Novas da SGAPEIO, 14 de xullo 2020

1.- Relación de gañadores do X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) ven de facer pública a relación de gañadores, finalistas e mencións correspondentes ao X Concurso Incubadora De Sondaxes E Experimentos. Desde a SGAPEIO queremos felicitar a todos os participantes pola calidade e orixinalidade dos estudos presentados e agradecerlles encarecidamente todo o fantástico traballo realizado, máis se cabe tendo en conta as difíciles condicións nas que o tiveron que enfrontar.

  • Gañadores:
    • Categoría 1º e 2º da ESO: ENTRE ABONOS E COLES. IES da Pontepedriña (Santiago de Compostela).
    • Categoría 3º e 4º da ESO e FP Básica: SUMANDO LETRAS. IES Cacheiras (Teo).
    • Categoría Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio: A FRONTEIRA ENTRE O PÚBLICO E O PRIVADO NASOCIEDADE DA REDE. IES Arcebispo Xelmírez II (Santiago de Compostela).
  • Finalistas:
    • Categoría 1º e 2º da ESO: ¿ERES SUPERSTICIOSO? EXISTE O NO LA MALA SUERTE. MARTES 13. IES San Tomé de Freixeiro (Vigo).
    • Categoría 1º e 2º da ESO: HAI MÁIS MULLERES QUE HOMES NO ENSINO SECUNDARIO? MITO OU REALIDADE. IES Agra do Orzán (A Coruña).
    • Categoría 1º e 2º da ESO: FAKE NEWS CONFINADAS. IES Mestre Landín (Marín).
    • Categoría 3º e 4º da ESO e FP Básica: ESTUDIO #ENCASACONFINADOS. CPR Plurilingüe San José (Pontedeume).
  • Mencións:
    • Categoría 1º e 2º da ESO: BOOM ACADÉMICO. IES San Tomé de Freixeiro (Vigo).
    • Categoría 1º e 2º da ESO: APLICACIÓN DE LA ESTADÍSTICA A LOS CIENTÍFICOS DADOS EN SECUNDARIA. IES San Tomé de Freixeiro (Vigo).
    • Categoría 1º e 2º da ESO: RÉCORD EN LA HISTORIA. IES San Tomé de Freixeiro (Vigo).
    • Categoría 1º e 2º da ESO: LAS REDES SOCIALES ESTÁN AFECTANDO, ¿QUÉ OPINAS TÚ? IES San Tomé de Freixeiro (Vigo).

Máis información: https://www.sgapeio.es/index.php/formacion-e-actividades/premios-sgapeio/

2.- Curso MATEMÁTICAS VS COVID-19 na UIMP
Modalidade: Streaming aberto en UIMP-TV (uimptv.es)
Matrícula: con Tarifa G se se desexa obter diploma de asistencia.
Descrición: Neste seminario presentaranse, a través de oito conferencias e unha mesa redonda, algunhas ferramentas matemáticas e estatísticas que mostraron a súa utilidade na comprensión da pandemia do COVID-19 e na loita contra a mesma. Falarase de modelos epidemiolóxicos, dos parámetros que se utilizan na súa formulación, dos datos necesarios para poder alimentalos e da utilidade de cada un deles. A partir dos resultados de diversos modelos, mostrarase como realizar unha Predición Cooperativa para tentar predicir con máis acerto a evolución das series de datos asociadas á pandemia. Por outra banda, en toda crise sanitaria xorden multitude de problemas asociados á xestión de recursos escasos, a necesidade de optimizar tempos e custos e, sobre todo, de minimizar a perda de vidas humanas. A investigación operativa é unha disciplina matemática de gran axuda nesa tarefa, que estará presente no curso. Tamén se ilustrará como as técnicas de Intelixencia Artificial poden ser extremadamente útiles na loita contra a pandemia.
Destinatarios: O curso está destinado a estudantes dos últimos cursos de grao, de máster e de doutoramento do ámbito de matemáticas e estatística, así como de disciplinas afíns.
Tamén se dirixe a todos os investigadores e profesionais interesados en aprender por que as matemáticas están a revelarse tan útiles na comprensión e na xestión dunha pandemia.
Máis informaciónhttp://www.uimp.es

3.- Curso de Programación R – Clase Virtual da Royal Statistical Society
Datas: 15, 16, 17 e 18 de setembro de 2020.
Este curso virtual, dirixido por un titor, impartido en catro días en turno de mañá, é un curso intensivo sobre principios de programación en R. Durante o curso, os participantes obterán experiencia na escritura das súas propias funcións e scripts para realizar tarefas de análises de datos en R. Outras tarefas e aspectos como é a asignación de memoria, perfil de código ou o aproveitamento da computación paralela tamén se explorán convenientemente, co obxectivo de guiar aos participantes nos principios da programación eficiente en R.
A inscrición anticipada con desconto incluído finaliza o 15 de agosto de 2020.
Máis información: https://rss.org.uk/

4.- ESCMID Conference on Coronavirus Disease (ECCVID)
O ESCMID Conference on Coronavirus Disease (ECCVID) levarase a cabo en modalidade online do mércores 23 ao venres 25 de setembro de 2020 e cubrirá todos os aspectos de COVID-19. O ECCVID presentará un programa científico integral que abarcará unha ampla gama de temas relacionados con esta ameaza emerxente.
Actualmente o COVID-19 é o máis importante problema de saúde pública a nivel mundial, traendo consigo importantes desafíos e incertezas con respecto ao diagnóstico, a terapia, a prevención e control de infeccións. Estamos nunha etapa de aprendizaxe sobre o novo virus SARS- CoV-2 e a organización dun evento científico internacional que reúna as últimas investigacións e evidencias científica é máis que oportuno, unha necesidade. O ECCVID ofrecerá excelentes oportunidades para mostrar os últimos achados, compartir experiencias e coñecementos e demostrar técnicas prácticas. Microbiólogos clínicos de renome internacional, especialistas en enfermidades infecciosas e expertos de disciplinas relacionadas (incluídas as matemáticas e especificamente a estatística e o aprendizaxe máquina) presentarán o seu traballo e as últimas contribucións sobre COVID-19 durante o evento.
Máis información:
https://www.escmid.org/

5.- 30th International Biometric Conference (IBC 2020)
Aínda que o IBC2020 foi cancelado na súa modalidade presencial, actualmente este congreso ofrece a posibilidade de rexistrarse e asistir en-liña a unha parte relevante do seu programa, a desenvolver nos meses de xullo e agosto de 2020. O rexistro é obligatorio e o pago opcional, segundo as posibilidades dos participantes, de $0 a $130.
Máis información en: www.ibc2020.orgEste enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

6.- Ofertas de contratos de predoutoramento

  • Oferta de traballo para realizar a tese de doutoramento na Universidad de Castilla La Mancha (UCLM).
  • O Grupo de Avaliación de Determinantes de Saúde e Políticas Sanitarias da Universitat Internacional de Catalunya (UIC Barcelona) busca unha persoa para incorporarse ao seu mozo e multidisciplinar grupo de investigación para realizar a tese doutoral (incorporación en setembro-outubro de 2020). As persoas interesadas deben enviar o seu CV ao Dr. Jose M Martínez-Sánchez (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)
  • Contrato Investigador de Predoutoramento na Universidad de Castilla La Mancha (UCLM). Duración: Ata 31/12/2020 (prorrogable ata final de 2021). Compromiso de realizar a tese de doutoramento no Departamento de Matemáticas da UCLM.
  • INRAE Centre de Lyon-Grenoble. Oferta de contrato de predoutoramento para facer a tese

7.- Ofertas de traballo como estatísticos e analistas de datos

  • Biostatech, S. L., empresa de bioestatística e estatística aplicada (www.biostatech.com), procura profesionais con experiencia en actividades de asesoramento en estatística para:
    • Realizar unha substitución por maternidade durante 4 meses ( aprox. ½ agosto-½decembro de 2020). Un contrato. Prazo: 24/07/2020. Máis información: https://bit.ly/2O1K3ca
    • Formar parte do equipo da área de asesoramento, formación e I+D+i. Dous contratos indefinidos. Prazo 31/07/2020. Máis información: https://bit.ly/2O1K3ca
  • Basque Center of Applied Mathematics (BACAM) procura un técnico investigador en Aprendizaxe Máquina.


8.- Concurso de praza de Profesor Contrado Doutor na Universitat Politècnica de València
A dirección do Departamento de Estatística e Investigación Operativa Aplicadas e Calidade da Universitat Politècnica de València informa que se convoca unha praza de Profesor Contratado Doutor no seu departamento. O prazo de presentación de instancias será o comprendido entre os días 10 e 23 de xullo de 2020 (ambos inclusive). A convocatoria pódese consultar na páxina web do DOGV Universitat Politècnica de València Universitat Politècnica de València (http://www.dogv.gva.es/datos/2020/07/09/pdf/2020_5259.pdf) e na páxina web de Recursos Humanos da UPV Prazas de Profesorado Contratado: Servizo de Recursos Humanos (http://www.upv.es/entidades/SRH/pdi/579888normalc.html).

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates