Novas SGAPEIO 30-abril-2013

1.- Xornada do IGE sobre a cadea forestal-madeira
O Instituto Galego de Estatística organiza unha xornada de traballo sobre “Radiografía e perspectivas da cadea forestal-madeira en Galicia”.
- Data: 3 de maio de 2013
- Horario: 10:00 - 14:00 horas
- Lugar: Salón de actos do Museo Pedagóxico de Galicia
Máis información: http://www.ige.eu/estatico/pdfs/s6/IGE_Xornada_Cadea_Forestal_Madeira.pdf

2.- Curso de Bioestatística e Epidemioloxía con Stata 12
O Instituto de Salud Musculoesquelética organiza un curso de Bioestatística e Epidemioloxía con Stata 12, que se impartirá en Madrid os días 15 e 16 de xuño de 2013 en horario de 8:30 a 20:30 (20 horas lectivas). O prezo do curso é de 230 €.
Programa:
- Introdución a Stata v12.
- Xestión de arquivos e manipulación de datos.
- Análise descritivo e gráficos.
- Probas estatísticas.
- Correlación e regresión lineal.
- Táboas epidemiolóxicas e regresión loxística.
Para máis información e reserva de praza enviar un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co asunto "Curso de Stata".

3.- Cursos da Universitat Autònoma de Barcelona
O Servei d’Estadística Aplicada da Universitat Autònoma de Barcelona organiza os seguintes cursos para os próximos meses:
Curso de introdución aos modelos mixtos con R:
- Datas: 13-16 de maio de 2013.
- Horario: 10:00 a 13:00 e 15:00 a 18:00 h.
- Duración: 20 horas.
- Máis información: http://sct.uab.cat/estadistica/es/content/curs-dintroducci%C3%B3-als-models-mixtes-amb-r.

Curso de introdución ás árbores de regresión e clasificación e redes neuronais con R:
- Datas: 25-28 de xuño de 2013.
- Horario: 10:00 a 14:00 h.
- Duración: 16 horas.
- Máis información: http://sct.uab.cat/estadistica/es/content/curs-introducci%C3%B3-als-arbres-de-regressi%C3%B3-i-classificaci%C3%B3-i-red-neuronals-amb-r

4.- Course "Functional and Complex Structure Data Analysis"
The ECAS (European Courses in Advanced Statistics) 2013 session will give a general overview of the methodological and practical aspects of Functional Data Analysis (FDA) with recent advances. This event will take place in Castro Urdiales, Cantabria (Spain) on 17 to 21 September, 2013. The potential audience of this ECAS Session are PhD students, substantive researches, methodologists in Mathematics and Computer Science (Bioinformatics, Biostatistics, Epidemiologist), as well as statisticians with interests in FDA.
Deadline to submit posters and short communications: June 15, 2013.
Further information: http://eio.usc.es/pub/ecas2013/

5.- Próximas actividades de RSME-Imaginary
Un paseo matemático por Santiago de Compostela:
- Data e hora: sábado 4 de maio de 2013, ás 11:00 horas.
- Lugar: saída dende o Museo do Pobo Galego.
Conferencia de Ángel Gabilondo:
- Título: "Sentidos y límites de la utilidad: el conocimiento y la dicha de vivir".
- Data e hora: luns 6 de maio de 2013, ás 19:30 horas.
- Lugar: Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia.
Máis información:
http://www.usc.es/gl/centros/matematicas/imaginary/actividades_complementarias.html

6.- Posto para un estatístico
Datos da empresa:
- Nome: Syntax for Science SL.
- Sede central en: Illes Balears.
- Descrición: Contract Research Organization (CRO) especializada en Biometría (estatística e xestión de datos) para ensaios clínicos.
- Ubicación: Palma de Mallorca.
Descripción do posto: 1 estadístico/a
Descripción da oferta: Como estadístico/a, traballará en proxectos internacionais dentro do sector farmacéutico e biotecnolóxico. Xunto co Xefe de Biometría , dará soporte nas fases de desenvolvemento de fármacos.
Estudios mínimos: Grao - Grao en Estatística.
Experiencia mínima: 3 anos.
Presentación de solicitudes: ata o 10 de maio de 2013.
Mais información: http://www.syntaxforscience.com/web/carrer/opportunities/

7.- Bolsas de Posgrao 2013 da Fundación Especial Caja Madrid
A Fundación Especial Caja Madrid convoca 20 bolsas para a formación de estudos de posgrao (máster, doutorado ou traballos de investigación) en Universidades e Centros Superiores de Investigación en Europa (excepto España), Estados Unidos e Canadá para o curso 2013-14.
A convocatoria está dirixida a españois graduados, licenciados, enxeñeiros superiores, informáticos superiores e arquitectos superiores con proxectos de fin de carreira presentados e aprobados.
Presentación de solicitudes: ata o 8 de maio de 2013.
Máis información: https://becas.fundacioncajamadrid.es/Ficheros/CMA/ficheros/F-becas-convocatoria-postgrado-2013.PDF

8.- XXVI Certame “Jóvenes Investigadores” 2013
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca o XXVI Certame "Jóvenes Investigadores" para 2013 (BOE nº 100 do 26 de abril de 2013) co obxectivo de espertar vocacións investigadoras entre os novos estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional, e membros de distintas asociacións xuvenís legalmente constituídas, ademais de mellorar a cultura científica e fomentar a actitude racional crítica na mocidade do noso país.

Presentación de solicitudes: ata o 16 de maio de 2013.
Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2013/04/26/pdfs/BOE-A-2013-4425.pdf

9.- XII Certame Universitario “Arquímides”
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca o XII Certame Universitario "Arquímides" 2013 de Introdución á Investigación Científica (BOE nº 96 do 22 de abril de 2013). O obxecto desta convocatoria é a concesión de subvencións públicas coa finalidade de fomentar a combinación da docencia e a investigación nos nosos centros universitarios e favorecer as incorporacións dos novos estudantes ao ámbito investigador outorgando premios a proxectos orixinais de investigación científica e tecnolóxica realizados polos mesmos.
Requisitos: Estar cursando ou ter finalizado estudos de master, grao, licenciatura, enxeñería superior, arquitectura, diplomatura, enxeñería técnica ou arquitectura técnica nalgún dos centros españois nos que se imparten titulacións oficiais, durante o curso 2012-2013, sempre que se trate do primeiro master, grao, licenciatura, enxeñería ou diplomatura cursada.
Presentación de solicitudes: ata o 24 de maio de 2013.
Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2013/04/22/pdfs/BOE-A-2013-4274.pdf

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates