Novas da SGAPEIO, 26 de abril 2019

1.- XIV Congreso da SGAPEIO
24 de outubro de 2019-26 outubro de 2019
Vigo, España
Descrición: O Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo organiza, respondendo á petición da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO), o XIV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.
Invítase a tódolos colectivos a participar nestas xornadas e a que envíen os seus traballos, tanto teóricos coma aplicados, para a súa presentación durante o congreso, que terá lugar na Escola de Enxeñería Industrial (Sede Cidade) de Vigo do 24 ao 26 de outubro de 2019. Nesta edición, a programación oficial contará cunha sesión temática de Biometría, que será organizada pola SGAPEIO e a Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) dando continuidade aos Encontros Galaico-Portugueses organizados polas dúas sociedades desde o ano 2013. Esta colaboración ten como obxecto a promoción e divulgación da Estatística e I.O. en distintas áreas de aplicación, fomentando novas ideas e colaboracións de interese para as dúas comunidades.
Ademais, o programa ofrecerá actividades de carácter social e cultural, que esperamos que sexan do agrado dos asistentes.
Datas límite importantes:

  • Envío de traballos: 30 de Xuño
  • Inscrición reducida: 15 de Xullo

Máis información: http://sgapeio2019.webs.uvigo.es/

2.- Terceiro anuncio dos cursos ECAS2019: Statistical Analysis for Space-Time Data 15 de xullo de 2019-17 de xullo de 2019
Lisboa, Portugal
Descrición: Os cursos europeos de estatística avanzada (European Courses in Advanced Statistics, ECAS) procuran proporcionar formación específica correspondente a áreas especiais da estatística a posgraduados, estudantes de doutoramento, investigadores, profesores universitarios en profesionais en xeral. A presente edición, ECAS2019, está dedicada á análise estatística de datos espazo-temporais, estando organizada pola Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) e a Sociedad de Estadística e Investigación Operativa de España (SEIO). Os participantes están invitados a presentar os seus traballos en formato póster.
Datas importantes:

  • Inscrición de prezo reducido: 3 de maio de 2019
  • Envío de resumos: 26 de abril de 2019

Cursos:

  • Spatial Point Patterns: Methodology and Applications with R - Adrian Baddely e Ege Rubak.
  • Statistical models and inference for spatio-temporal areal data - Patrick Brown.
  • New trends in spatio-temporal geostatistics - Liliane Bel.
  • Spatial and spatio-temporal models using the SPDE-approach - Haavard Rue & Haakon Bakka.

Lugar: O congreso terá lugar na Facultade de Ciencias da Universidade de Lisboa (Portugal).
Comité científico: Giovani Silva, Universidade de Lisboa, Portugal (Chair), Raquel Menezes, Universidade do Minho, Portugal, Maria Eduarda Silva, Universidade do Porto, Portugal, Rubén Fernández Casal, Universidade da Coruña, Spain, María Dolores Ugarte Martínez, Universidad Pública de Navarra, Spain, Ricardo Cao, Universidade da Coruña, Spain.
Comité organizador: Isabel Natário, Universidade Nova de Lisboa, Portugal (Chair), Paulo Soares, Universidade de Lisboa, Portugal, Soraia Pereira, Universidade de Lisboa, Portugal, Tomás Goicoa Mangado, Universidad Pública de Navarra, Spain, Anabel Forte Deltell - Universitat de València, Spain, Giovani Silva, Universidade de Lisboa, Portugal.
Máis información:
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
https://ecas2019.math.tecnico.ulisboa.pt/

3.- Seminario a cargo do Prof. Jop Shouten: Unilateral support equilibria 2 de maio de 2019.
A Coruña, España
Descrición: O concepto de equilibrios de Berge está baseado en comportamentos solidarios entre os xogadores: cada xogador é apoiado polo grupo de formado por todos os demais xogadores. Nesta presentación explorarase e estenderase a idea de Berge eliminando ítem de coordinación subxacente. Suxírese considerar o apoio individual en lugar do grupal. A idea principal é introducir relacións de apoio modeladas mediante perturbacións nas que cada xogador apoia exactamente a outro xogador, estando cada xogador apoiado por só un dos demais. Por tanto, defínese un novo equilibrio denominado “unilateral support equilibrium”, que é uniteralmente colaborativo para cada un dos demais xogadores. Despois da descrición deste equilibrio, compararase co equilibrio de Nash.
Data: 2 de maio de 2019.
Hora: 12:30 h.
Lugar: Aula de Graos Víctor Gulías – Facultade de Informática – Universidade da Coruña – A Coruña.

4.- XXIV Congresso da Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE2019)
6 de novembro de 2019 – 9 de novembro de 2019
Amarante, Portugal
Descrición: Ata o 31 de maio de 2019 está aberto o período para envío de propostas de comunicacións (orais ou póster) para integrar o programa científico do XXIV Congresso da Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE2019), que terá lugar entre o 6 e o 9 de novembro de 2019 en Amarante. As diferentes propostas enviaranse a través do modelo dispoñible no sitio web do congreso, tendo que estar relacionadas con algún dos seguintes temas:

  • Análise de supervivencia.
  • Aplicacións en Medio Ambiente, Clima, Xeociencia e Agricultura.
  • Aplicacións en Econometria, Finanzas e Xestión.
  • Bioestatística e Epidemioloxia.
  • Ciencia de Dados (Data Science).
  • Control Estatístico da Calidade.
  • Educación en Estatística.
  • Estatística en Ciencias Sociais.
  • Estatística Computacional.
  • Estatística Espacial.
  • Estatística Multivariante.
  • Estatística Oficial.
  • Extremos.
  • Fiabilidade e Risco.
  • Métodos Bayesianos.
  • Métodos Non Paramétricos.
  • Probabilidade e Procesos Estocásticos.
  • Series Temporais.
  • Mostraxe.

Máis información: https://spe2019.estg.ipp.pt

5.- Segunda circular da II Xornada de presentación de Software Libre para uso científico 25 de abril de 2019
Santiago de Compostela, España
Descrición: É un pracer poder convidarte a participar na II Xornada de presentación de Software Libre para uso científico, que terá lugar o próximo 25 de abril de 2019, na Aula Magna da Facultade de Matemáticas [1] da USC [2]. O obxectivo principal desta actividade é o de compartir coñecementos e experiencias arredor do Software Libre de uso Científico, así como presentar a versión 4.0 de BioStatFLOSS [3].
A xornada está organizada pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA) [4], e conta co apoio da AMTEGA [5] e da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
O acceso é libre, e a inscrición de balde, que pode realizarse na seguinte ligazón:
http://xornada.melisa.gal/#formulario
Vémonos o 25 de abril na Facultade de Matemáticas para falar de Software
[1] http://www.usc.es/es/centros/matematicas/
[2] http://www.usc.es
[3] https://www.sergas.es/Saude-publica/BioStatFLOSS
[4] http://www.melisa.gal/
[5] http://amtega.xunta.gal/

6.- Contratos para científicos de datos en InovaLabs (España)
Descrición: InovaLabs busca licenciados para o seu Laboratorio de Ciencia do datos, centrado en data analytics e intelixencia artificial.
Tarefas a realizar: Participación na execución de proxectos nos laboratorios de Innovación Aberta, Enerxía Limpa e Internet Industrial.
Requisitos:

  • Licenciatura ou Grao en Matemáticas, Enxeñaría Informática ou Telecomunicacións.
  • Posgrao ou mestrado en Data Analytics, inteligencia artificial ou similar.
  • Un ou dous anos de experiencia (excluídas prácticas).

Valorárase:

  • Experiencia na execución de proxectos: deseño e desenvolvemento de modelos matemáticos de simulación.
  • Experiencia en Phyton, R, Matlab, Simulink, C e C++, así como noutras ferramentas matemáticas e linguaxes de programación que poidan ser utilizados nos eidos de análise de datos.
  • Coñecementos de Aprendizaxe de máquina, DNNs para visión artificial, intelixencia artificial.
  • Coñecementos de inglés, outros idiomas.
  • Cursos de especialización nas temáticas mencionadas.
  • Capacidade de comunicación e interacción Calote clientes.
  • Capacidade de aprendizaxe.
  • Capacidade de integración en equipos multidisciplinares.

