ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas da SGAPEIO, 18 de xaneiro 2021
1.- XI Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), convocou o XI Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, FP Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Poden participar estudantes (matriculados en centros da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2020-2021) de ESO, FP Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio. A participación pode ser individual ou en grupo (máximo de 5 estudantes). Cada participante ou grupo deberá contar polo menos cun docente-titor do seu centro, que supervise o traballo presentado. Distínguense tres categorías:
- Categoría A: 1º e 2º de ESO.
- Categoría B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.
- Categoría C: Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio.
Non hai limitación de concursantes por un mesmo centro, nin de traballos titorizados por un mesmo docente. Só se permite unha participación por estudante.
Datas importantes:
- Inscrición de traballos: dende o 05 de abril ata o 18 de abril de 2021.
- Entrega dos traballos finalizados: dende o 19 de abril ata o 2 de maio de 2021.
- Fallo do xurado: dende o 30 de maio ata o 3 de xuño 2021.
Máis información:
https://www.sgapeio.es/index.php/formacion-e-actividades/premios-sgapeio/3442-xi-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos.
2.- VIII Xornada de Formación para Elaborar Proxectos de Estatística
A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) organizan a VIII Xornada de Formación para Elaborar Proxectos de Estatística. Esta xornada está dirixida a profesores de ESO e Bacharelato e impartirase nunha única edición Online.
- Modalidade: Online.
- Data: sábado 6 de febreiro de 2021.
- Inscrición: ata o 2 de febreiro de 2021.
- O curso é gratuíto pero cómpre inscribirse neste formulario (https://docs.google.com/forms).
Programa provisional:
- 9.30-10.00: Dez anos do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos.
- 10.00-12.15: Presentación de experiencias da X edición: 1º-2º ESO, 3º-4º ESO e Bacharelato e ciclos.
- 10.00-10.45: ENTRE ABONOS E COLES (1º-2º ESO). Titora: Mª Concepción Sieiro Verdura (IES Pontepedriña). Alumnos: Aldán Mosquera Trilla, Daniel Iglesias López, Hugo Vidal Pérez, Valentín Giovanni Ferotti, Xián Paredes Diéguez.
- 10.45-11.30: SUMANDO LETRAS (3º-4º ESO). Titoras: Trinidad Pazos Celis/Olga Simón Cruz (IES Cacheiras). Alumnas: Laura Alonso Simón, Sara Castelo Paredes, Alejandra Guimeráns Guillén.
- 11.30-12.15: A FRONTEIRA ENTRE O PÚBLICO E O PRIVADO NA SOCIEDADE DA REDE (Bacharelato e ciclos). Titoras: Pilar Figueroa Vázquez/Ana Mª Alonso Rodríguez (IES Arcebispo Xelmírez II. Santiago de Compostela). Alumna: Uxía Noya García.
- 12.15-12.30: Descanso.
- 12.30-14.00: Mesa Redonda Ensinar Estatística e Probabilidade en tempos da COVID. Participantes: María Ángel Martínez Rodríguez (IES Agra do Orzán da Coruña), Lucía Penas Vázquez (CPR Plurilingüe San José de Pontedeume), Santiago Covelo Bugallo (IES Vilalonga de Sanxenxo). Modera Covadonga Rodríguez-Moldes Rey (SGAPEIO).
- 14.00-16.00: Descanso.
- 16.00-17.00: Conferencia de Jose Ameijeiras Alonso (Universidade de Santiago de Compostela) e Rosa Crujeiras Casais (Universidade de Santiago de Compostela).
- 17.00-19.30: Obradoiro LaTeX. Mª José Ginzo Villamayor (Universidade de Santiago de Compostela) e María Gómez Rúa (Universidade de Vigo)
Máis información: https://www.sgapeio.es/index.php/estatistica-no-ensino/3447-xornada-de-formacion-sgapeio-agapema-2020.
