Novas da SGAPEIO, 1 de outubro 2019

1.- XIV Congreso da SGAPEIO
24 de outubro de 2019-26 outubro de 2019
Vigo, España
Descrición: Desde o 24 ao 26 de outubro de 2019, celebrarase en Vigo o XIV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións. O congreso, organizado polo Departamento de Estatística e Investigación de Operacións da Universidade de Vigo en colaboración coa Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO), forma parte dos congresos bianuais promovidos por esta sociedade. O congreso terá lugar na Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo (sede cidade).
Informamos que aínda está aberto o prazo de inscrición, animando a todos os interesados a participar deste especial evento. A información relativa ao congreso irase actualizando na páxina da internet http://sgapeio2019.webs.uvigo.es/

2.- Escola de inverno da rede HEUR
6 de novembro de 2019-8 de novembro de 2019
Móstoles, España
Descrición: A segunda edición da ESCOLA DE INVERNO DA REDE HEUR celebrarase os días 6-7-8 de Novembro na Universidade Rey Juan Carlos (Campus de Móstoles, Madrid). Seguiremos o mesmo deseño que na primeira edición, con dous tipos de actividades. En primeiro lugar, os seguintes titoriais:

  • Métodos de Contorna Variable (Abraham Duarte, Univ. Rey Juan Carlos).
  • Mateheurísticos (Francisco Parreño, Univ. Castilla-La Mancha).
  • Historia dos Metaheurísticos ( Kenneth Sörensen, Univ. Antwerpen - Bélxica).
  • Aplicacións Comerciais da Procura Local Iterada (Helena Ramalhinho, Univ. Pompeu Fabra).

O segundo tipo de actividade consistirá nos Talleres Formativos, onde os estudantes expoñerán os seus problemas para discutilos conxuntamente. As actividades comezarán o mércores, día 6 pola tarde (deixando así a mañá para chegar a Madrid), e finalizarán o venres 8 ao mediodía. Esta é unha chamada á participación para convidar a todos os estudantes que estean a traballar nun problema de optimización a vir expoñer os seus traballos e recibir recomendacións dun panel de expertos que estará encabezado polo profesor Marc Sevaux (Univ. Bretagne Sud - Francia) e contará con moitos dos coordinadores dos nodos da rede como na primeira edición.
A rede conta con financiamento para axudar aos estudantes na súa estancia en Madrid, pagando o hotel as noites do 6 e o 7. Os interesados escribide un correo ao coordinador (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) cos seguintes datos: nome completo, número de DNI, universidade e título da charla. A idea é que que os gastos de desprazamento sexan sufragados polas institucións de orixe dos solicitantes, namentres que as axudas deste evento incluirían o aloxamento.
Máis información: http://heuristicas.seio.es/escuelas.html

3.- Curso Estatística con "R" para Investigadores
Descrición: Está aberta ata o 5 de outubro a inscrición na novena edición do Curso de Formación da Universidade de Vigo Estatística con "R" para Investigadores, de carácter totalmente non presencial, que se impartirá desde a plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo (Faitic) do 10 de outubro ao 9 de novembro de 2019.
O curso utiliza o programa estatístico "R", totalmente gratuíto e accesible, que ten unha potencia de análise moi superior á de calquera outro programa estatístico. O curso pretende ensinar a utilizar "R" para o tratamento estatístico avanzado de datos a todos aqueles investigadores (doctorandos, profesores, técnicos, etc.) que puidesen necesitalo. Para os alumnos da Universidade de Vigo este curso equivale a 2 créditos de libre elección.
Contidos: Inclúe unha breve introdución ao programa R e as técnicas estatísticas de análise multivariante máis utilizadas na investigación científica, con datos e exemplos paso a paso, alcanzables para usuarios da Estatística non expertos. É eminentemente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual mediante secuenciación das unidades didácticas a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo. O alumno pode elixir o día e hora de acceso aos materiais docentes, debendo unicamente cumprir cos prazos máximos de envío de informes de prácticas e cuestionarios de avaliación.
O criterio de admisión é a orde cronolóxica de solicitude, e o custo da matrícula 125 euros (estudantes e parados 90 euros).
Máis información: https://bubela.uvigo.es/curso/3471

4.- Winter School on Network Optimization
20 de xaneiro de 2020 - 24 de xaneiro de 2020
Estoril, Portugal
Descrición: A novena edición de Winter School on Network Optimization terá lugar no Hotel Estoril-Éden, Monte Estoril, do 20 ao 24 de xaneiro de 2020.
O seu obxectivo principal é proporcionar unha oportunidade para que os estudantes de doutoramento reúnanse e asistan a cursos de alto nivel no campo da optimización de redes. Os estudantes sen doutoramento poden asistir á escola, pero o número de participantes é limitado e daráselles prioridade aos estudantes de doutoramento. Nesta edición da escola, os profesores e temas a tratar son:

  • Arie Koster (Universidade RWTH Aachen) - Optimización de rede robusta.
  • Elena Fernández (Universidade de Cádiz) - Formulacións para enrutamento de localización.
  • Hande Yaman (KU Leuven) - Problemas de localización do centro.
  • Ivana Ljubic (ESSEC Business School of Paris) - Algoritmos de corte Branch- and- Benders: implementacións modernas da descomposición de Benders.
  • Mario Ruthmair (Universidade de Viena) - Optimización en redes sociais.

A escola forma parte das actividades do ENOG ( European Network Optimization Group). O evento tamén conta co respaldo da EURO (Asociación de Sociedades Europeas) e APDIO (a sociedade portuguesa de investigación de operacións).
Os posibles participantes están convidados a enviar os seus currículos á dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. como moi tarde o 31 de outubro.
Máis información: http://netopt2020.campus.ciencias.ulisboa.pt.

5.- Premio Enrique Fuentes Quintana de Teses Doutorais
Descrición: Atópase aberto o período de recepción de traballos candidatos ao Premio Enrique Fuentes Quintana de Teses Doutorais de Funcas (Convocatoria 2018-2019). Organizador: A Fundación de las Cajas de Ahorros, coñecida como Funcas, que é unha institución española sen ánimo de lucro que xestiona a obra social da Confederación Española de Cajas de Ahorros.
Categorías:
Ciencias da saúde
Ciencias sociais
Humanidades
Enxeñería, matemáticas, arquitectura ou física
Dotación do premio en cada categoría: 8.000 € e diploma
Prazo de lectura de tese: entre o 1 de setembro de 2018 e o 31 de agosto de 2019.
Prazo para a recepción de candidaturas: ata o 1 de decembro de 2019.
Os interesados poden atopar as bases e o formulario de inscrición na páxina web de Funcas www.funcas.es

6.- Second South American International Conference on Industrial Engineering and Operations Management
14 de abril de 2020 – 20 de abril de 2020
Sao Paulo, Brasil
Descrición: A IEOM Society International, unha organización profesional sen fins de lucro, organiza a Second South African International Conference on Industrial Engineering and Operations Management en Sao Paulo, Brasil, do 14 ao 20 de abril de 2020. O lugar é o Maksoud Praza Hotel, Sao Paulo. IEOM converteuse nunha plataforma e foro internacional de primeiro nivel para académicos, investigadores, científicos e profesionais co fin de intercambiar ideas e proporcionar información sobre os últimos desenvolvementos e avances nos campos de Enxeñería Industrial e Xestión de Operacións. Despois de organizar con éxito conferencias internacionais anteriores en Bangladesh (2010), Malaisia (2011), Turquía (2012), Indonesia (2014), EAU (2015), Orlando (2015), Malaisia (2016), Detroit (2016), Marrocos ( 2017), Reino Unido (2017), Bogotá (2017), Bandung (2018), París (2018), Washington DC (2018), Pretoria (2018), Bangkok (2019) e Pilsen (2019), a IEOM anima a todos os interesados a participar neste próximo evento Os autores poderán enviar traballos completos ou resumos. A Sociedade IEOM alenta a enviar traballos completos. Todos os traballos completos serán sometidos a unha dobre revisión por pares. Os documentos de IEOM están indexados en SCOPUS.
Máis información: www.ieomsociety.org/brazil2020/

7.- Bolsas de postdoutoramento da Fundación La Caixa
Descrición: Na actualidade está aberta unha convocatoria da Fundación La Caixa, na que se ofrecen 15 bolsas postdoutorais. A continuación, resúmense os aspectos máis importantes da convocatoria. En caso de tomar a decisión de participar, débese revisar ao detalle o texto completo, que podedes atopar en:
https://www.lacaixafellowships.org/_INFO/_ADMON/TextoLegales/REF00001BS196_ING.pdf.
Obxecto: 15 bolsas de postdoutoramento destinadas a investigadores de todas as nacionalidades que queiran levar a cabo a súa actividade investigadora en calquera universidade ou centro de investigación de España ou Portugal.
Duración: 3 anos.
Dotación: mínimo de 44.300€ de salario bruto anual + 38.500€/ano para a realización dun proxecto de investigación.
Prazo para a solicitude: 8 de Outubro 2019.
Requisitos:

  • Ter finalizado o doutoramento con data de a defensa comprendida entre os 2-7 anos antes do prazo para a solicitude da bolsa (especificamente: entre 8 Outubro 2017 e 8 de Outubro de 2012, ambos incluídos).
  • Residir en España máis de 12 meses nos últimos 3 anos (comprobar regra de mobilidade no texto completo da convocatoria).
  • Realizar estancias internacionais durante o período de doutoramento ou post-doutorado dun mínimo de 6 meses (de forma continua ou descontinua) antes do prazo da solicitude.
  • Os investigadores bolseiros terán que preparar un plan de desenvolvemento de carreira científica de acordo co proxecto para realizar e adaptado aos seus intereses e perspectivas.
  • É imprescindible conseguir tres cartas de recomendación en inglés (confidenciais) segundo o procedemento detallado no texto da convocatoria.
  • Deberase achegar unha declaración de interese por parte do centro receptor, que en ningún caso será vinculante para ningunha das dúas partes.

Outros aspectos relevantes:

  • A data de inicio de goce da bolsa estará comprendida entre o 1 de Abril e o 30 de Setembro de 2020.
  • Dentro da formación complementaria, os bolseiros terán que realizar unha estancia noutra institución co obxectivo de incrementar as súas habilidades transversais. Estas estancias, dunha duración entre 3 e 6 meses, deberán realizarse nunha institución internacional ou intersectorial.

8.- Convocatoria dos Proxectos JIN, para investigadores/as mozos/as sen vinculación ou con vinculación temporal
Descrición: O próximo xoves 26 de setembro abrirase a convocatoria de axudas de "Proyectos de I+D" do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades, dentro das que se atopan os proxectos JIN, para investigadores/as mozos/as sen vinculación ou con vinculación temporal. A duración dos proxectos JIN será de 3 anos. Os proxectos realizaránse de xeito individual, cun ou dous IP e unha equipa de investigación.
O prazo para presentar solicitudes pechará o 17 de outubro (ás 14:00).
Requisitos:

  • Ser doutor/a.
  • Data de obtención do grao de doutor/a: 1 xaneiro 2009-31 decembro 2016 (hai varios supostos que permiten a ampliación dese prazo).
  • Non ter sido IP durante máis dun ano en proxectos de investigación das modalidades de actuación que figuran no anexo V da convocatoria
  • Non ter, no momento de peche da convocatoria, vinculación coa entidade beneficiaria, ou de ter vinculación, a data prevista de finalización da mesma non deberá ser superior a un ano a contar desde a data de peche da convocatoria.

Convocatoria 2019:
http://www.ciencia.gob.es/stfls/MICINN/Ayudas/PE_2017_2020/PE_Orientada_Retos_Sociedad/FICHEROS/Proyectos_IDI_Retos_Investigacion/RESOLUCION_CONVOCATORIA_PROYECTOS_IDi_2019.pdf
Máis información:
http://www.ciencia.gob.es/portal/site/MICINN/menuitem.dbc68b34d11ccbd5d52ffeb801432ea0/?vgnextoid=6ee6cda50b1bb610VgnVCM1000001d04140aRCRD

9.- Oferta de traballo para investigador postdoutoral con especialización en estatística avanzada aplicada en ciencias da saúde e epidemioloxía
Perfil do Posto: Doutor en Medicina, Estatística, Matemáticas, Bioloxía, Enxeñería biomédica ou Psicoloxía. Integrarase nas liñas de investigación do grupo, concretamente na vinculada coa harmonización e integración de cohortes de poboación xeral e clínica. Así mesmo encargarase da supervisión do desenvolvemento dos distintos proxectos europeos nos que participa o grupo baixo a supervisión directa do IP do G03 e liderará as actividades de diseminación dos mesmos. Por iso requírese dispoñibilidade para viaxar para as actividades de coordinación e de intercambio científico dos proxectos. Será requisito indispensable non ser contratado/a mediante esta modalidade postdoutoral, na mesma ou distinta entidade, por un tempo superior a cinco anos. Para a súa acreditación será imprescindible achegar INFORME VIDA LABORAL. Este contrato poderá ser financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
Provincia: MADRID.
Tipo de contrato: Postdoutoral Lei da ciencia.
Salario: 31.726,86 €.
Titulación requirida: Doutor en Medicina, Estatística, Matemáticas, Bioloxía, Enxeñería biomédica ou Psicoloxía.
Perfil: Apoio metodolóxico en estatística avanzada aos membros do equipo utilizando os seguintes programas informáticos: R, SPSS, STATA. Ademais, o investigador seleccionado deberá responsabilizarse de supervisar as análises estatísticas realizadas por outros membros do equipo de investigación. Responsabilizarase de levar a cabo as análises estatísticas para os artigos que lidere, escribir artigos de investigación e preparar novas propostas de investigación para obter fondos en convocatorias públicas competitivas, tanto como investigador principal, como investigador colaborador. Supervisión de execución dos proxectos europeos nos que participa o grupo. Coordinará as actividades de diseminación do grupo.
Experiencia requirida:

  • Valorásese especialmente coñecementos sobre metodoloxías de harmonización e de integración de cohortes.
  • Valorarase especialmente experiencia na diseminación de actividade científica.
  • Valorásese especialmente manexo do programa estatístico R.
  • Desenvolvemento e aplicación de métodos avanzados de investigación.
  • Manexo de técnicas avanzadas de estatística en epidemioloxía.

Outros coñecementos:

  • Dispoñibilidade para viaxar.
  • Inglés falado e escrito.
  • Publicacións científicas.
  • Actitude para integrarse en equipos multidisciplinares de investigación.

Horas semanais: 37,50
Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

10.- Oferta de traballo no PROXECTO “Modelización e optimización de sistemas de refrixeración” en ITMATI
REFERENCIA DA OFERTA: ITMATI-OT-14/2019.
DESCRICIÓN DO POSTO: 1 contrato como investigador/á media xornada para o proxecto de investigación de aplicación de técnicas matemáticas de simulación, optimización e control á mellora de sistemas de refrixeración, no marco do contrato entre ITMATI (Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial) e unha empresa do sector do frío industrial e climatización.
RESPONSABLE: Profesor Dr. D. Alfredo Bermúdez de Castro López-Varela, catedrático de Matemática Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela.
PERFÍS DOS CANDIDATOS: Licenciados/ as, Enxeñeiros/ as, Graduados/ as, e Másteres relacionados coas Matemáticas, a Física, a Enxeñería e a Informática.
MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:
1. Formación e experiencia xeral a valorar (30 puntos, todas as achegas deben estar documentadas).

  • Expediente académico do grao ou licenciatura, enxeñería, máster.
  • Grao de afinidade das titulacións do candidato cos ámbitos da Matemática Aplicada e Industrial.
  • Coñecemento e experiencia previa en modelización, simulación numérica e optimización, e na implementación e validación en computador de algoritmos e métodos numéricos.
  • Coñecementos de inglés.

2. Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (40 puntos, todas as achegas deben estar documentadas).
3. Á hora de valorar as candidaturas presentadas tamén se terá en conta a experiencia nalgúns dos seguintes campos relacionados cos ámbitos de investigación do Proxecto, non sendo necesario ter experiencia en todos eles, pero se nos dous primeiros:

  • Termodinámica dos procesos de refrixeración
  • Modelización e simulación numérica de sistemas de refrixeración.
  • Métodos numéricos para a resolución de ecuacións diferenciais.
  • Métodos numéricos en optimización.
  • Programación en linguaxes de cálculo científico ( Python, Matlab, Fortran, C etc.).

4. Entrevista persoal e cartas de recomendación (30 puntos).
Os candidatos/ as seleccionados/ as de acordo cos criterios anteriores serán convocados a unha entrevista persoal e, no seu caso, a unha proba relativa ás funcións do posto. Nesta terceira fase teranse en conta as cartas de recomendación que cheguen para o candidato; só se admitirán 3 cartas de recomendación por candidato, que deberán ser remitidas directamente pola persoa que emita o informe e non o propio candidato. Entrevistarase polo menos aos tres candidatos/ as mellor valorados/ as e que entre os dous apartados anteriores alcanzasen polo menos 35 puntos.
REQUISITOS XERAIS DOS CANDIDATOS: Para ser admitidos os aspirantes, ademais de cumprir os requisitos específicos esixidos na actividade ou proxecto para a que realicen a súa solicitude indicados no punto anterior, deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes e mantelos ata a data prevista de finalización do contrato, os seguintes requisitos de carácter xeral:

  • Ser español ou nacional dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
  • Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevexa o correspondente tratado, ou dos nacionais dalgún estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade que vivan ao seu cargo.
  • Así mesmo poderán participar os nacionais de países non membros da Unión Europea ou que non estean incluídos no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. Con todo, a formalización do contrato laboral con estes nacionais queda condicionada a que os aspirantes teñan concedida a excepción ou permiso de traballo e residencia legal en España.
  • Ter cumpridos os 16 anos.
  • Estar en posesión da/ s titulación/é válida/ s en España que se indique/ n de acordo á lexislación española.
  • Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes.
  • Non estar separado, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas.

LUGAR DE TRABALLO: Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial ( ITMATI), Campus Vida, Santiago de Compostela.
ENVÍO DE SOLICITUDES: As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 3 de outubro de 2019 ás 00:00 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículo vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), o título e os expedientes académicos de, no seu caso, Grao/Licenciatura/Enxeñería, Máster, Doutoramento, e a vida laboral (que acredite os méritos profesionais que aparecen no currículo vitae). As cartas de recomendación, só se admitirán se as envía directamente a persoa que informa (e non o propio candidato/a). Toda a documentación remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando en “asunto” a referencia da oferta ITMATI-OT-14/2019. Unha vez recibida a solicitude confirmarase a recepción da mesma mediante correo electrónico. Os candidatos que sexan convocados á fase de entrevista deberán achegar documentación orixinal dos méritos achegados. MÁIS INFORMACIÓN: http://www.itmati.com/oferta-de-empleo-itmati-ot-142019-investigadora-media-jornada-para-proyecto-%E2%80%9Cmodelizaci%C3%B3n-y-optimiza

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates