ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas da SGAPEIO, 30 de xaneiro 2019
1.- Aberta a IX Convocatoria do Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos
Descrición: A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), ven de convocar o IX Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Bases: https://sgapeio.es/descargas/formacion/Bases_IX_Incubadora.pdf
Díptico: https://sgapeio.es/descargas/formacion/diptico_IncubadoraIX.pdf
Participantes: Poden participar estudantes (matriculados en centros da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2018-2019) de ESO, FP Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio. A participación pode ser individual ou en grupo (máximo de 4 estudantes). Cada participante ou grupo deberá contar polo menos cun docente-titor do seu centro, que supervise o traballo presentado. Distínguense tres categorías:
- Categoría A: 1º e 2º de ESO.
- Categoría B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.
- Categoría C: Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio.
Non hai limitación de concursantes por un mesmo centro, nin de traballos titorizados por un mesmo docente. Só se permite unha participación por estudante.
Datas importantes:
- Inscrición de traballos: dende o 18 ata o 31 de marzo de 2019.
- Entrega dos traballos finalizados: dende o 1 ata o 14 de abril de 2019.
- Do 13 ao 19 de maio de 2019 daranse a coñecer os traballos finalistas e a data do acto de entrega de premios.
Máis información e vídeo promocional en: https://sgapeio.es/index.php/formacion-e-actividades/premios-sgapeio/3162-ix-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos
2.- Curso de datos composicionais CoDaCourse
Descrición: O CoDaCourse é un Seminario Aberto de Análise de Datos Composicionais que se impartirá en Xirona, desde o 1 ata o 5 de xullo do 2019. Os datos composicionais son vectores nos que as compoñentes mostran a importancia relativa das partes dunha totalidade. Os exemplos típicos son os datos presentados en porcentaxes, ppm, ppb, etc. O CoDaCourse proporciona unha introdución a aspectos teóricos e prácticos da análise estatística dos datos composicionais, así como un foro de discusión informal entre usuarios e investigadores. Nas sesións teóricas, será presentado o actual estado da arte neste campo. Nas sesións prácticas, se aplicaran técnicas estatísticas mediante o software CoDaPack e algúns paquetes de R. Se plantexa tamén a organización dunha sesión de discusión aberta tendo como punto de partida os datos proporcionados polos propios participantes.
Este curso está aberto a estatísticos e científicos aplicados de calquera campo, en particular da enxeñaría, xeoloxía, medio ambiente, etc. que traballen en institucións académicas ou industriais. Recoméndanse coñecementos básicos de estatística, incluíndo análise multivariante.
Prazas: 30.
Máis información: http://www.compositionaldata.com/codacourses.php
3.- XIV Congreso da SGAPEIO
24 de outubro de 2019 – 26 de outubro de 2019
Vigo, España
Descrición: O Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo organiza, respondendo á petición da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO), o XIV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións. Invítase a tódolos colectivos a participar nestas xornadas e a que envíen os seus traballos, tanto teóricos coma aplicados, para a súa presentación durante o congreso, que terá lugar na Escola Universitaria de Enxeñería Industrial de Vigo do 24 ao 26 de outubro de 2019. Desde a SGAPEIO anímase a todos os socios a participar neste evento de referencia para a Sociedade.
Máis información: No sucesivo, actualizarase a información relativa á apertura dos prazos de entrega de traballos e inscrición na páxina web www.sgapeio2019.webs.uvigo.es/.
4.- Xornadas do 147 European Study Group with Industry (ESGI)
8 de abril de 2019 – 12 de abril de 2019
Santiago de Compostela, España
Descrición: O 147 ESGI -European Study Group with Industry-, organizado de forma conxunta polo Instituto Tecnológico de Matemática Industrial (ITMATI) e a Red Española Matemática - Industria (math-in), terá lugar do 8 ao 12 de abril de 2019 en Santiago de Compostela. Os ESGI constitúen un foro para traballar de xeito conxunto, tanto científicos industriais coma investigadores matemáticos, en problemas de especial interese para a industria. O 147 ESGI xuntará a especialistas dos eidos de Matemática Aplicada e Estatística e Investigación de Operacións, teñen como obxectivo o fomento da transferencia Matemática cara a Industria mediante a procura activa de proxectos de investigación e desenvolvemento onde a Matemática teña unha especial relevancia.
Inscrición: A asistencia é de balde, mais é necesario rexistrarse previamente. A data límite de inscrición é o 1 de abril de 2019.
Organizadores: A Acción COST TD1409, Mathematics for Industry Network (MI-NET) e a Red Estratégica de Matemáticas (REM), co-organizan e cofinancian este evento.
Máis información: A web http://www.math-in.net/147esgi/ actualizarase continuamente con toda a información relativa ao evento Desde a SGAPEIO anímase aos socios a participar no evento.
5.- 34th International Workshop on Statistical Modelling (IWSM2019)
14 de abril de 2019 – 16 de abril de 2019
Guimarães, Portugal
Descrición: O 34th International Workshop on Statistical Modelling (IWSM) celebrarase en Guimarães do 7 ao 12 de xullo de 2019. O IWSM é unha das principais actividades da Statistical Modelling Society, fundada co propósito de impulsar e estimular a modelaxe estatística no seu sentido máis amplo. O Workshoop pretende involucrar tanto aos estadísticos académicos como aos profesionais e aos analistas de datos, con especial atención aos problemas de datos reais que impliquen unha novidade en modelización estatística ou aplicacións novedosas de modelos.
Son benvidas aquelas comunicacións que conleven aplicacións con importantes implicacións, así como traballos metodolóxicos. Aléntase especialmente a participación de estudantes e investigadores mozos. Todos os traballos aceptados serán incluídos nos Proceedings do Workshop.
Máis información: http://www.iwsm2019.org/
6.- Quinta edición dos Premios de Investigación Matemática Vicent Caselles
Descrición: A Fundación BBVA e a Real Sociedad Matemática Española (RSME) colaboran na convocatoria e adxudicación da quinta edición dos Premios de Investigación Matemática Vicent Caselles. Os premios levan o nome de quen foi profesor das universidades de Valencia, Illes Balears e Pompeu Fabra, en recordo da súa figura científica e humana. Nesta convocatoria concederanse seis premios, cada un cunha dotación bruta de 2.000 euros, e todos eles na modalidade de Investigación Matemática. Os Premios están dirixidos a investigadores en matemáticas de nacionalidade española, ou doutra nacionalidade que realizasen o seu traballo de investigación nunha universidade ou centro científico de España, que sexan menores de 30 anos ao 31 de decembro de 2018 e por tanto nacesen nos anos 1989 ou seguintes (salvo o disposto no Art. 2 da convocatoria). Sen excluír ningunha rama temática que se considere pertinente dentro do rango da investigación matemática á que se refiren os premios, considéranse incluídas as seguintes: combinatoria, optimización, estatística, teoría da información, lóxica, teoría de números, álxebra, xeometría alxebraica, topoloxía, xeometría, teoría de representacións, análises, sistemas dinámicos, ecuacións en derivadas parciais, modelización e simulación, computación e aproximación, física matemática, matemáticas da vida e da terra, matemáticas económicas e sociais.
Toda a documentación necesaria relativa aos premios será enviada a través da dirección electrónica Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. á Secretaría da Real Sociedad Matemática Española, ata as 14:00 horas (hora peninsular) do xoves 28 de febreiro de 2019.
Máis información: https://www.fbbva.es/premios/premios-investigacion-matematica-vicent-caselles-2019/
7.- Convocatoria da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión de axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i
Descrición: Esta orde establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas de apoio á etapa predoutoral da Consellería Educación, Universidade e Formación Profesional e a Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Gain, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva. O obxecto do Programa de apoio á etapa predoutoral é outorgar axudas ás universidades do SUG, aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e o IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia que contraten persoas tituladas superiores para a súa formación como doutoras e doutores nos seus centros (códigos de procedemento ED481A para as universidades do SUG e IN606A para as demais entidades), con dúas modalidades:
- Modalidade A: axudas cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020 destinadas ao apoio á etapa predoutoral para investigadoras e investigadores que desenvolvan un proxecto de investigación en liña cos retos definidos na Estratexia de especialización intelixente de Galicia RIS3 e que teñan unha persoa designada para dirixir ou codirixir a tese que cumpra os seguintes requisitos da convocatoria.
- Modalidade B: axudas de carácter xeral de apoio a etapa predoutoral, mediante as cales se garantirá a representación de todas as ramas de coñecemento nesta convocatoria.
Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190130/AnuncioG0534-110119-0001_gl.html
8.- Convocatoria de 2 prazas de Profesor Contratado Doutor na Universidad de Cádiz
Praza DC4773
- Centro: FACULTAD DE CIENCIAS ECONÓMICAS Y EMPRESARIALES (sede Algeciras).
- Área: ESTATÍSTICA E INVESTIGACIÓN OPERATIVA.
- Duración: Indefinido.
- Perfil docente: Preferentemente en materias vinculadas ás titulacións impartidas no centro de adscrición.
- Perfil investigador: Na área de coñecemento, preferentemente en modelos estatísticos avanzados de custo computacional no ámbito da Astroestadística.
- Titulación preferente: Licenciatura ou Grao en Matemáticas ou Ciencias Estatísticas.
Praza DC4774
- Centro: ESCUELA POLITÉCNICA SUPERIOR.
- Área: ESTATÍSTICA E INVESTIGACIÓN OPERATIVA.
- Duración: Indefinido.
- Perfil docente: Preferentemente en materias vinculadas ás titulacións impartidas no centro de adscrición.
- Perfil investigador: Investigación na área de Coñecemento, preferentemente en xeoestatística, análise espacial e tratamento de series temporais para aplicacións xeofísicas.
- Titulación preferente: Licenciatura ou Grao en Matemáticas ou Ciencias Estatísticas. Prazo de presentación de solicitudes: Desde o 30 de xaneiro ata a data que apareza no BOJA.
Máis información: https://personal.uca.es/profesores-contratados/