Novas da SGAPEIO, 28 de maio 2019

1.- XIV Congreso da SGAPEIO
24 de outubro de 2019-26 outubro de 2019
Vigo, España
Descrición: O Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo organiza, respondendo á petición da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO), o XIV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.
Invítase a tódolos colectivos a participar nestas xornadas e a que envíen os seus traballos, tanto teóricos coma aplicados, para a súa presentación durante o congreso, que terá lugar na Escola de Enxeñería Industrial (Sede Cidade) de Vigo do 24 ao 26 de outubro de 2019. Nesta edición, a programación oficial contará cunha sesión temática de Biometría, que será organizada pola SGAPEIO e a Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) dando continuidade aos Encontros Galaico-Portugueses organizados polas dúas sociedades desde o ano 2013. Esta colaboración ten como obxecto a promoción e divulgación da Estatística e I.O. en distintas áreas de aplicación, fomentando novas ideas e colaboracións de interese para as dúas comunidades.
Ademais, o programa ofrecerá actividades de carácter social e cultural, que esperamos que sexan do agrado dos asistentes.
Datas límite importantes:

  • Envío de traballos: 30 de Xuño
  • Inscrición reducida: 15 de Xullo

Máis información: http://sgapeio2019.webs.uvigo.es/

2.- Retraso na Publicación dos finalistas IX Concurso da Incubadora de Sondaxes e experimentos
Na semana do 27 de maio publicaránse os traballos finalistas do Finalistas VIII Concurso da Incubadora de Sondaxes e Experimentos, (a data prevista inicialmente era o 26.05.2019).

3.- 5º Edición do programa de formación continua “Estadística Aplicada con R”
Descrición: A Facultade de Ciencias da Universidade Autónoma de Madrid ( UAM), en colaboración cos Departamentos de Bioestadística de GEICAM e do Instituto IMDEA Alimentación, organiza a 5º Edición do programa de formación continua en “Estadística Aplicada con R” que se vai a impartir en Madrid en 2019 de forma presencial. O programa está composto por 8 módulos que poden ser cursados de forma independente. A destacar que este ano incorporamos 2 novos módulos, “Visualización Interactiva de Datos co paquete Shiny” e “ Deep Learning con R”, coa intención de ampliar a nosa oferta formativa.
Módulos e Datas 2019:

  • Introdución a R (Opción A): 12, 13 Setembro
  • Introdución a R (Opción B): 19, 20 Setembro
  • Métodos de Regresión e Análise Multivariante con R : 2, 3, 4 Outubro
  • Métodos de Regresión Avanzados Investigación en Ciencias Naturais con R : 15, 16, 17 Outubro
  • Estatística Aplicada á Investigación Biomédica con R : 28, 29, 30 Outubro
  • Modelos Mixtos / Xerárquicos / Multinivel con R : 5, 6, 7 Novembro
  • Visualización Interactiva de Datos co paquete Shiny : 12, 13 Novembro
  • Técnicas Estatísticas de Data Mining con R : 25, 26, 27, 28, 29 Novembro
  • Deep Learning con R : 11, 12 e 13 Decembro

Lugar: Todos os módulos impartiranse na Facultade de Ciencias da UAM.
Máis información: https://tinyurl.com/y5wjlpq9
Temario detallado: https://tinyurl.com/y5suhc94

4.- A Facultat de Matemàtiques i Estatística (UPC) organiza a XIII Summer School in Statistics
12 de xuño de 2019 – 7 de xullo de 2019
Barcelona, España
Descrición: A XIII Summer School consta de 11 cursos regulares que se imparten en inglés ou castelán, así como 2 cursos especiais. Os cursos regulares teñen unha duración de 15 horas e inclúen clases teóricas e prácticas. Algúns dos cursos regulares están relacionados co deep/machine learning e a análise de Big Data. Un dos cursos especiais consiste na participación nun Hackaton para enfermidades raras nun grupo multidisciplinar (é un evento sen ánimo de lucro). O segundo curso consiste, despois dalgunhas sesións introdutorias, na participación na reunión de primavera da International Statistical Engineering Association, que este ano vira en torno ao concepto de Enxeñería Estatística. A inscrición xa está aberta na ligazón https://mesioupcub.masters.upc.edu/en/xiii-summer-school-2019/xiii-summer-school-2019, onde tamén se pode atopar información adicional sobre os cursos.
Para máis información, contactar a través de Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

5.- Escuela Latinoamericana de Verano en Investigación Operativa (Operations Research Summer School for Young Latin American Scholars), ELAVIO 2019
1 de xullo de 2019 – 5 de xullo de 2019
Lleida, España
Descrición: A primeira edición de ELAVIO tivo lugar en Chile en 1994. Desde entón, a Escola organizouse cada verán co obxecto de promover educación en investigación de operacións entre os estudantes (PhD e mestrado) e investigadores. O propósito de ELAVIO é estimular o desenvolvemento de novas redes de colaboración e animar a implicación dos xoves na IO a través de conferencias en cursos. Os participantes tamén teñen a oportunidade de presentar os seus propios traballos. É de salientar o forte senso de camaradería establecido entre os participantes ao longo de todas as edicións desta Escola, facilitando un grande número de contactos enriquecedores entre investigadores e grupos de diferentes paísese.
Na ELAVIO XXIII 2019, que terá lugar na Universitat de Lleida, Lleida, España, do 1 ao 5 de xullo, abordaranse os seguintes temas:

  • Optimización combinatoria, programación linear, non linear e enteira.
  • Teoría de xogos.
  • Metaheurística e as súas aplicacións.
  • Simulación discreta, continua e “agent based”, procesos estocásticos e modelos probabilísticos. 5. Administración de cadeas de suministro e optimización.
  • Aplicacións da investigación de operación a para a solución de problemas prácticos en áreas como a sustentabilidade, saúde, loxística, deportes, industria agraria, enxeñaría, telecomunicacións, finanzas e produción, e Big Data.

Máis información: http://www.eco.unc.edu.ar/files/internacionales/Elavio_2019.pdf, Lluís M. Plà Aragonès Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

6.- Taller sobre os servicios de Eurostat de 3 horas
10 de xuño de 2019
Santiago de Compostela, España
Obxectivo: O obxectivo da formación é incrementar a visibilidade dos datos e servizos ofrecidos por Eurostat. Para iso, a empresa Sogeti Luxembourg, encargada de deseñar e levar a cabo a estratexia de difusión en España dos datos e servizos dispoñibles en Eurostat, ofrece seminarios introductorios e gratuítos en entidades colaboradoras para dar a coñecer o portal da Oficina Estatística da Unión Europea. Este taller aborda tanto o acceso aos datos (localización e extracción) así como as ferramentas e outros servizos dispoñibles na páxina web de Eurostat. Para levar a cabo a formación, necesitamos unicamente a colaboración da súa institución para xestionar:

  • A comunicación do evento así como a inscrición dos interesados.
  • Unha aula con capacidade suficiente para todos os participantes inscritos, con computadores, conexión a Internet e proxector. 

Duración do curso: A duración do curso adoita ser de aproximadamente 2-3 horas.
Normalmente o curso consiste nunha hora de presentación, unha pequena pausa e unha hora e media de sesión práctica, ademais dunha rolda de preguntas.
Público obxectivo: Para participar nesta actividade non se require coñecemento previo en estatística ou métodos cuantitativos. Convídase a profesionais e todos aqueles interesados en estatísticas europeas a asistir a este taller introdutorio, deseñado para unha audiencia non experta. Con todo, si é aconsellable que o nivel de coñecemento dos participantes sobre o uso da base de datos de Eurostat sexa parecido.
Estrutura do curso: A primeira parte da sesión céntrase na presentación da función de Eurostat, as súas principais actividades, os diferentes temas estatísticos, bases de datos e ferramentas de extracción de datos dispoñibles na páxina web de Eurostat. A segunda parte é máis práctica e involucra aos participantes nunha serie de actividades relacionadas coa extracción de datos. Os participantes poden traballar individualmente nos seus propios computadores portátiles e/ou en grupos compartindo un computador. Durante este tempo o formador axudará aos participantes coas tarefas asignadas. Poderá asistirse por videoconferencia desde as universidades de Vigo e Coruña.
Programa

  • Eurostat e os seus roles
  • Estatísticas
    • Extracción
    • Difusión
  • Outros aspectos e servizos importantes
    • Metadatos
    • Clasificacións
    • Microdatos
  • Publicacións e programas de visualización de datos
  • Axuda do usuario
  • Sesión práctica:
    • Como personalizar as diferentes bases de datos
    • Extracción de datos nos distintos formatos
  • Comercio Internacional - EASY COMEXT Database
    • Como utilizar o COMEXT

Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Data límite de inscrición: 3 de xuño.