Máis información: http://inovalabs.es/es/buscamos-cientifics-datos/

7.- Postos interinos a tempo completo de Asistente de Investigación en Bioestatística e Epidemioloxía
Perfil: O Centro de Investigación Biomédica (CINBIO) ofrece postos interinos a tempo completo de Asistente de Investigación en Bioestatística e Epidemioloxía, para traballar no grupo de Bioestatística e Epidemioloxía en Vigo.
Período: De tres a cinco meses, entre o 1 de xuño e o 30 de outubro de 2019.
Convocatoria: información do procedemento de solicitude.
Prazo de solicitude: ata o 6 Maio 2019 (18:00h).
Salario: 1250 € brutos /mes (antes de impostos).
Máis información: http://cinbio.es/gl/oferta-emprego-cinbio-34-research-assistants-in-biostatistics-and-epidemiology/
https://euraxess.ec.europa.eu/jobs/401997
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/avisos/aviso/show/22470

8.- Posto de traballo na Universidad Carlos III
Equipo de traballo ofertante: Grupo de investigación do Instituto de Salud Carlos III, cunha traxectoria moi recoñecida na área de epidemioloxía e saúde pública, e máis concretamente nas áreas sociais da saúde e no estudo de problemas problemas de saúde ligados ao consumo de alcol ou drogas e comportamentos sexuais.
Funcións: Xestión de bases de datos e análises estatístico/epidemiolóxico.
Titulación: Valoraranse as habilidades demostrables para as funcións indicadas, aínda que sería preferible estar en posesión do título de graduado/a ou licenciado/ en:

  • Estatística, Matemáticas, Economía.
  • Tamén en Psicoloxía ou Socioloxía, SÓ se dispoñen dunha formación estatística complementaria, como mestrado en bioestatística ou en metodoloxía da investigación.

Características da relación laboral: Contrato en prácticas dun ano, renovable por outro máis.
Convocatoria oficial inmediata e incorporación en maio/xuño.
Requisitos para o contrato en prácticas:

  • Ningún empregado poderá estar contratado en prácticas na mesma ou distinta empresa por tempo superior a dous anos con respecto á mesma titulación.
  • Non poden transcorrer máis de 5 anos, ou de sete cando o contrato se concerte cun empregado con discapacidade, desde a terminación dos seus estudos.
    contrato non poderá exceder de 2 anos.

Enviar Curriculum vitae a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

9.- Procura de candidatos para contrato na modalidade Beatriz Galindo no grupo MODES da Universidade da Coruña (BEAGAL 18/00143)
Descrición: O grupo de modelización, optimización e inferencia estatística, MODES, da Universidade da Coruña, integrado no Centro Singular CITIC, está a procurar candidatos para un contrato Beatriz Galindo (BEAGAL 18/00143) para investigadores novos de currículo sobresaínte no eido de datos complexos e de alta dimensión (na área da estatística matemática) que involucrará tarefas de docencia, investigación e transferencia Requisitos:

  • Ter obtido o grao de doutor entre 2 e 7 anos despois do 24 de maio de 2019.
  • Ter traballado como docente, investigador ou coordinador de grupo (fora de España) en recoñecidas institucións de I+D+I durante 1 ano como mínimo despois de conseguir o seu grao de doutor. 

Contrato: O investigador seleccionado terá un contrato a tempo completo de 4 anos. O salario bruto ascenderá a 45.000 € por ano. A UDC proporcionará ao investigador seleccionado todo o preciso para que leve a cabo o seu traballo, garantindo á súa vez todos os dereitos correspondentes a empregados da súa mesma categoría.
A convocatoria oficial está dispoñible en:
https://www.udc.gal/gl/investigacion/convocatorias_udc/
Data límite: 23 de maio de 2019.
Solicitudes: Serán enviadas usando os formularios proporcionados polo servicio on-line do Ministerio de Educación: http://www.educacionyfp.gob.es/mecd/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/277089/ficha/277089-2018-fase2.HTML. As solicitudes redactaranse en inglés.
Máis información: Para máis información contáctese con Ricardo Cao (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.), coordinador do grupo MODES, ou con Ana Almécija (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.), asistente administrativa do grupo modes MODES, ou visite a páxina web http://dm.udc.es/modes/. Os candidatos interesados poden tamén visitar a páxina web do CITIC: https://citic-research.org/, o centro de investigación onde se integrará o investigador contratado.

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates