Novas SGAPEIO 3-xuño-2013

1.- Palabrario estatístico de educaBarrié
Os últimos termos estatísticos que se engadiron ao Palabrario de educaBarrié son:
- Histograma, definido por Soly Santiago Pérez.
- Programación lineal, definido por José Mª Alonso Meijide.
- Algoritmo heurístico, definido por Julio González Díaz.
- Percentil, definido por Antonio Vaamonde Liste.
Páxina web: http://www.educabarrie.org/gl/palabrario

2.- Premio Conferencia Española de Biometría
A doutoranda do Dpto. de Estatística e Investigación Operativa, María Oliveira Pérez, vén de recibir o premio á mellor investigadora novel na XIV Conferencia Española de Biometría, celebrada do 22 ao 24 de maio en Ciudad Real.
No traballo “Study of crack distribution around cemented femoral components using nonparametric circular methods” analízase o patrón de distribución das microfracturas producidas en próteses de cadeira cementadas, a partir de datos obtidos dun estudo in vitro realizado na Upstate Medical University de Nova York. A principal contribución de Oliveira consiste no deseño e implementación dunha ferramenta exploratoria para a análise de datos circulares que permite a identificación de direccións preferentes de fractura.
Esta contribución forma parte da tese doutoral que María Oliveira está a realizar baixo a dirección dos profesores Rosa M. Crujeiras e Alberto Rodríguez, e que se centra no estudo de técnicas estatísticas nonparamétricas para a análise de datos circulares.
A conferencia é un dos eventos bianuais organizados pola Sociedad Española de Biometría, delegación da International Biometric Society, cuxos obxectivos son impulsar e difundir o desenvolvemento e aplicación de métodos estatísticos e matemáticos en bioloxía, medicina, psicoloxía, farmacoloxía e agricultura, entre outras áreas.
Ligazón á conferencia: http://areaestadistica.uclm.es/biometria2013/index.html
Ligazón ao dpto.: http://eio.usc.es

3.- Asociación Española de Estadística para la Salud
En febreiro deste ano constituíuse a Asociación Española de Estadística para la Salud (AESA), con sede en Granada. Esta asociación ten como obxectivo establecer colaboracións entre profesionais da estatística que desenvolven o seu labor no ámbito das ciencias da saúde, incluíndo igualmente a profesionais doutras disciplinas afíns.
A Asociación ten previsto realizar a súa primeira asemblea xeral o vindeiro sábado 22 de xuño no Hospital Virgen de las Nieves de Granada, sede social da asociación.
Máis información: http://www.aesaweb.es

4.- Conferencia: Beyond Mean Regression
O vindeiro xoves 6 de xuño, ás 12 h, terá lugar na Aula 0 da Facultade de Matemáticas a conferencia titulada "Beyond Mean Regression" do profesor Thomas Kneib, Georg-August-Universität Göttingen (Alemania).
Máis información: http://goo.gl/OlG8W

5.- Minicurso “Advances and Challenges in Space-time Modelling"
O 17 e 18 de xuño de 2013 celebrarase na Facultade de Ciencias da Universidade de Lisboa, un minicurso titulado "Advances and Challenges in Space-time Modelling: Bayesian modelling and inference with Gaussian Markov random fields and stochastic Partial Differential Equations", impartido polo profesor Finn Lindgren do Department of Mathematical Sciences da University of Bath, Reino Unido.
Para participar no minicurso hai que encher o formulario de inscrición que se encontra na páxina web do minicurso (http://ceaul-course-acstm.weebly.com/) tan pronto como sexa posible.

6.- VII Summer School MEIO
A Summer School do Master universitario en Estatística e Investigación Operativa (MEIO) da UPC-UB é un programa de formación especializada que aumenta a oferta de formación do Master, dos estudos de segundo ciclo da licenciatura de Ciencias e Técnicas Estatísticas, do grao en Estatística e dos programas de doutoramento en Estatística e Investigación Operativa da UPC, en Estatística da UB e en Economía da UB.
Neste curso 2012-2013 celébrase a sétima edición da Summer School do MEIO cunha oferta de cursos aberta a tódolos membros da UPC, da UB, e das comunidades universitaria, científica e profesional en xeral.
Máis información: http://meioupcub.masters.upc.edu/Summer-School

7.- Consultor SAS
A empresa de consultoría Deloitte busca un consultor de SAS para traballar en Madrid. Os requisitos de formación son: licenciado/a en Ciencias Físicas, Matemáticas, Estatística ou enxeñeiros da rama intelixencia artificial.
Máis información: http://www.linkedin.com/jobs?viewJob=&jobId=5868059

8.- Oferta de traballo para un bioestatístico/a
- Posto ofertado: bioestatístico/a.
- Empresa: empresa de Biotecnoloxía que investiga, fabrica e comercializa produtos para o diagnóstico clínico.
- Formación: doutorado en Estatística con 3 anos de experiencia ou licenciado en Estatística con experiencia mínima de 6 anos realizando funcións de análise de datos estatísticos aplicados ao diagnóstico in vitro preferentemente ou na industria farmacêutica.
Máis información: http://eio.usc.es/pub/mte/index.php/es/noticias/337-oferta-de-trabajo-perfil-bioestadisticoa

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates