e unha medalla honoraria. As Medallas RSME son distincións que expresan o recoñecemento público da comunidade matemática española ás persoas destacadas polas súas contribucións relevantes e continuas nos ámbitos do traballo matemático, considerando como tal a educación, investigación, transferencia e difusión, entre outros, durante un longo período de tempo. A súa concesión rexerase polas bases publicadas nesta convocatoria. Nesta edición concederase ata un máximo de tres premios. O premio será resolto antes do 30 de xuño de 2018. As candidaturas só poden ser presentadas por membros individuais do RSME e ningunha das persoas propostas saberá que son candidatas ao premio.
Documentación:

  • Folleto con nome da persoa proposta e os datos e sinaturas de ata cinco membros do RSME que non sexan membros da súa Xunta de Goberno.
  • Breve presentación (en español) das contribucións da persoa proposta (máximo 5 páxinas).
  • Currículo curto da persoa proposta (máximo 3 páxinas).
  • Outros documentos que se consideran relevantes para a proposta.

Dita documentación enviarase en formato comprimido nun só correo electrónico á dirección da Secretaría do RSME antes das 2:00 p.m. do 30 de abril de 2018. Ao final do cuadrimestre abrirase un período de rectificación de 15 días naturais, se fose necesario.

Sitio web:http://www.rsme.es/content/view/2512/139/

6.- Premio Anile-ECMI de Matemáticas na industria
Descrición: Associazione Angelo Marcello Anile e ECMI presentaron o cuarto Premio Anile-ECMI de matemáticas na industria a ser concedido na conferencia ECMI 2018 que terá lugar en Budapest, Hungría, do 18 ao 22 de xuño de 2018. Concederase o premio a teses de doutoramento de excelencia enfocadas no eido das matemáticas aplicadas á industria, que foran presentadas con éxito nalgunha universidade europea entre 2016 e 2018. O premio, adicado ao Profesor Angelo Marcello Anile (1948-2007) de Catania, Italia, ascende a 2500 euros, incluindo unha invitación a dar unha charla no ECMI 2018.

Presentación de candidaturas: Débese enviar unha copia da tese en formato PDF á dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , ata o 15 de abril de 2018, como data límite. No envío deberase incluír unha carta do director de tese describindo o problema, metodoloxía matemática e relevancia industrial do traballo. Se o idioma da tese non é o inglés, daquela deberase enviar un resumo ampliado neste idioma.

Sitio web:http://www.math-in.net/?q=es/content/premio-anile-ecmi-matem-ticas-la-industria

7.- Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo da Real Academia Galega de Ciencias
A REAL ACADEMIA GALEGA DE CIENCIAS fai pública a convocatoria dos Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo correspondente ao ano 2018, co obxecto de promover a investigación e o desenvolvemento nas áreas de coñecemento integradas na Academia, a través do recoñecemento académico e social do esforzo dos investigadores. A presente convocatoria axustarase ás seguintes bases:

 

  • Institúense dous premios: un, dotado con 6.000 €, para un Traballo de Investigación realizado por investigadores sénior e outro, dotado con 2.000 €, para incentivar a Promoción de Mozos Investigadores menores de 28 anos.
  • Poderán presentarse traballos realizados en Galicia. Os traballos tratarán sobre temas ou aspectos relacionados coas áreas temáticas seguintes: Matemáticas, Física, Física do Cosmos, Química, Xeoloxía, Bioloxía, Farmacia, Ciencias Sociais, Económicas e Ciencias Técnicas.
  • En ambas as modalidades poderanse presentar traballos publicados a partir do 1 de xaneiro de 2018, traballos aceptados para a súa publicación ou traballos inéditos. En todos os casos os traballos adoptarán a forma utilizada para publicacións en revistas científicas. Non poderán presentarse traballos que obtivesen premios de características análogas a estes ou se atopen concorrendo a eles. Aqueles traballos que resulten gañadores ou ben reciban unha mención especial, non poderán concorrer a ningún outro premio de características análogas a estes ata o momento en que se proceda ao acto público de entrega dos premios e mencións.
  • Poderán tomar parte no concurso graduados, licenciados, enxeñeiros e doutores. No caso do Premio de Investigación, polo menos un dos autores deberá estar en posesión do título de Doutor. O Premio para Promoción de Mozos Investigadores poderá ser solicitado unicamente por Investigadores que aínda non cumprisen os 28 años o día que finaliza o prazo da convocatoria e que dispoñan da pertinente autorización dos restantes autores, se os houbese, no caso de traballos xa publicados ou aceptados para a súa publicación. Só se poderá optar a un dos dous premios convocados. Os Académicos Numerarios e Correspondentes da Real Academia Galega de Ciencias non poderán participar no concurso.
  • O prazo da convocatoria finalizará ás 13.00 horas do 18 de Xuño de 2018.
  • A participación na convocatoria farase de modo telemático. Para iso, os interesados:
    - Cumprimentarán un formulario que poderán descargar na páxina web da RAGC (www.ragc.gal).
    - Xunto ao formulario achegarán un ficheiro en formato pdf, contendo o traballo. O ficheiro terá por nome o lema elixido (máximo tres palabras). O texto estará escrito en lingua galega ou castelá, cunha extensión máxima de 70 páxinas, incluíndo figuras e táboas. Na primeira páxina só se indicará o título do traballo, a área na que se desexa concursar, o tipo de premio ao que se opta (Premio de Investigación ou Mozos Investigadores) e o lema elixido. Non figurará firma nin indicación algunha que permita a identificación dos seus autores.
    - Co formulario achegarase, ademais, un segundo ficheiro, tamén en formato pdf, cuxo nome será o mesmo, ampliado coa palabra plica. Nel figurarán o título do traballo e o lema que permita identificalo. Incluiranse, ademais, o nome ou nomes dos autores, dirección de traballo, correo electrónico e teléfono, copia do NIF por ambas as caras e a referencia da publicación se se trata dun traballo publicado ou aceptado.
  • Unha vez cumprimentado o formulario debe remitirse a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., achegando os arquivos anteriores. Para a aclaración de calquera dúbida, os interesados poden dirixirse á Secretaría, Real Academia Galega de Ciencias, Facultade de Química, Avenida das Ciencias s/n. Campus Vida. 15782 Santiago de Compostela (Tfno. 981552235).
  • Os traballos que queden en segundo lugar poderán recibir unha mención especial, se o xurado así o estimase, en función da súa calidade científica e interese. Os premios poderán ser declarados desertos.

Estas bases poden consultarse en www.ragc.gal.

8.- Contrato de post-doutoramento no grupo MODESTYA da USC
Descrición: O grupo de investigación MODESTYA (Modelos de optimización, decisión, estatística e aplicacións, http://eio.usc.es/pub/gi1914/index.php/gl) da Universidade de Santiago de Compostela ofrece un contrato pos-doutoral. A persoa candidata deberá desenvolver unha liña de investigación na área da Estatística e Investigación Operativa, preferiblemente orientada a fortalecer algunhas das liñas estratéxicas do grupo MODESTYA (estatística non paramétrica e semiparamétrica, análise de datos direccionais, datos funcionais, datos de alta dimensión, teoría de xogos, modelos da investigación operativa, técnicas de optimización) coa aportación de novos modelos e/ou métodos, o estudo das súas propiedades teóricas e o desenvolvemento de software con aplicación a distintos eidos (economía, biomedicina, saúde, enxeñaría, finanzas, enerxía, bioloxía ou medioambiente), incluíndo a colaboración en actividades de transferencia co ITMATI.
Requisitos:

  • Doutoramento en Estatística, Teoría de Xogos, Investigación Operativa ou ámbitos relacionados.

Criterios de valoración:

  • Outros méritos relacionados coas tarefas a desenvolver.
  • Experiencia investigadora acreditada (publicacións en revistas da área).
  • Capacidade de abordar novas liñas de investigación.
  • Coñecementos de programación avanzada e manexo de software estatístico ou de investigación operativa.
  • Cartas de recomendación.
  • Entrevista persoal (os 5 mellores candidatos). 

Descrición do traballo:

  • Salario bruto: 2027,50 euros/mes.
  • Xornada de traballo semanal: 37.5 horas/semana.
  • Duración do contrato: 31 meses.
  • Centro de traballo: Facultade de Matemáticas. Campus Vida (Santiago de Compostela).

Presentación de solicitudes e prazo:

  • As solicitudes serán presentadas nos Rexistros Xerais da USC, sitos no Colexio San Xerome, Praza do Obradoiro s/n, 15782 Santiago de Compostela, nos Servizos Centrais do Campus de Lugo, Edificio Biblioteca Intercentros, 27002 Lugo, no Rexistro da Oficina de Investigación e Tecnoloxía, edificio Cactus, Campus Vida, 15782, Santiago de Compostela ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015 de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
  • Prazo: ata as 14 horas do 18 de marzo de 2018.

Entrevistas persoais e resolución:

  • As persoas preseleccionadas serán convocadas a unha entrevista persoal.
  • Data estimada de resolución para a provisión da praza: 20 de abril de 2018.
  • Data prevista de inicio do contrato: 30 de abril de 2018.
  • Máis información http://imaisd.usc.es/guiaconvocatorias.asp?i=gl&s=-2-26-128-129&id=3266&t=9&st=0
  • Para calquera outra cuestión, poden contactar con Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

9.- Contrato indefinido (tenure track) de profesor e investigador na área de Estatística matemática e ciencia de datos no Departamento de Matemáticas da Universidade de Trento
Descrición: O Departamento de Matemáticas da Universidade de Trento busca un científico que traballe no campo da Estatística matemática e ciencia de datos. O Departamento invita a científicos altamente cualificados no campo do Data Science a enviar unha Expresión de Interese (EOI) concorrer á praza. Na actualidade, o Departamento está enmarcado no campo de Probabilidade e Estatística Matemática, estando formado por dous Profesores Asociados e un Profesor Adxunto, tendo un gran interese en formar un grupo de investigación máis amplo no ámbito da Ciencia de datos.

Perfil do candidato: Recoméndase encarecidamente aos candidatos teñan unha base de investigación sólida nos campos relacionados coa Probabilidade, Estatística Matemática, Statistical Learning e Computación Científica. O Departamento busca un científico que traballe en temas de investigación punteiros, internacionalmente recoñecidos pola rede científica de expertos no seu propio campo. Ademais, o feito de que teña experiencia exitosa na supervisión estudantes de doutoramento e colaboracións interdisciplinarias será valorado moi positivamente

Lugar de traballo: O Departamento coordina un Máster en Matemáticas, cun currículo específico en Matemáticas para a Vida e a Ciencia de Datos, cunha media de 20 alumnos por ano. O Departamento tamén participa en dous programas de máster interdisciplinar: (i) Bioloxía cuantitativa e computacional e (ii) Ciencia da información. Por outra banda, na escola de doutoramento en Matemáticas se inscribe da orde de 10 alumnos por ano. O candidato seleccionado será membro de referencia nas titulacións de Matemáticas para as Ciencias da Vida e a Ciencia de Datos, participando en actividades docentes en todos os niveis. Ademais, agárdase dos candidatos que presenten un gran potencial para solicitar subvencións de investigación competitiva, en particular para os plans de financiamento da UE.

Prazo: As manifestacións de interese deberán ser enviadas ao xefe do departamento (o actual director é o profesor A. Caranti) a través da dirección de correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., ata o 31 de marzo de 2018. Despois, o Departamento abrirá unha convocatoria formal, de acordo coas regras e regulamentos italianos.

Carga docente: Dous cursos por ano, actividades de seminario e titoría de estudantes de doutoramento. Todas as actividades nos niveis de máster e doutoramento se realizan en inglés.

Salario: O importe do salario será determinado de forma persoal, de acordo coa lei italiana.
As cifras indicativas do importe bruto mínimo por ano do salario inicial son, para un profesor ayudante doctor es de 45.367 €. Tras 3 anos, os candidatos serán ascendidos ao nivel de Associate Professor (nivel inicial de 50.831 €), sempre que se acadase a cualificación necesaria (abilitazione nazionale).

Máis información:http://euro-math-soc.eu/job/position-mathematical-statistics-and-data-science-trento

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates