ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas da SGAPEIO, 23 de novembro 2019
1.- Sesión de Biometría no XXIV Congresso da Sociedade Portuguesa de Estatística
O sábado 9 de novembro tivo lugar a Sesión de Biometría no XXIV Congresso da SPE organizada pola SGAPEIO e a Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) e a Sociedad Española de Biometría (SEB).
Os conferenciantes convidados foron:
- Andrea Meilán Vila da Universidade de A Coruña
- Paula Saavedra Nieves da Universidade de Santiago de Compostela
- Nuno Sepúlveda da London School of Hygiene and Tropical Medicine
- Juan Ramón Gonzalez da Universidad Autónoma de Barcelona
Máis información na páxina web: https://spe2019.estg.ipp.pt/
2.- Primeiro Concurso de MeLiSA con R
A Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA), coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), organiza o Primeiro Concurso de MeLiSA con R. O obxectivo é tratar unha serie de datos (que serán os mesmos para todas as persoas participantes) con R do xeito que estimen máis interesante.
Data límite de presentación: 30 de novembro de 2019.
Máis información na páxina web: https://www.r-users.gal/concurso-R
3.- Xornada de Formación SGAPEIO – AGAPEMA (2019)
A Sociedade Galega para a Promocion da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) organizaronn a VI XORNADA DE FORMACIÓN PARA ELABORAR PROXECTOS DE ESTATÍSTICA. Esta xornada estivo dirixida a profesores de ESO e Bacharelato e impartiuse nunha única edición o pasado 9 de novembro na Facultade de Matemáticas (Santiago de Compostela).
Materiais e máis información no seguinte link: https://www.sgapeio.es/index.php/estatistica-no-ensino/3261-xornada-de-formacion-sgapeio-agapema-2019
4.- Libro IX Incubadora de Sondaxes e Experimentos
O libro IX Incubadora de Sondaxes e Experimentos recolle todos os traballos premiados, así coma finalistas con mención e os finalistas con mencións especiais que foron presentados ao IX Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos.
Máis información: https://www.sgapeio.es/index.php/listado-novas/3279-libro-ix-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos
5.- IFORS 2020 - Korea
O 22th Conference of the International Federation of Operational Research Societies (IFORS 2020) terá lugar en Seoul (Korea) do 21 ó 26 de xuño de 2020.
Máis información no seguinte link: http://www.ifors2020.kr/
6.- 19th International Symposium on Dynamic Games and Applications
O 19th International Symposium on Dynamic Games and Applications, centrado no ámbito da Teoría de Xogos, terá lugar en Porto (Portugal) do 16 ó 19 de xuño de 2020.
Máis información en: https://www.gerad.ca/colloques/isdg2020/index.html
7.- EURO PhD School ‘Data Driven Decision Making and Optimization’
O EURO PhD School on ‘Data Driven Decision Making and Optimization’ terá lugar do 10 ó 19 de xullo do 2020 en Sevilla e será organizado polo Instituto de Matemáticas da Universidad de Sevilla (IMUS). A formación metodolóxica sobre o papel da Optimización Matemática nas Ciencias da Información impartirase en forma de conferencias e talleres informáticos. As conferencias destacarán o modelado matemático e estatístico e a optimización numérica detrás das ferramentas de análise e visualización de datos.
Máis información en: https://congreso.us.es/epsdata/
8.- Contratos no Computational Intelligence Group (Universidad Politécnica de Madrid)
O Computational Intelligence Group (Universidad Politécnica de Madrid) ofrece dous postos de traballo. Os candidatos deben ter coñecementos de Enxeñaría Informatica ou Matemáticas e experiencia acreditada no uso de linguaxes como R e Python, entre outros.
Máis información nos links: http://cig.fi.upm.es/sites/default/files/job_offers/tablon_repsol.pdf http://cig.fi.upm.es/sites/default/files/job_offers/tablon_informatico.pdf
9.- Axudas da SEIO para o CoDaCOURSE’20 e EURO PhD School
A SEIO ten aberto o prazo de solicitudes de axudas para asistir a:
- CoDaCOURSE’20 Universitat de Girona (UdG), do 6 ó 10 de xullo de 2020. Máis información en: http://www.seio.es/Noticias-inicio/SEIO-CONVOCATORIA-DOS-AYUDAS-ASISTENCIA-CoDaCOURSE-20.html
- EURO PhD School, Sevilla, do 10 ó 19 de xullo de 2020. Máis información en: http://www.seio.es/Noticias-inicio/Call-for-participation-in-EURO-PhD-School.html