ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas da SGAPEIO, 22 de maio 2020
1.- X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) ten aberta a convocatoria do X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, organizado para estudantes de ESO, Bacharelato, FP básica e Ciclos Formativos de Grao Medio no curso 2019-2020. Con esta iniciativa académica preténdese que o estudantado se inicie no campo da Estatística e as súas aplicacións, tan útiles na Sociedade da Información na que vivimos.
Desde a SGAPEIO queremos salientar que, debido aos condicionantes da actual crise provocada polo COVID-19, se veñen de modificar os prazos de inscripción, entrega de traballos e resolución do concurso segundo se indica no enlace
https://www.sgapeio.es/descargas/formacion/Nota_Bases_X_Incubadora.pdf.
Datas importantes:
- Inscrición de traballos: dende o 01 de abril ata o 15 de abril 01 de maio ata o 31 de maio de 2020.
- Entrega dos traballos finalizados: dende o 16 ata o 30 de abril 01 de maio ata o 31 de maio de 2020.
- Do 26 ao 29 de maio de 2020 daranse a coñecer os traballos finalistas e a data do acto de entrega de premios. As datas nas que se coñecerán os traballos finalistas e a data de resolución do concurso fixaranse se é posible en maio.
Máis información en: https://sgapeio.es/index.php/formacion-e-actividades/premios-sgapeio/3298-x-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos
2.- Convocatoria H2020-SC1-PHE-CORONAVIRUS-2020-2
A European Commission abriu a segunda convocatoria extraordinaria H2020-SC1-PHE-CORONAVIRUS-2020-2 dentro dos "Societal Challenges: Health, Demographic Change and Well-being". O prazo para presentar propostas remata o próximo 11 de xuño.
Pode atopar toda a información no seguinte enlace: https://www.h2020.md/en/second-coronavirus-call-expression-interest-h2020-sc1-phe-coronavirus-2020-2-now-opened-funding
3.- Subvencións COVID-19 do CDTI
O Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) abriu o luns 11 de maio unha nova liña de axudas para proxectos de I+D e investimento fronte á COVID-19 dotada con 12 millóns de euros.
Máis información:
https://www.cdti.es/index.asp?MP=100&MS=917&MN=2
4.- Sitio web de recursos de información relacionados co COVID-19
En resposta á situación provocada pola pandemia de COVID-19, desenvolveouse o sitio web https://www.mathunion.org/corona que contén ligazóns a algúns recursos relacionados coa pandemia.
O sitio céntrase en tres aspectos:
- Sitios web xerais con información sobre a pandemia de COVID-19.
- Seminarios en liña para unha audiencia global.
- Sitios web que se centran na investigación matemática sobre a pandemia.
Para que este sitio web sexa útil, depende dos comentarios activos da comunidade.
Por favor, solicítase o envío de ligazóns para ser incluídos na Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
5.- Curso Estatística Avanzada con ‘R’ para Profesionais da Saúde
Está aberta ata o 25 de maio a inscrición no Curso de Formación da Universidade de Vigo “Estatística Avanzada con ‘R’ para Profesionais da Saúde”, totalmente non presencial para que os titulados deste ámbito (ou estudantes universitarios de último curso) poidan seguilo en horario libre e desde calquera lugar de modo compatible coa súa actividade. O curso realizarase desde o 1 de xuño ata o 15 de xullo de 2020.
O curso inclúe algunhas das técnicas estatísticas avanzadas máis utilizadas na investigación médica: análise de supervivencia, deseños de investigación, meta-análise, regresión de Cox, regresión de Poisson, regresión ordinal, regresión loxística multinomial, con datos e exemplos paso a paso, alcanzables para usuarios non expertos. Non é necesario ter un nivel elevado de Estatística ou coñecer previamente o programa R, aínda que sen dúbida eses coñecementos poden aumentar o rendemento do alumno. É eminentemente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual mediante secuenciación das unidades didácticas e tarefas a través de Faitic, a plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo.
Este curso ten concedido o recoñecemento da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia como actividade de formación continua (5,3 créditos) para todos os profesionais sanitarios titulados (licenciados, diplomados, grao). Ese recoñecemento –concedido para todas as edicións anteriores e en trámite na actual- é válido para todo o sistema nacional da saúde.
Custo da matrícula 125 euros (parados/estudantes 90 euros).
Máis información e inscrición en: https://bubela.uvigo.es/curso/4562
6.- 3a Escola Internacional de Verán sobre Intelixencia Artificial: do Deep Learning á análise de datos (AI- DLDA) 2020
29 de xuño - 3 de xullo de 2020
AI-DLDA 2020 é unha escola internacional de verán para mozos investigadores e doutorandos co obxectivo principal de actualizar a formación dos participantes acerca dos avances máis recentes na área de Intelixencia Artificial, que van desde a aprendizaxe profunda ata a análise de datos. Esta escola ofrecerá unha análise en profundidade da investigación de vangarda e cubrirá un amplo espectro de actividades de investigación actuais e aplicacións industriais relacionadas co Big Data, visión por computadora, interacción humano-computadora, informática biomédica, aprendizaxe profunda e xogos.
A escola organizarase en cinco días de ensino en liña con conferencias maxistrais a cardo da academia e da industria (durante a mañá) e sesións de laboratorio (durante a tarde), ademais dunha mesa redonda. O último día tamén está reservado para o exame final para aqueles que necesitan recoñecemento de créditos.
A AI- DLDA 2020 será unha experiencia de aprendizaxe virtual e remota.
Rexistro: debe facerse a través de http://www.aidlda.it
Data límite de solicitude: 15 de xuño de 2020.
Máis información:
- Web: http://www.aidlda.it
- Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
- Organizado por: Universidade de Udine, Italia / IP4 FVG, Italia / DiTeDi, Udine
7.- Congreso XoveTIC
O Congreso XoveTIC, un evento científico que se foi consolidando ano tras ano como unha cita obrigada para o persoal investigador junior (predoctoral e posdoctoral) do ámbito TIC de universidades españolas e do norte de Portugal.
Esta terceira edición, que terá lugar os días 8 e 9 de outubro de 2020, celebrarase nun formato online debido á crise sanitaria do SARS- CoV-2.
Os interesados en participar deben enviar un abstract a través da plataforma EasyChair antes do 17 de xuño.
O obxectivo do congreso é crear un espazo de encontro para o debate científico e contribuír deste xeito á formación dos asistentes. O XoveTIC, cuxa inscrición é gratuíta, supoñerá unha oportunidade ideal para que as persoas participantes compartan as súas investigacións nun ambiente colaborativo e distendido.
Na súa pasada edición, o XoveTIC contou con preto de 100 asistentes e nel presentáronse máis de 50 comunicacións, tanto en formato oral como en póster. Máis información: https://xovetic.citic.udc.es/
8.- Oferta de traballo no BCAM
O Basque Center of Applied Mathematics (BCAM) comprácese en anunciar que ven de lanzarse unha nova convocatoria aberta de traballo. Específicamente se está a procurar un técnico de investigación para colaborar no seguinte proxecto:
- Técnico investigador en Machine Learning aplicado ao procesamento de imaxes médicas.
Data límite para presentar solicitudes: 5 de xuño de 2020.
Máis información: http://www.bcamath.org/
9.- Oferta de contrato postdoc en Xeoestatística e vixiancia da saúde na KAUST
Os solicitantes deberán contactar coa Dra. Paula Moraga, na dirección de correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., incluíndo os seguintes documentos:
- Carta de motivación que inclúa unha descrición da experiencia de investigación e os intereses do candidato.
- CV que inclúa unha lista de publicacións e a información de contacto de tres referees.
A revisión das solicitudes comezará de inmediato e continuará ata que se cubra o posto.
O grupo de investigación de Estatística Xeoespacial e Vixilancia da Saúde atópase enmarcado no Programa de Estatística (http://stat.kaust.edu.sa) dentro da División de Enxeñería, Electricidade, Matemáticas e Enxeñería na Universidade de Ciencia e Tecnoloxía King Abdullah (KAUST) (http://kaust.edu.sa). Situada á beira do Mar Vermello en Arabia Saudita, KAUST ofrece excelentes instalacións de investigación, xenerosos fondos de investigación e salarios competitivos a nivel internacional. A universidade fomenta a investigación fundamental e orientada a obxectivos, co fin de atopar solucións a problemas en áreas relacionadas coa saúde, a auga, os alimentos, a enerxía e o medio ambiente.
Máis información: www.paulamoraga.com
10.- Oportunidades de traballo no grupo de investigación de Optimización e Control Óptimo no Centro de Matemática Aplicada da Universidade de Bremen (Alemaña)
No grupo de traballo sobre Optimización e Control Óptimo no Centro de Matemáticas Industriais da Universidade de Bremen se ofertan 9-10 postos de traballo a tempo completo no próximo mes. As posicións abertas están vinculadas a varios temas, como:
- Optimización non lineal.
- Control óptimo.
- Control preditivo modelo non lineal.
- Computación numérica e científica.
- Condución autónoma co noso propio vehículo de investigación.
- Condución autónoma de maquinaria agrícola.
- Detección de obxectos con redes neuronais profundas para maquinaria agrícola.
- Optimización multi-obxectivo para sistemas de redes de enerxía.
- Ferramentas de software para a parametrización automática de xemelgos dixitais.
- Modelo de control preditivo para convertidor de alta voltaxe.
- Optimización da xestión do tráfico para a cidade de Bremen.
- Proxectos reais e industriais.
PreDocs e PostDocs son benvidos.
Contacto: Christof Bueskens, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., e Mitja Echim, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.