Novas da SGAPEIO, 15 de xullo 2019

1.- XIV Congreso da SGAPEIO
24 de outubro de 2019-26 outubro de 2019
Vigo, España
Descrición: Desde o 24 ao 26 de outubro de 2019, celebrarase en Vigo o XIV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións. O congreso, organizado polo Departamento de Estatística e Investigación de Operacións da Universidade de Vigo en colaboración coa Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO), forma parte dos congresos bianuais promovidos por esta sociedade. O congreso terá lugar na Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo (sede cidade).
Nesta ocasión, queremos informar da ampliación do prazo para o envío de traballos e de inscrición con cota súper reducida ata o 31 de xullo.
Continuando coa información científica programada para o congreso, anunciamos a organización dos seguintes talleres formativos:

  • Taller 1: Minería de datos con R. Taller a distancia do 1 ao 25 de outubro, celebrándose de maneira presencial o sábado 26 de outubro a última sesión do mesmo. Impartido por María del Carmen Iglesias Pérez, Ricardo Luaces Pazos e Antonio Vaamonde Liste, da Universidade de Vigo.
  • Taller 2: Elaboración de gráficos con R. Taller presencial cunha única sesión o sábado 26 de outubro. Impartido por Javier Tarrío Saavedra, Universidade da Coruña.

O contido teórico-práctico de ambos os talleres pode ser consultado a través da web do congreso http://sgapeio2019.webs.uvigo.es/, onde se informará entre outras cousas do procedemento, contía e prazos de inscrición.
Proximamente iremos informando do resto de actividades a celebrar no XIV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións. A información relativa ao congreso irase actualizando na páxina da internet http://sgapeio2019.webs.uvigo.es/
Esperamos a vosa participación.

2.- Gañadores Fase Galega do IX Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
O día 18 de xuño, na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, coa presenza da conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, da vicerreitora de Titulacións da USC, María Victoria Otero Espinar, da decana da Facultade de Matemáticas, Elena Vázquez Cendón, do subdirector de Produción Estatística do IGE, Manuel Mateo Díaz, da secretaria xeral da SGAPEIO, María José Ginzo Villamayor, e da presidenta do xurado do certame, Covadonga Rodríguez-Moldes Rey, tivo lugar a culminación da fase galega do concurso de Sondaxes e Experimentos cos seguintes resultados:

  • Gañadores
    • Categoría 1º e 2º da ESO: COCHES VS CO2. IES Agra do Orzán (A Coruña).
    • Categoría 3º e 4º da ESO: PERFILANDO O RISCO. IES Cacheiras (Teo) e IES de Ribeira (Ribeira).
  • Finalistas
    • Categoría 1º e 2º da ESO: 21 DIAS CO GALEGO E +, ¿FUNCIONOU NO IES PONTEPEDRIÑA? IES Pontepedriña (Santiago de Compostela).
    • Categoría 3º e 4º da ESO: O EFECTO ROCK AND ROLL. CPI San Vicente (A Baña).
    • Categoría 3º e 4º da ESO: O DEBATE DO X. IES Anxel Fole (Lugo).

Desde a SGAPEIO queremos agradecer a todos os alumnos e tutores a súa inestimable participación, a calidade dos traballos presentados, a súa contaxiosa ilusión e fantástica actitude.
Notas de prensa:
https://www.noticiasvigo.es/carmen-pomar-salienta-a-paridade-entre-os-finalistas-do-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos-para-fomentar-a-colaboracion-entre-o-alumnado/
https://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/premios-do-ix-concurso-incubadora-sondaxes/idEdicion-2019-06-19/idNoticia-1189524/
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2019/06/19/premios-centros-area-santiago-concurso-incubadora-experimentos/0003_201906S19C4995.htm
https://www.sgapeio.es/index.php/listado-novas/3253-ganadores-do-concurso-ix-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos

3.- Gañadores Fase Nacional do IX Concurso Incubadora de Sondeos y Experimentos
Durante os últimos anos en diferentes puntos de España puxéronse en marcha diversos concursos de ámbito autonómico con características similares e que poderían agruparse baixo a etiqueta de “Incubadora de Sondaxes e Experimentos”. Estes concursos están dirixidos a estudantes de ensino secundario obrigatorio, bacharelato e ciclos formativos, que participan presentando un traballo de estatística. O obxectivo principal destas iniciativas é espertar nos estudantes a curiosidade pola estatística como ferramenta fundamental na investigación, tanto en ciencias experimentais como en ciencias sociais.
A Sociedade de Estatística e Investigación Operativa (SEIO) foi co-organizadora da IX Fase Nacional do Concurso, en colaboración coa Universidade Pública de Navarra, a Universidade de Navarra, o Instituto de Estatística de Navarra e o Goberno Navarro, sendo a súa sede Pamplona (entre o 2 e o 4 de xullo), e na que participaron os gañadores das comunidades autónomas de Andalucía, Aragón, Asturias, Cantabria, Castela a Mancha, Cataluña-Baleares, Estremadura, Galicia, A Rioxa, Madrid, Navarra e País Vasco.
O 3 de xullo de 2019 deuse a coñecer o fallo do tribunal, sendo os seguinte:

  • Categoría 1º e 2º da ESO: VIAJAR ES LO ÚNICO QUE COMPRAS Y TE HACE MÁS RICO. Escola Pia Sarrià Calassanç (Barcelona, Cataluña).
  • Categoría 3º e 4º da ESO: ¿CUIDAMOS NUESTRA SALUD CEREBRAL? Colegio María Auxiliadora (Écija, Sevilla).
  • Categoría 1º e 2º de Bacharelato: DETECTIVES CLIMÁTICOS. IES Virgen de Soterraño (Barcarrota, Extremadura).

O concurso foi, en todo momento, un evento enriquecedor, unha oportunidade extraordinaria para a aprendizaxe e a convivencia entre rapaces, tutores e representantes das diversas comunidades autónomas. Desde a SGAPEIO agradecemos vivamente a participación dos representantes galegos, a calidade das súas presentacións, rigor, orixinalidade e actitude, que deixou fonda pegada no concurso.
Máis información:
http://www.seio.es/Incubadora/II-Fase-Nacional-del-Concurso-Tipo-Incubadora-de-Sondeos-y-Experimentos-4.html

4.- Curso Análise e visualización de datos sanitarios
Datas previstas: Granada, 2, 3 e 4 de outubro de 2019.
Coordinación: Carmen Sánchez-Cantalejo Garrido.
Horas Totais: 20 Modalidade Presencial.
Código: 311501.
Data límite para a inscrición: 23/08/02019.
Matrícula: 170 €.
Preinscrición: ONLINE.
Dirixido a: Profesionais sanitarios relacionados coa xestión e análise estatístico de bases de datos interesados en profundar nos seus coñecementos sobre manipulación de ficheiros e análises gráfico interactivo.
Requisitos: Dispoñibilidade para asistir a todas as sesións.
Obxectivo Xeral: Introducir aos asistentes nas bases fundamentais da xestión de bases de datos e na análise estatística, tanto numérico como gráfico.
Obxectivos Específicos: Ao finalizar o curso os alumnos estarán capacitados para:

  • Importar e exportar bases de datos desde e en calquera formato.
  • Manipular bases de datos: seleccionar tanto individuos como variables, ordenar, fusionar, recodificar, calcular, etc.
  • Construír táboas, gráficos, mapas e coñecer a forma de mostrar os resultados mediante unha aplicación web.

Contidos:

  • Introdución ás ferramentas para a análise de bases de datos sanitarios.
  • Características principais das bases de datos sanitarios. Importación, exportación e manipulación de ficheiros. Funcións máis utilizadas na análise estatística básica.
  • Gráficos avanzados e elaboración de mapas en epidemioloxía e investigación sanitaria. Visualización de resultados mediante aplicacións web.

Metodoloxía
Esta actividade formativa é de carácter presencial e está orientada á práctica, polo que as explicacións teóricas combinaranse cos casos prácticos.
Para a obtención do certificado é obrigatoria a asistencia polo menos ao 90% das horas presenciais do curso e a realización dos traballos prácticos na aula.
Máis información: https://www.easp.es/cursos/?idCurso=311501NA19

5.- Modelos do deep learning para a análise de datos ómicos con keras para R
Tipo de curso: Certificado de Extensión (Título Universitat Barcelona).
Número de créditos: 3.
Duración en anos académicos: 1.
Modalidade: Presencial.
Centro impulsor: Facultade de Bioloxía.
Importe da matrícula: 125 €.
Datas da docencia: 9, 10, 11, 12 e 13 de setembro, de 16 a 20 h.
Obxectivos: Saber aplicar modelos básicos do deep learning a partir dunha implementación baseada en Kera para a análise de datos ómicos.
Destinatarios: Graduados, licenciados ou profesionais que queiran analizar datos con modelos de deep learning.
Requisitos de acceso: nivel básico de estatística e da linguaxe R.
Institución ou contacto: Facultat de Biologia e Departament d'Estatística.
Dirección: Av. Diagonal, 643 Aulari - segona planta 08028 Barcelona.
Dirección electrónica: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Páxina web:
https://www.ub.edu/web/ub/es/estudis/oferta_formativa/extensions/fitxa/M/201811565/index.html
Teléfono: 934021560.
Fax: 934020946.

6.- Curso Joint Modelling of Longitudinal and Survival Data
Descrición: O Instituto de Saúde Pública da Universidade do Porto (ISPUP) está a organizar o workshop que ten por título "Joint Modelling of Lonxitudinal and Survival Data", a realizar de 9 a 12 de setembro, no ISPUP. O curso pretende facer unha introdución á modelización conxunta de datos lonxitudinais e de supervivencia, explicando a súa relevancia para a investigación en ciencias da saúde. Este curso está orientado aos investigadores, estudantes de mestrado e doutoramento nos eidos da estatística, matemáticas, medicina, saúde ou outras áreas relacionadas.
Para máis información sobre o curso e a respetiva taxa de inscrición, consulte, por favor, o seguinte link: http://ispup.up.pt/academics/short-courses/next/578/

7.- VI Xornada de Usuarios de R en Galicia
10 de outubro de 2019
Santiago de Compostela, España
Descrición: A VI Xornada de Usuarios de R en Galicia terá lugar na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, o día 10 de outubro de 2019. Organizada pola Oficina de Software Libre do CIXUG, e patrocinada pola AMTEGA (Xunta de Galicia), incluirá relatorios e talleres co obxectivo de promocionar o coñecemento da linguaxe estatística R e as súas aplicacións, así como proporcionar un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións do resto da comunidade.
Envío de traballos: Se queres presentar unha charla sobre algún tema que che interese ou organizar un taller, tes toda a información no apartado call for papers. Se prefires enviarnos calquera outra suxestión tamén podes contactar con nós a través do formulario de contacto. Inscrición: A inscrición é de balde, e de libre acceso.
Seguimento: Para aquelas persoas que non poidan asistir o día da xornada, esta retransmitirase en directo a través desta páxina web, e con posterioridade subiranse os vídeos á canle de YouTube das xornadas.
Esta iniciativa enmárcase no convenio de colaboración asinado entre a Amtega e o CIXUG para a realización de actividades de fomento do software libre en Galicia.
Máis información en: https://www.r-users.gal/

8.- Conferencia “Datos e matemáticas. Os propulsores das compañías data driven” na 1t Conference on Transfer between Mathematichs & Industry (CTMI 2019)
22 de xullo de 2019 – 24 de xullo de 2019
Santiago de Compostela, España
Descrición: Entre os días 22 e 24 de xullo celebrarase en Santiago de Compostela a 1 st Conference on Transfer between Mathematichs & Industry ( CTMI 2019), congreso organizado de forma conxunta entre o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) e a Rede Española Matemática - Industria (math- in). Con motivo do CTMI 2019, organizouse a seguinte conferencia externa de divulgación aberta á sociedade en xeral: “Datos e matemáticas. Os propulsores das compañías data driven” da man de Antonio Pita, Global Head of Consulting & Analytics en LUCA, a Unidade de Datos de Telefónica en España.
Esta charla terá lugar o martes 23 de xullo de 20:00 a 21:00 h no auditorio Abanca (rúa Preguntoiro) en Santiago de Compostela. Versará sobre o valor do dato para as empresas, considerado un activo estratéxico das compañías que están a realizar a súa transformación dixital. Tedes máis información na ligazón
http://www.itmati.com/ctmi2019/dissemination-event
A asistencia a este evento é completamente gratuíta.

9.- Workshop Statistics and Innovation for Industry 4.0
20 de febreiro de 2020 – 21 de febreiro de 2020
Florencia, Italia
Descrición: O StEering 2010 é un acontecemento centrado na Estatística e Enxeñaría, especificamente o tema é Teoría, Métodos e Aplicacións para Industria 4.0. Terá lugar en Florencia, Italia, entre o 20 e o 21 de febreiro de 2020, no Dipartimento di Statistica, Informatica, Applicazioni 'Giuseppe Parenti'. O workshop, organizado polo centro de investigación interuniversitario StEering (www.steering.academy), estará articulado en diversas Sesións Especiais, cada unha relacionada cos principais temas do congreso. Os relatores internacionais compartirán o seu coñecemento e estudos de innovación no campo de estatística, enxeñaría, administración e tecnoloxía para un mundo global e sustentábel. As presentacións efectuadas por membros do sector industrial, que ilustrarán aplicacións da estatística en eidos tecnolóxicos particularmente esixentes e complexos, de seguro dará lugar ao debate e á proposta de posibles solucións de innovación desde a perspectiva da Industria 4.0. Tamén se dará a oportunidade de que as persoas interesadas, sexa da industria ou academia, presenten os seu traballos en formato póster.
Data límite de presentación de resumos: 15 de xaneiro de 2020.
Máis información: http://www.steering.academy/WS2020/index.html

10.- Praza a tempo completo de Profesor Contratado Interino de Substitución na Universidade da Coruña
Descrición: Con data do 3 de xullo de 2019, convocouse a praza de profesorado Contratado Interino de Substitución a tempo completo, referencia número 19/7022, na área de Estatística e Investigación Operativa, con docencia na Facultade de Humanidades do Campus de Esteiro (Ferrol), na UDC. A praza inclúe docencia de estatística a nivel de primeiro nos novos graos de Xestión Industrial da Moda e Xestión Dixital da Información.
Parte da docencia levarase a cabo en inglés.
O prazo de solicitudes é de 10 días laborables a partir da publicación da convocatoria.
Máis información: https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2019/005536

11.- Postos vacantes no Centro Vasco de Matemática Aplicada - BCAM
Técnicos de investigación:
Estamos a buscar 3 técnicos de investigación en Aprendizaxe Automática para unirse á nosa Unidade de Transferencia de Coñecementos. Os candidatos colaborarán en proxectos de transferencia de coñecemento coa industria e entidades de investigación. Deben ter unha Mestría en Estatística, Informática ou un campo estreitamente relacionado, ademais de unha sólida formación en Estatística e Matemáticas:

  • Optimización para a xestión da enerxía eléctrica.
  • Detección temperá de anomalías en series de tempo.
  • Programación científica.

Data límite: 20 de agosto de 2019 (14:00 CET).
Bolsas de postdoutoramento:
Ofértanse 5 postos de postdoutoramento para que investigadores prometedores se unan aos nosos grupos de investigación e traballen nos seguintes temas:

  • Estatística aplicada.
  • Modelado CFD da interacción da estrutura do leito mariño con aplicación a sistemas de amarre en alta mar.
  • Modelado de dinámica de fluídos a múltiples escalas do transporte celular e a adhesión mediante métodos de partículas.
  • Aprendizaxe automática: inferencia secuencial para series de tempo.
  • Aprendizaxe automática: preference learning.

Data límite: 20 de agosto de 2019 (14:00 CET).
Outras convocatorias abertas:
BCAM é unha institución de acollida elexible para o programa de bolsas individuais Marie Skłodowska-Curie. Se desexa postularse para un posto no BCAM, escriba un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes do 1 de setembro co tema "Bolsas individuais Marie Skłodowska-Curie 2019".
Tamén somos unha institución elixible de acollida para a convocatoria de líderes de grupos de investigación que o Ikerbasque lanzou para reforzar a investigación e a carreira científica no País Vasco. Se desexa solicitar un dos 10 postos permanentes que se están a ofrecer, escriba un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes do 16 de agosto co tema "Líderes de grupo Ikb 2019".
Máis información: http://www.bcamath.org/es/

12.- Contrato de investigador/a no grupo GEN da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense
O grupo de investigación GEN, da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense, oferta un contrato de investigador/a para realizar tarefas de apoio ao subproxecto “Optimizar os indicadores de circularidade económica mediante a inclusión de factores correctores que non penalicen ao sector agroalimentario da provincia de Ourense” no marco dos proxectos INOU 2019.
Requisitos:

  • Grao en Económicas, Empresariais, titulacións vinculadas ás ciencias ambientais ou enxeñerías.
  • Valorarase ter realizado un Mestrado relacionado cos obxectivos do proxecto (e.g., Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental, Xestión do Desenvolvemento Sostible, etc.).
  • Experiencia en traballos de investigación (e.g. proxectos europeos, estatais, etc.).
  • Valorarase preferentemente candidatos en posesión do título de doutor, aínda que non ten carácter excluínte.

Características do contrato:

  • Modalidade de contrato: xornada a tempo parcial (30 horas semanais).
  • Retribución: 1500€ brutos mensuais (para 30h semanais).
  • Duración total do contrato: 2 meses, 240 horas (dende o 1 de setembro ao 30 de outubro).

Procedemento de solicitude: Envío de documentación, CV e xustificantes acreditativos dos méritos, antes das 14:00 horas do 1 de xullo de 2019 ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co asunto “Contrato investigador INOU 2019”.
Procedemento de selección: A selección será levada a cabo por unha comisión formada por membros do grupo de investigación GEN atendendo a:

  • Cumprimento dos requisitos.
  • Experiencia e capacidades.
  • Outros méritos relacionados.
  • Entrevista persoal (en caso de ser necesario).


Resolución prevista do procedemento: 12 de xullo de 2019.
Máis información: http://infogen.webs.uvigo.es/

13.- XVII Concurso STUDENT de Estatística Aplicada
Descrición: O Servei d'Estatística Aplicada da Universitat Autònoma de Barcelona ten o pracer de anunciarvos a próxima edición do XVII Concurso STUDENT de Estatística Aplicada.
Mediante este concurso, o Servei d'Estatística Aplicada e o Institut d'Estatística de Catalunya queren potenciar o espírito investigador e o gusto pola Estatística Aplicada entre os estudantes das diferentes universidades do Estado español, así como dar a coñecer o papel destacado da Estatística na obtención de novos coñecementos tanto á comunidade universitaria como á sociedade en xeral.
Os aspirantes deberán afrontar a análise dun conxunto de datos, enmarcado nun problema real, para o cal terán que propoñer unha solución. A base de datos así como o contido do traballo deberán ser inéditos e de temática libre.
Poderán optar ao concurso todos os estudantes de grao ou de máster que estean matriculados este curso académico 2018-19 en calquera universidade do Estado español.
Outorgaranse tres premios:

  • Premio Idescat ao mellor traballo de máster: dotación económica de 500 €.
  • Premio SEXA ao mellor traballo de grao: dotación económica de 500 €.
  • Premio Almirall ao mellor traballo en bioestadística: dotación económica de 500 €.

Todos os gañadores terán durante un ano a cota gratuíta de socio/á a Societat Catalá d'Estatística.
Data límite para enviar os traballos: 10 de setembro de 2019.
Entrega de premios: Dia de l'Estatística a Catalunya (4 de outubro de 2019).
Máis información: http://sct.uab.cat/estadistica/es/content/concurso-student-de-estad%C3%ADstica-aplicada

2019  SGAPEIO   globbers joomla templates