7.- Xornada de Primavera da SoCE L’estadística de les Coses (#DataScienceSoCE)
Descrición: A Xornada de Primavera da SoCE L’estadística de les Coses
(#DataScienceSoCE) terá lugar o 5 de xuño de 2019 no salón de actos da Escola Tècnica Superior d’Arquitectura de Barcelona (ETSAB), Avinguda Diagonal, 649, 08028 Barcelona.

Programa:

  • 09:30-09:45 Benvida Dr. Jaume Franch, Dra. Rosa Lamarca
  • 09:45-10:00 Introducción aos ponentes Dr. Ernest Pons
  • 10:00-10:30 Aspectos éticos do internet das cousas, a intelixencia artificial e a robótica, Dra. Carme Torras, Institut de Robòtica CSIC-UPC
  • 10:30-11:00 O internet das cousas, big data & programas de fidelización, Cristina GINER, Data CRM Consultant
  • 11:00-11:30 Pausa café
  • 11:30-12:00 Iot4 Health: Uncertainty Prediction for Personalized Health, Dra. Débora Gil, Dept. de Ciències de la Computació i Intel·ligència Artificial, UAB
  • 12:00-12:30 Analítica en tempo real: o modelo de “Data Streams” Dr. Ricard Gavaldà, Dept. de Ciències de Computació, UPC
  • 12:30-13:30 Táboa Redonda de todos os conferenciantes da Jornada L’Estadística de les Coses. Moderadores: Dr. Ernest Pons, Dra. Carme Torras, Cristina GINER, Dra. Débora Gil, Dr. Ricard Gavaldà
  • 13:30–13:45 Conclusión Dra. Marta Pérez, Universitat Politècnica de Catalunya

Inscricións ata o 3 de xuño (gratuítas) no seguinte formulario:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe9WD8ZvJPPlrGvLhqlFzow2BNRimttMHcDrMza2Kis1lF2Sg/viewform

8.- Curso de análise de datos en investigación cualitativa
Descrición: Organiza o Centro de Estudos Andaluces e Escola Andaluza de Saúde Pública. Esta actividade deberase financiar individualmente, non admite matrículas con cargo a cotas de prazas reservadas polo Organismo.
Dirixido a: Profesionais, investigadores e alumnado de mestrado ou doutoramento interesados na análise de datos cualitativos aplicado á planificación, avaliación e investigación sanitaria e en Ciencias Sociais.
Obxectivos:

  • Aplicar os métodos de análises de contido, análise do discurso e teoría en estudos de investigación cualitativa en Ciencias Sociais e da Saúde.
  • Tratar e analizar a información xerada desde internet nos ámbitos de Saúde Pública, Xestión Sanitaria e Ciencias Sociais, especialmente dentro das redes sociais de comunicación e fontes bibliográficas.
  • Tratar e analizar a información recollida mediante técnicas cualitativas (entrevistas, grupos focais, técnicas de consenso de expertos, etc.) en formato texto e audiovisual (vídeo, audio, imaxe).
  • Xerar informes de resultados de investigación cualitativa en base ás fontes utilizadas e o método de análise elixida.

Data límite para a inscrición: 17 de xuño de 2019
Data de realización: 24 ao 26 de xuño de 2019
Coordinación: Sandra Pinzón Puído
Matrícula: 150 €
Máis información: http://www.easp.es/cursos/?idCurso=312901NA19#C

9.- Congreso XoveTIC
5 de setembro de 2019 - 6 de setembro de 2019
Santiago de Compostela, España
Descrición: Informámosvos que os días 5 e 6 de setembro terá lugar o II Congreso XoveTIC. Este congreso, organizado polo CITIC e de inscrición gratuíta, está destinado a mozos investigadores (predoutorais e posdoutorais) de universidades galegas e do norte de Portugal que presentarán comunicacións orais ou pósteres das súas investigacións no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC). O obxectivo é construír un espazo de encontro para o debate científico e contribuír así á súa formación. Este ano, o Congreso XoveTIC está integrado na 27ª Conferencia Europea de Procesamento de Sinais, EUSIPCO 2019, que contará con relatores, investigadores e persoeiros pertencentes ao ámbito da industria de relevancia internacional. As contribucións ao congreso poderán ser orixinais ou traballos adaptados xa presentados noutros foros. Todos aqueles traballos que se acepten serán publicados nun libro de actas. Ademáis, haberá premios destinados a recoñeceren a calidade, a excelencia e a orixinalidade das comunicacións.
Máis información relativa a este congreso en: https://xovetic.citic.udc.es/

10.- Contratos na modalidade Visiting Assistant Professor (Contratado Interino) no Departamento de Estadística da Universidad Carlos III de Madrid
Descrición: O Departamento de Estadística da Universidad Carlos III de Madrid (UC3M) oferta dous contratos de Visiting Assistant Professor (non-tenure-track). As súas funcións serán a docencia en estatística e cursos relacionados, tanto en inglés coma en español, ademais de contribuír ás liñas de investigación do Departamento. O contrato dará comezo o 1 de setembro de 2019 e rematará o 15 de xuño de 2020.
Avaliarase especialmente o currículo investigador dos candidatos, tanto a súa calidade como o seu axuste ás liás de investigación do Departamento. O Comité de Selección de Ciencias Sociais, que xestionará o proceso, estará composto por: Beatriz García Osma (Presidente), Raquel Carrasco Perea (Secretaria), Paloma Aguilar Fernández (membro), José Niño Mora (Director do Departamento), e representantes dos empregados da universidade.
Os candidatos deberán posuír o título de doutor no momento do comezo do contrato, como tamén experiencia nos eidos da Econometría, Investigación de Operacións, Probabilidade e Estatística.
O contrato é por un ano, anualmente renovable ata un máximo de tres anos.
Salario anual: 23,268 euros.
Data límite de envío de solicitudes: 15 de xuño de 2019.
Máis información: http://www.uc3m.es/departamento.estadistica
Os solicitantes deberán ter permiso previo para traballar en España. As solicitudes se enviarán á dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.:

  • Declaración de interese, incluíndo os obxectivos de investigación e ensino que se deberían alcanzar no contrato.
  • Currículum vitae.
  • Dúas cartas de recomendación enviadas polos propios autores ao enderezo de correo electrónico anterior.

11.- Convocatoria prazas de profesor axudante doutor na USC
Descrición: Convocatoria prazas de profesor axudante doutor, Concurso 1001 a 1082/19-20, prazas de profesor axudante doutor nas áreas de Análise Matemática e Estatística e Investigación Operativa
Publicado por: Servizo de Planificación de PDI
Data de Resolución Reitoral/DOG/BOE: 08.05.2019
Data de publicación de Resolución Reitoral/DOG/BOE: 16.05.2019
Data límite de entrega de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes remata o 03.06.2019, ás 23:59 horas
Máis información:
http://www.usc.es/gl/servizos/profesorado/modules/convocatorias_recentes/convocatoria_0012.html

12.- Contrato de pre-doutoramento na Universitat Autònoma de Barcelona (España)
Descrición: Se ofertan 3 anos de formación para desenvolver metodoloxía estatística aplicada á Biodosimetría, no Programa de Doutoramento en Matemáticas na Universitat Autònoma de Barcelona (UAB). O contrato se enmarcará nun proxecto interdisciplinar entre a UAV e o Institut de Radioprotection et de Sûreté Nucléaire (IRSN). A persoa seleccionada pasará a metado do tempo do contranto en cada unha das mencionadas institucións, de feito será un plan de doutoramento con mención internacional.
Contactos: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

13.- Oferta de emprego para un responsable de bioestatística na Clinipace Clinical Research
Descrición: Clinipace é unha organización de servizos clínicos globais (CRO) para empresas relacionadas coa industria farmacéutica, a biotecnoloxía e a instrumentación médica.
Localización: Madrid (no ámbito rexional, “home-based”)
Descrición do posto: Proporcionar todos os servizos de bioestatística necesarios para satisfacer os requisitos de todos os clientes de Clinipace, incluíndo servizos completos, bioinformática e outros estudos tipo.
Funcións e responsabilidades de traballo:
Espérase que un responsable da área de bioestatística sexa un exitoso bioestatístico sénior que leve a cabo e lidere un traballo de calidade cuxo obxectivo sexa a excelencia nos seguintes aspectos:

  • Comunicacións escritas e orais de calidade.
  • Experiencia en métodos de análise estatística máis complexos que non son ben coñecidos por todos os bioestatísticos.
  • Experiencia nas áreas médicas.
  • Establecer unha relación de alto nivel a longo prazo con patrocinadores de Clinipace.
  • Traballos de alta calidade e reputación de coñecementos estatísticos.
  • En xeral, espérase que os bioestatísticos contribúan fundamentalmente en áreas facturables.

Máis información: https://www.clinipace.com/current-openings/

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates