Novas SGAPEIO 08-outubro-2013

1.- Palabrario estatístico de educaBarrié
Os dous termos estatísticos que se engadiron esta semana ao Palabrario de educaBarrié son:
- Algoritmo simplex, definido por Balbina Virginia Casas Méndez.
- Poboación e mostra, definido por Pedro Faraldo Roca.
Páxina web: http://www.educabarrie.org/gl/palabrario

2.- Xornada sobre o Ensino da Estatística
Xa está dispoñible o programa completo da Xornada sobre o Ensino da Estatística que se celebrará en Vigo e A Coruña, organizada por SGAPEIO , AGAPEMA e a Fundación Barrié. Recordade que o prazo para inscribirse finaliza o 15 de outubro.
Toda a información en: http://bit.ly/18PO4Ul

3.- Xornada sobre léxico matemático
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas organiza unhas Xornadas sobre léxico matemático os próximos días 5 e 6 de novembro, coincidindo coa semana da ciencia. Estas Xornadas van dirixidas a todas as persoas que usan o galego para transmitir matemáticas. Entre outros obxectivos, pretenden que sirvan para ir tecendo uns medios que permitan a colaboración regular no terreo do léxico.
A Facultade vén esforzándose desde hai un tempo en facer agromar algúns destes medios, e estas Xornadas queren tamén servir de escaparate para difundilos e dinamizalos. Entre estes medios contamos coa rolda de léxico, o concurso de vídeos Explícoche matemáticas 2.0 e a nova iniciativa sobre Galipedia, que pode axudar a visualizar as matemáticas en galego.
Máis información en: http://www.usc.es/gl/centros/matematicas/CNL/actividades.html

4.- Bolsas de formación para titulados universitarios no IGAPE
O obxecto destas axudas é a concesión dun máximo de 135 bolsas para a realización de prácticas formativas incardinadas en programas de mellora nas pemes galegas coa finalidade de formar a titulados universitarios en diversas áreas relacionadas coa profesionalización e o desenvolvemento estratéxico da empresa.
Titulacións requeridas: Física, Enxeñaría, Matemáticas, Química, Ciencias Económicas e Empresariais, Administración e Dirección de Empresas, Ciencias Empresariais, Economía e Dereito.
Dotación económica: 9960 € anuais (830 € mensuais)
Prazo de presentación solicitudes: 4 de novembro de 2013
Máis información en: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20131001/AnuncioO92-240913-0001_gl.pdf

5.- Día da ciencia en galego: 4 de novembro de 2013
O 4 de novembro de 2013 celébrase o Día da ciencia en Galego adicado a R. Buckminster Fuller, Florence Nighingale e Isaac Díaz Pardo
Máis información en: http://www.cienciaengalego.org/drupal6/taxonomy/term/64

6.- Novela “Los privilegios del azar”
Recentemente Carlos Felipe Martell, Profesor Titular de Estatística na Universidad de La Laguna (ULL) publicou a novela “Los Privilegiados del Azar” (Chiado Editorial). O índice desta novela coincide co de calquer manual académido de Estatística Aplicada ás Ciencias Sociais.

Pero… ¡non te enganes! “Los Privilegiados del Azar” é máis que un libro de Estatística. Descansa (por unha vez) dos libros académicos e sumérxete nun psicothriller bastante adictivo e de final desconcertante, ambientado na ULL, cunha denuncia social como fondo da trama.

Web da novela: https://sites.google.com/site/losprivilegiadosdelazar/

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates