Novas da SGAPEIO, 23 de mazo 2020

1.- X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) ten aberta a convocatoria do X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, organizado para estudantes de ESO, Bacharelato, FP básica e Ciclos Formativos de Grao Medio no curso 2019-2020. Con esta iniciativa académica preténdese que o estudantado se inicie no campo da Estatística e as súas aplicacións, tan útiles na Sociedade da Información na que vivimos.
Máis información en: https://sgapeio.es/index.php/formacion-e-actividades/premios-sgapeio/3298-x-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos

2.- Identificación de capacidades do Sistema galego de Innovación na loita contra o COVID-19
Dende a Xunta de Galicia, no contexto da emerxencia sanitaria actual provocada pola pandemia do COVID-19, queremos dar respostas a través da investigación, o desenvolvemento e a innovación. Para elo, lanzamos unha chamada para identificar todas as capacidades do Sistema Galego de Innovación na loita contra o novo coronavirus.

Consulta sobre as capacidades do sistema galego de innovación

A través dun formulario web que se habilitou na páxina web da Axencia Galega de Innovacion, recóllense propostas do Sistema galego de I+D+i para a loita contra o COVID-19. Esta consulta está dirixida a empresas ou centros de coñecemento que dispoñan de solucións innovadoras maduras que axuden a loitar contra o COVID-19.
Estas solucions innovadoras teñen que poder implementarse nun prazo de tempo moi curto, en ámbitos directamente relaciados co brote de COVID-19, por exemplo:

  • novos dispositivos de intervención ou tratamento;
  • solucións innovadoras para fabricación de ventiladores invasivos;
  • equipos de protección indiviuais ou colectivos (mascarillas, cortinas, traxes, gorros, luvas...);
  • detección e destrución do virus, sistemas de desinfección masivos…

Trátase de achegar solucións innovadoras que poidan ser útiles ás autoridades sanitarias para loitar contra o coronavirus.
A Axencia Galega de Innovacion realizará un filtro das propostas que se reciban e achegará financiamento para as que resulten de interese.
O prazo límite para achegar as solucións innovadoras é o venres 27 de marzo.
Enlace ao formulario: http://xornadas.galiciainnovacion.es/covid19/index.php

3.- Convocatoria de proxectos de investigación sobre o SARS-COV-2 e a enfermidade COVID19 do Instituto de Salud Carlos III
O Instituto de Salud Carlos III tamén vén de abrir un programa de axudas para proxectos que teñan como obxectivo xerar coñecemento sobre a infección, dotado con 24 millóns de euros e que ten actualmente aberta unha chamada de expresións de interese.
O alcance destas propostas poderá ser:

  • Técnicas de diagnóstico virolóxico rápido do COVID-19, escalables industrialmente e aplicables á asistencia sanitaria, con orientación prioritaria cara ao diagnóstico dos estadios precoces da infección en humanos e que permitan predicir gravidade con fins de estratificación asistencial.
  • Caracterización clínica-biolóxica-molecular da enfermidade COVID-19, estadios, estratificación pronóstica e complicacións.
  • Desenvolvemento de terapias innovadoras, novas moléculas antivirais, antisépticos e desinfectantes fronte ao SARS-CoV-2. Estudos de resistencia antiviral. Efectividade de intervencións non farmacolóxicas, profilácticas e terapéuticas.
    Caracterización do virus SARS-CoV-2, coñecemento da variación xenética e antigénica do SARS-CoV-2 así como da resposta inmunológica ao virus SARS-CoV-2 e da interacción virus-hóspede.
  • Desenvolvemento de vacinas, eficacia e aplicabilidade.
  • Vixilancia epidemiolóxica do COVID-19 e epidemioloxía molecular: incidencia da mortalidade e morbilidad. Factores ambientais e sociais da propagación. Factores de risco e dinámica poboacional da infección polo SARS-CoV-2.
  • Impacto socio-económico do COVID-19. Utilización de recursos de atención primaria, recursos hospitalarios xenerais, e recursos de coidados críticos.
  • Intelixencia artificial e análise masiva de datos integrados orientados ao control epidemiolóxico da enfermidade COVID-19.

As expresións de interese presentaranse mediante correo electrónico na dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., utilizando o formulario a descargar en: https://www.isciii.es/QueHacemos/Financiacion/Documents 
Máis información en: https://www.isciii.es/QueHacemos/Financiacion/Paginas 

4.- Acción Matemática contra o coronavirus desde o CEMat
Vense de publicar o protocolo de actuación da Acción Matemática contra o coronavirus do CEMat:

  • Os investigadores incluirán as súas achegas na súa propia web/respositorio e enviarán a ligazón a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 
  • Promóvese a interacción e discusión entre os investigadores sobre as distintas achegas.
  • O Comité Científico COVID19 - CEMat vai ir estudando as achegas e interacionará internamente e cos investigadores.
  • Se hai consenso razoable no CC sobre o interese de elaborar comunicados e/ou recomendacións ao Goberno subscritas por CEMat á luz dos distintos traballos, faise. En todo caso, mencionaranse as referencias á autoría dos traballos concretos en que se apoien as recomendacións.

O comité COVID19 – CEMat estará formado polas seguintes persoas, sendo presidente o noso colega e insigne membro da SGAPEIO Ricardo Cao. O Comité Científico está integrado por:

  • Lluis Alsedà i Adoitar
  • Ricardo Cao Abad (Presidente)
  • José Antonio Custa Ruiz
  • Ernesto Estrada Roger
  • David Gómez Ullate
  • Fermín F. Mallor Giménez
  • Victor M. Pérez García
  • Anxo Manuel Ramos de Olmo
  • Begoña Vitoriano Villanueva

Como Presidente de CEMat, Alfonso Gordaliza actuará como Coordinador.
Actuarán baixo as seguintes premisas:

  • O obxectivo é construtivo e queremos tentar axudar ao Goberno e á sociedade desde as Matemáticas ante a grave crise sanitaria que estamos a sufrir.
  • O enfoque é absolutamente científico- técnico e afastado de calquera connotación política.
  • Comprometémonos a deixar de lado calquera personalismo respecto a as propostas que, no seu caso, sexamos capaces de elaborar.
  • Calquera conclusión ou recomendación que valoremos de forma consensuada como positiva e útil elevarase desde a directiva de CEMat ou persoa designada para o efecto, evitando outras vías persoais de comunicación cos medios nin a título persoal nin en representación desta iniciativa.

5.- 35th International Workshop on Statistical Modelling (IWSM 2020)
A 35.ª edición do Workshop on Statistical Modelling terá lugar en Bilbao, País Vasco (España) desde o 19 ao 24 xullo de 2020, sendo organizado polo Centro vasco para Matemáticas Aplicadas (BCAM) e a Universidade do País Vasco (EHU/de UPV). Tamén se organizará un curso titulado "Bayesian spatio-temporal modeling" e impartido por Virgilio Gómez Rubio.
A data límite pide presentación resumos para póster é o 1 de abril, mentres que a data límite para o envío do manuscrito final é o 30 de abril de 2020.
Máis información en: https://wp.bcamath.org/iwsm2020/

6.- 2020 Electronic Conference on Teaching Statistics
A 2020 Electronic Conference on Teaching Statistics terá lugar do 18 de maio ao 22 de maio de 2020, en formato on-line. A conferencia inclúe conferencias plenarias, workshops on-line, conferencias de 30 minutos, e sesión de pósteres virtual.
Máis información en: https://www.causeweb.org/cause/ecots/ecots20/

7.- XXXVIII Reunión Científica de la SEE y el XV Congresso da APE | Bilbao 2020
La Sociedad Española de Epidemiología (SEE) e a Asociación Portuguesa de Epidemiología (APE) acollerán na súa XXXVIII e XV Reunión Científica, respectivamente, o lema de “ Epidemioloxía, Sustentabilidade e Responsabilidade Social”, nun contexto idóneo, como é a cidade de Bilbao (29-30 de setembro e 1-2 de outubro de 2020). Este lema inspírase, en parte, na novo paradigma científico da “Ciencia da Sustentabilidade”, que pon o foco nas contornas nos que viven as poboacións e que conecta a investigación e a educación co desenvolvemento de novos coñecementos, tecnoloxías, estratexias e explicacións holísticas que nos poden axudar a afrontar mellor os problemas mundiais e locais relacionados coa sustentabilidade social
Máis información en: https://www.reunionanualsee.org

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates