ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas SGAPEIO 01-abril-2013
1.- Oferta de emprego da Fundación Cabaleiro-Goás
Titulación requirida: Diplomatura ou Licenciatura en Matemáticas ou Diplomatura ou Licenciatura en Estatística. Postgrao Oficial en Técnicas Estatísticas.
Requisitos mínimos do candidato/a:
- Experiencia en análise de datos biomédicos, especialmente en: análise multivariante, supervivencia, validez de probas diagnósticas, validación e análise de enquisas (Análise factorial, análise de correspondencia).
- Experiencia no manexo de paquetes estatísticos R, SPSS, Epidat, Stata, e similares. Condicións do contrato:
Tipo de contrato e duración: contrato laboral por obra ou servizo de 6 meses de duración. Xornada laboral: media xornada (20 horas semanais).
Salario: 897 € brutos
Presentación de solicitudes: ata o 9 de abril de 2013.
Máis información: http://eio.usc.es/pub/mte/descargas/estatistic_0313_fcg.pdf
2.- III edición do curso "Estatística con R para investigadores"
A Universidade de Vigo convoca a terceira edición do curso virtual "Estatística con R para investigadores". Este curso, que se realizará a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo (Faitic), inclúe unha breve introdución ao programa R e as técnicas estatísticas de análise multivariante máis utilizadas na investigación, con datos e exemplos paso a paso, asequibles para usuarios da Estatística non expertos.
- Importe da matrícula: 125 € (90 € parados)
- Período de preinscrición: do 1 ao 20 de abril de 2013.
- Período de matrícula: do 2 ao 25 de abril de 2013.
- Período de docencia: do 1 ao 31 de maio de 2013.
Máis información: https://bubela.uvigo.es/curso/1866
3.- Courses in bioinformatics and omics data analysis
Transcriptomics: Analysis of Microarray gene expression data.
- Datas: do 16 ao 22 de abril de 2013.
- Máis información: http://www.omicsuvic.net/resources/course+gene+expression.pdf
Next Generation Sequencing analysis
- Datas: do 23 ao 30 de abril de 2013.
- Máis información: http://www.omicsuvic.net/resources/course+ngs.pdf
Epigenomics
- Datas: do 6 ao 13 de maio de 2013.
- Máis información: http://www.omicsuvic.net/resources/course+epigenomics.pdf
4.- International R User Conference 2013
O congreso internacional de usuarios de R de 2013 (use R! 2013) terá lugar do 9 ao 12 de xullo de 2013 en Albacete, organizado pola Universidade de Castilla-La Mancha. Igual que nos congresos anteriores, o programa consta de dúas partes
1. Charlas invitadas de discusión sobre novos desenvolvementos de R e interesantes aplicacións.
2. Presentación de contribucións de usuarios de R, que mostran o amplo rango de campos nos que se utiliza R para a análise de datos.
Máis información: http://www3.uclm.es/congresos/useR-2013/
5.- 7ª Reunión da EMR-IBS
A 7ª Reunión da Eastern Mediterranean Region International Biometric Society (EMR-IBS) terá lugar en Tel-Aviv (Israel) do 22 ao 25 abril de 2013.
A reunión abarcará moitos temas de importancia actual en bioestatística, biometría e bioinformática. O programa inclúe cursos pre-congreso cortos, sesións científicas, sesións plenarias, sesións de pósters e comunicacións de invitados distinguidos, de renome internacional.
Máis información: https://event.pwizard.com/ims/
6.- Listas de contratación temporal da Xunta: escala técnica de estatísticos
Están abertas as listas de contratación temporal da Xunta de Galicia para a escala técnica de estatísticos (grupo A2, corpo/escala 2085).
Presentación de solicitudes: do 1 de marzo ao 15 de xullo.
Máis información: http://funcionpublica.xunta.es/?q=node/92
7.- 6ª edición dos Premios Educaweb
Está aberta a convocatoria da 6ª edición dos Premios Educaweb de Orientación Académica e Profesional. Poderán presentarse a este certame profesionais individualmente (orientadores profesionais, titores, profesores, mestres, pedagogos, psicopedagogos, psicólogos, etc.) ou ben, institucións, centros educativos e organizacións que desenvolvesen ou estean a desenvolver un proxecto de orientación académica e/ou profesional. Os proxectos organizaranse en función de tres categorías:
- Categoría A: Proxectos de institucións, organizacións ou centros educativos que se estean realizando durante o curso 2012/2013 ou cursos anteriores.
- Categoría B: Proxectos presentados por profesionais individualmente que se estean realizando durante o curso 2012/2013 ou cursos anteriores.
- Categoría C: Proxectos elaborados por orientadores e profesionais da educación menores de 35 anos e que aínda non se aplicasen.
A principal novidade para esta edición é que os gañadores da categoría C poderán gozar dun viaxe a un país europeo para coñecer unha organización dedicada á orientación.
Bases: http://static.educaweb.com/pdf/premi/6-edicio/Bases_cast_13.pdf