Novas da SGAPEIO, 15 de xaneiro 2019

1.- Aberta a IX Convocatoria do Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Descrición: A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), ven de convocar o IX Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Bases: https://sgapeio.es/descargas/formacion/Bases_IX_Incubadora.pdf
Díptico: https://sgapeio.es/descargas/formacion/diptico_IncubadoraIX.pdf
Participantes: Poden participar estudantes (matriculados en centros da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2018-2019) de ESO, FP Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio. A participación pode ser individual ou en grupo (máximo de 4 estudantes). Cada participante ou grupo deberá contar polo menos cun docente-titor do seu centro, que supervise o traballo presentado. Distínguense tres categorías:

  • Categoría A: 1º e 2º de ESO.
  • Categoría B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.
  • Categoría C: Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio.

Non hai limitación de concursantes por un mesmo centro, nin de traballos titorizados por un mesmo docente. Só se permite unha participación por estudante.
Datas importantes:

  • Inscrición de traballos: dende o 18 ata o 31 de marzo de 2019.
  • Entrega dos traballos finalizados: dende o 1 ata o 14 de abril de 2019.
  • Do 13 ao 19 de maio de 2019 daranse a coñecer os traballos finalistas e a data do acto de entrega de premios.

Máis información e vídeo promocional en: https://sgapeio.es/index.php/formacion-e-actividades/premios-sgapeio/3162-ix-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos

2.- Número 50 do INFORMEST
Descrición: Infórmase que o número 50 do INFORMEST está á disposición dos socios na dirección https://sgapeio.es/INFORMEST/Informest50.pdf contando coas habituais seccións de Colaboración, Software, Actividades da SGAPEIO, Novas do IGE, Traballos de Estatística e IO, Coñecéndonos, e Sabías que?

3.- Congreso CodaWork2019
3 de xuño de 2019 – 8 de xuño de 2019
Terrassa, España
Descrición: CodaWork2019 é a oitava edición do Workshop Internacional de Análise de Datos Composicionais. CodaWork2019 é un foro destinado a discutir cuestións de investigación relacionadas co tratamento cuantitativo e modelado, interpretación de modelos e todo tipo de aplicacións que inclúan datos composicionais. Nas edicións anteriores se incluíron aplicacións en enxeñaría, econometría, psicoloxía, estatística oficial, lingüística, medicina, bioloxía, xenética, demografía, morfoloxía, ciencias da terra, ciencias planetarias e ambientais, arqueometría, ciencia forense, etc. Antes do Workshop ofrecerase un curso de un día sobre datos composicionais.
O Workshop terá lugar en Terrassa, na Universidade Politécnica de Catalunya e no Hotel Don Cándido. Terrassa está a 28 km de Barcelona e é a terceira cidade de Cataluña en relación á súa poboación.
Máis información:
https://webs.camins.upc.edu/codawork2019/ organizacióEste enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

4.- 34th International Workshop on Statistical Modelling (IWSM2019)
14 de abril de 2019 – 16 de abril de 2019
Guimarães, Portugal
Descrición: O 34th International Workshop on Statistical Modelling (IWSM) celebrarase en Guimarães do 7 ao 12 de xullo de 2019. O IWSM é unha das principais actividades da Statistical Modelling Society, fundada co propósito de impulsar e estimular a modelaxe estatística no seu sentido máis amplo. O Workshoop pretende involucrar tanto aos estadísticos académicos como aos profesionais e aos analistas de datos, con especial atención aos problemas de datos reais que impliquen unha novidade en modelización estatística ou aplicacións novedosas de modelos.
Son benvidas aquelas comunicacións que conleven aplicacións con importantes implicacións, así como traballos metodolóxicos. Aléntase especialmente a participación de estudantes e investigadores mozos. Todos os traballos aceptados serán incluídos nos Proceedings do Workshop.
Máis información: http://www.iwsm2019.org/

5.- CRoNoS e o 2nd workshop on Multivariate Data and Software
7 de xullo de 2019 – 12 de xullo de 2019
Limasol, Chipre
Descrición: O congreso CRoNoS e oe 2nd workshop on Multivariate Data and Software terán lugar no Poseidonia Beach Hotel de Limasol, Chipre, entre o14 e o 16 April de 2019. Tamén se levará a cabo un curso de primavera, simultáneamente aos dous eventos. Os participantes no Workshop poderán asistir gratuitamente aos tutoriais Spring Course. Estas actividades están financiadas pola CRoNoS COST Action (Cyprus University of Technology), e a Frederick University, Cyprus. ECOSTA e a Frederick University co-organizan o Workshop.
Máis información: http://cmstatistics.org/CRONOSMDA2019/index.php

6.- Oposicións ao Cuerpo Superior de Estadísticos del Estado. Oferta de emprego público ano 2018
Titulación: Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto ou Grao ao finalizar o prazo de presentación de instancias.
Persoal: funcionario.
Prazas libres: 28 prazas para o sistema xeral de acceso libre. Do total das prazas se reservará 1 para quen teña a condición legal de persoas con discapacidade cun grao igual ou superior ao 33%.
Prazas de promoción interna: 5.
Prazo de presentación de instancias: do 18 de decembro de 2018 ao 17 de xaneiro de 2019, ambos incluídos.
Máis información:
https://www.boe.es/boe/dias/2018/12/17/pdfs/BOE-A-2018-17251.pdf

7.- Oposicións ao Cuerpo de Diplomados en Estadística del Estado. Oferta de emprego público ano 2018
Titulación: Diplomado, Enxeñeiro Técnico, Arquitecto Técnico ou Grao ao finalizar o prazo de presentación de instancias.
Persoal: funcionario.
Prazas libres: 45 prazas para o sistema xeral de acceso libre. Do total das prazas se reservarán 2 para quen teña a condición legal de persoas con discapacidade cun grao igual ou superior ao 33%.
Prazas de promoción interna: 5.
Prazo de presentación de instancias: do 18 de decembro de 2018 ao 17 de xaneiro de 2019, ambos incluídos.
Máis información:
https://www.boe.es/boe/dias/2018/12/17/pdfs/BOE-A-2018-17250.pdf

8.- Grupo MODES: Procura de candidatos para contratos de postdoutoramento nas convocatorias Juan de la Cierva e Ramón y Cajal
Descrición: O grupo de investigación Modelización, Optimización e Inferencia Estatística (MODES) da Universidade da Coruña está a procura de doutores que desexen levar a cabo a súa investigación no seo do grupo para concorrer a distingas convocatorias competitivas de postdoutoramento (programas Juan de la Cierva Incorporación, Juan de la Cierva Formación e Ramón y Cajal do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades). O grupo MODES forma parte do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC), distinguido en 2016 como un dos cinco únicos centros de investigación singulares da Comunidade Autónoma Galega por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Ademais, varios dos membros de MODES son investigadores asociados ao Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI).

Os contratados levarán a cabo investigacións no eido da estatística e a investigación de operacións, podendo tamén encadrarse nalgún dos proxectos de investigación que o grupo MODES lidera en colaboración con empresas. O grupo MODES ven sendo recoñecido como grupo de referencia competitiva pola Xunta de Galicia desde o ano 2007. Os membros do grupo son autores de máis dun centenar de publicacións científicas no período 2014-2018 en revistas de alto impacto internacional.

O perfil requirido é o dun doutor en estatística ou investigación operativa, cun bo rexistro de publicacións nunha destas áreas. Será valorada a experiencia de postdoutoramento pero non se exclúe a posibilidade de concorrencia de candidatos que obteñan o seu doutoramento en moi breve prazo de tempo.
Os interesados deben enviar as súas manifestacións de interese, acompañado dunha copia electrónica do seu currículo por correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Deben facelo ata o 18 de xaneiro de 2019. A manifestación de interese é de forma libre, pero debe indicar, polo menos, formación académica, experiencia e motivación do candidato/a. Nomes de investigadores de referencia que poidan informar sobre o candidato tamén son benvidos.

Para máis información sobre as liñas de investigación do grupo pódese consultar a páxina web http://dm.udc.es/modes/ ou poñerse en contacto co profesor Ricardo Caoa través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., ou mesmo con calquera outro investigador do grupo.

9.- Grupo MODESTYA: Procura de candidatos para contratos de postdoutoramento nas convocatorias Juan de la Cierva e Ramón y Cajal
Descrición: O grupo de investigación MODESTYA (modelos de optimización, decisión, estatística e aplicacións, http://eio.usc.es/pub/gi1914/index.php/gl) da Universidade de Santiago de Compostela procura candidatos doutores que desexen realizar a súa investigación dentro do grupo para concorrer a diferentes convocatorias de concursos para contratos de postdoutoramento (programas Juan de la Cierva Incorporación, Juan de la Cierva Formación, e Ramón y Cajal do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades). A persoa candidata deberá desenvolver unha liña de investigación na área da Estatística e Investigación Operativa, preferiblemente orientada a fortalecer algunhas das liñas estratéxicas do grupo MODESTYA (estatística non paramétrica e semiparamétrica, análise de datos direccionais, datos funcionais, datos de alta dimensión, teoría de xogos, modelos da investigación operativa, técnicas de optimización) coa aportación de novos modelos e/ou métodos, o estudo das súas propiedades teóricas e o desenvolvemento de software con aplicación a distintos eidos (economía, biomedicina, saúde, enxeñaría, finanzas, enerxía, bioloxía, medioambiente ou loxística), incluíndo a colaboración en actividades de transferencia co ITMATI.

Cada interesado deberá enviar a súa manifestación de interese, acompañada dunha copia electrónica do seu currículo, ambos os dous documentos por correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Deberán facelo a máis tardar o 18 de xaneiro de 2019. A expresión de interese ten un formato libre pero debe indicar, polo menos, a bagaxe académica, a experiencia e a motivación do candidato. Serán tamén benvidos nomes de investigadores de referencia que poidan aportar información sobre o candidato. Para calquera outra pregunta, pode contactar a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

10.- Oferta de emprego no grupo MODESTYA: Contrato de postdoutoramento nas áreas de estatística e investigación operativa
Descrición: O grupo de investigación MODESTYA (Modelos de optimización, decisión, estatística e aplicacións, http://eio.usc.es/pub/gi1914/index.php/gl) da Universidade de Santiago de Compostela ofrece un contrato pos‐doutoral. A persoa candidata deberá desenvolver unha liña de investigación na área da Estatística e Investigación Operativa, preferiblemente orientada a fortalecer algunhas das liñas estratéxicas do grupo MODESTYA (estatística non paramétrica e semiparamétrica, análise de datos direccionais, datos funcionais, datos de alta dimensión, teoría de xogos, modelos da investigación operativa, técnicas de optimización) coa aportación de novos modelos e/ou métodos, o estudo das súas propiedades teóricas e o desenvolvemento de software con aplicación a distintos eidos (economía, biomedicina, saúde, enxeñaría, finanzas, enerxía, bioloxía, medioambiente ou loxística), incluíndo a colaboración en actividades de transferencia co ITMATI.
Requisitos:

  • Doutoramento en Estatística, Teoría de Xogos, Investigación Operativa.

Criterios de valoración:

  • Outros méritos relacionados coas tarefas a desenvolver.
  • Experiencia investigadora acreditada (publicacións en revistas da área).
  • Capacidade de abordar novas liñas de investigación.
  • Coñecementos de programación avanzada e manexo de software estatístico ou de investigación operativa.
  • Cartas de recomendación.
  • Entrevista persoal (os 5 mellores candidatos).

Descrición do traballo:

  • Salario bruto: 2027.50 euros/mes.
  • Xornada de traballo semanal: 37.5 horas/semana.
  • Duración do contrato: 21 meses.
  • Centro de traballo: Facultade de Matemáticas. Campus Vida (Santiago de Compostela).

Presentación de solicitudes e prazo:

  • A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Prazo: ata as 14 horas do 21 de xaneiro de 2019.

Entrevistas persoais e resolución:

  • As persoas preseleccionadas serán convocadas a unha entrevista persoal.
  • Data estimada de resolución para a provisión da praza: 31 de xaneiro de 2019.
  • Data prevista de inicio do contrato: 1 de febreiro de 2019.
  • Máis información http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/2409_gl.pdf.
  • Para calquera outra cuestión, poden contactar con Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

11.- Oferta de emprego no grupo MODESTYA: Desenvolvemento e administración de servidor web
Descrición: O grupo de investigación MODESTYA (Modelos de optimización, decisión, estatística e aplicacións, http://eio.usc.es/pub/gi1914/index.php/gl) da Universidade de Santiago de Compostela ofrece un contrato de emprego. A persoa candidata deberá desenvolver e administrar un servidor web e administrar un clúster para computación paralela.
Criterios de valoración:

  • Outros méritos relacionados coas tarefas a desenvolver.
  • Experiencia en desenvolvemento web con APACHE, PHP e mySQL.
  • Experiencia en desenvolvemento web con JOOMLA.
  • Experiencia en administración de sistemas Linux.
  • Entrevista persoal (os 5 mellores candidatos).

Descrición do traballo:

  • Salario bruto: 1193.97 euros/mes.
  • Xornada de traballo semanal: 37.5 horas/semana.
  • Duración do contrato: 3 meses.
  • Centro de traballo: Facultade de Matemáticas. Campus Vida (Santiago de Compostela).

Presentación de solicitudes e prazo:

  • A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Universidade de Santiago de Compostela.

Prazo: ata as 14 horas do 21 de xaneiro de 2019.
Entrevistas persoais e resolución:

  • As persoas preseleccionadas serán convocadas a unha entrevista persoal.
  • Data estimada de resolución para a provisión da praza: 31 de xaneiro de 2019.
  • Data prevista de inicio do contrato: 1 de febreiro de 2019.
  • Máis información http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/2409_gl.pdf.
  • Para calquera outra cuestión, poden contactar con Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
2025  SGAPEIO   globbers joomla templates