ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas SGAPEIO 14-outubro-2013
1.- Palabrario estatístico de educaBarrié
Os dous termos estatísticos que se engadiron esta semana ao Palabrario de educaBarrié son:
- Estimación puntual, definido por María José Lombardía Cortiña.
- Intervalo de confianza, definido por Antonio Vaamonde Liste.
Páxina web: http://www.educabarrie.org/gl/palabrario
2.- Bolsas de formación para posgraduados
O Ministerio da Presidencia convoca, en réxime de concorrencia competitiva, e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade, sete bolsas destinadas a titulados superiores universitarios para a formación en métodos e técnicas utilizados na investigación social aplicada (BOE nº 242 de 9 de outubro de 2013).
Presentación de solicitudes: ata o 24 de outubro de 2013.
Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2013/10/09/pdfs/BOE-A-2013-10525.pdf
3.- 97 European Study Group for Industry (ESGI)
Do 11 ao 14 de novembro de 2013 celebrarase en Santiago de Compostela o 97 European Study Group for Industry, grazas á colaboración entre o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) e a Red Española Matemática - Industria (math-in), e á financiación recibida a través dun proxecto co goberno noruego.
Os problemas presentados e as empresas participantes nesta edición son:
- Electric Scale up for a carbothermic Al-process | Teknova AS e Alcoa Norway ANS.
- Process models for the production of Microalumina | Elkem AS Silicon Materials.
- Deseño dunha rede óptima de sensores de medida para monitorización de recurso renovable en áreas xeográficas | Centro Nacional de Energías Renovables (CENER).
Máis información: http://math-in.net/97ESGI/index.html
4.- Xornada de celebración do Ano Internacional da Estatística
O venres 18 de outubro de 2013 terá lugar en Barcelona (Palau del Parlament) unha xornada de celebración do Ano Internacional da Estatística (Jornada de celebració de l'Any Internacional de l'Estadística).
Máis información: http://e2013.wordpress.com/2013/10/12/palau-del-parlament-de-catalunya/