3.- Seminario Adam Smith 2021
O Seminario Adam Smith é un seminario de investigación interdisciplinario para a presentación de novos traballos en economía, política e filosofía, neste caso a través do prisma da Teoría de Xogos. As linguas vehiculares serán o inglés ou o alemán. Este seminario está organizado por Manfred J. Holler, do Centro de Resolución de Conflitos de Múnic, en cooperación con Gregor Berz, do Instituto de Deseño de Mecanismos Aplicados (IFAMD), de Múnic e Saarbrucken, ademais de Florian Rupp da Universidade Internacional de Kutaisi e de Eva Wolf, tamén do Centro de Resolución de conflitos de Munich. As charlas impartiranse en liña, normalmente os luns de 17:00 a 18:30, concretamente o 1, 8 e 15 de febreiro, sendo organizadas pola IFAMD. Prégase se poñan en contacto con Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. para obter información sobre o acceso telefónico.
Programa confirmado:
1 de febreiro de 2021. Peter Emerson: O voto maioritario como catalizador do populismo: toma de decisións preferente para unha democracia inclusiva. Introdución e presentación a cargo de Shanti Chakravarty (University College of North Wales en Bangor).
Máis información: www.ccr-munich.de
4.- Seminario web da ISBIS: Data Science in Industry
28 de xaneiro de 2021
A Sociedade Internacional de Estatística Industrial e Empresarial (ISBIS) presenta o seminario web Data Science in Industry.
O almacenamento de datos en todo o mundo aumenta drasticamente día a día, e as empresas precisan administrar os datos que recompilan para extraer información útil que lles sirva para tomar decisións. En consecuencia, a profesión de Científico de Datos ou Data Scientist está a estenderse en moitas empresas. Pero, que fai realmente un científico de datos nunha empresa? Como xestionan e elaboran realmente os datos? Que tipo de problemas resolven usando a estatística? Neste seminario web, tres científicos de datos explicarán os seus traballos en Pinterest, Amazon e T-Mobile.
Máis información: https://www.isi-web.org/component/jevents/eventdetail/86/-/data-science-in-industry?Itemid=1
5.- Spatial and Temporal Statistics Symposium (STSS)
17 de febreiro - 19 de febreiro de 2021
Este simposio virtual ten como obxectivo principal o desenvolvemento, formación dos estudantes de estatística espacial e temporal, así como o fomento da colaboración entre eles. Estimularase a discusión sobre avances recentes en metodoloxía e aplicacións da estatística espacial e temporal.
Máis información: https://stss2021.wordpress.com.
6.- Contrato para técnico superior de investigación
Perfil: Grao en Física, Matemáticas, Estatística ou Enxeñería (Biomédica, Industrial, Telecomunicación, Informática) ou similares.
Proxecto: "Desenvolvemento dun sistema de IA para a adecuación da intensidade asistencial de pacientes críticos de COVID-19 na UCI integrando técnicas de Machine e Deep Learning". Proxecto financiado por GAIN- FEDER, Código: IN845D-2020/29.
Condicións/Duración: 20 meses.
Data límite: 25/01/2021.
Requisitos imprescindibles: Estar a cursar (2º ano) ou cursar un mestrado de estatística, enxeñería industrial, telecomunicacións, ou similar. As ofertas que non cumpran con todos os requisitos imprescindibles quedarán automaticamente descartadas.
Requisitos que tamén serán valorados:
- Coñecemento básico de procesado de datos e sinais biomédicas para investigación.
- Coñecemento de programación en R e Python.
- Coñecemento de técnicas estatísticas: redución de dimensión, análise clúster industrial, análise discriminante, análise de supervivencia, predición, machine/deep learning.
Máis información e solicitudes:
http://empleo.fundacionbiomedica.es/ofertastrabajo/inscripciones/33
7.- Contrato de doutor/a na Universidade do Minho
Vense de abrir o concurso, de ámbito internacional, para a contratación, na modalidade de contrato de traballo indefinido (a termo incerto) segundo o Código do Trabalho de Portugal, de un doutor/a para o exercicio de actividades de investigación científica no Centro de Matemática da Universidade do Minho nas seguintes áreas: Álxebra, Lóxica, Análise, Xeometría, Topoloxía, Probabilidades, Estatística e Investigación de Operacións.
Data límite para a presentación de solicitudes: 28 de xaneiro de 2021.
As candidaturas deberán ser formalizadas de acordo coa convocatoria dispoñible no sitio web http://www.cmat.uminho.pt/Default.aspx?lang=en-US.