Novas SGAPEIO 14-xaneiro-2014

1.- Cambios nas novas e na Web da SGAPEIO

As novas da SGAPEIO, que son xa unha actividade consolidada da Sociedade, e que se viñan enviando por correo electrónico cada semana, pasan a ter periodicidade quincenal a partir de agora.

Ademais, creouse un novo apartado na Web, no menú NOVAS, no que se poderán consultar os boletíns de novas tal e como se envían por correo. Neste apartado incluíronse, con carácter retroactivo, todos os boletíns de novas enviados ao longo do ano 2013.

Por último, como xa vos anunciamos no mes de decembro, a SGAPEIO está tamén nas redes sociais (Twitter e Linkedin), e xa temos unha ligazón a elas na nosa Web.

Esperamos que estes cambios sexan do voso interese. Para calquera suxestión relacionada coas novas, ou con outros temas, podedes contactar con nós no enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

2.- Remata “Statistics2013” e comeza “The World of Statistics”

Como sabedes, o día 21 de decembro de 2013 celebramos na Facultade de Matemáticas o acto de clausura do Ano Internacional da Estatística (Statistics2013). Esta celebración a nivel mundial, que tiña por obxectivo promocionar a Estatística en tódolos sectores, contou coa participación de numerosas organizacións de todo o mundo e tivo unha importante repercusión. Aínda que os esforzos realizados deron excelentes resultados a corto prazo, é importante conseguir que os obxectivos do AIE repercutan a longo prazo. Por esta razón, o Comité Directivo Mundial de Statistics2013 seguirá promocionando esta disciplina a través do movemento The World of Statistics! (O Mundo da Estatística!) que arrancou en 2014 e que busca profundar aínda máis na promoción desta ciencia e as súas aplicacións. Por suposto, a SGAPEIO tamén se sumará ás organizacións comprometidas con esta nova iniciativa.

A finais de xaneiro, a Web de Statistics2013 cambiará a www.worldofstatistics.org

 

 

3.- Bolsas de posgrao de la Caixa 2014

A Obra Social "la Caixa" convoca 145 bolsas para cursar estudos de posgrao en España, Europa, América do Norte e a zona Asia-Pacífico.

Datas límite para a presentación de solicitudes:

-          España (25 bolsas): 24 de febrero de 2014

-          Europa (65 bolsas): 10 de febrero de 2014

-          América do Norte (48 bolsas): 28 de abril de 2014

-          Asia-Pacífico (7 bolsas): 24 de marzo de 2014

Máis información: http://obrasocial.lacaixa.es/ambitos/becas/becasdeposgrado_es.html

 

 

4.- Bolsas de formación

O Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad convoca catro bolsas de formación no Observatorio Estatal de Violencia sobre la Mujer para o período 2014-2015. Unha das bolsas está dirixida a licenciados ou graduados en Estatística, Socioloxía ou Economía que cumpran os seguintes requisitos:

- Experiencia na creación, xestión e explotación de bases de datos.

- Coñecementos e experiencia no uso do paquete estatístico SPSS.

- Nivel avanzado de inglés, oral e escrito.

Presentación de solicitudes: ata o 18 de xaneiro de 2014.

Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2013/12/24/pdfs/BOE-A-2013-13588.pdf

 

 

5.- Oferta de emprego na USC

Convocatoria pública de contratación de persoal na Universidade de Santiago de Compostela mediante contrato de obra ou servizo:

-          Título: Deseño de algoritmos para problemas de programación enteira.

-          Centro de traballo : Facultade de Matemáticas.

-          Investigador Principal: Julio González Díaz.

-          Requisitos: Licenciado/a ou Grao ou Diplomatura en Matemáticas ou Estatística.

Presentación de solicitudes: ata o 21 de xaneiro de 2014.

Máis información: http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/1408_gl.pdf

 

 

6.- Oferta de emprego no BCAM

Job offer: Research felloship in applied Statistics at basque center for applied mathematics (BCAM).

Topics:

-          Applied Statistics

-          Statistical Modelling

-          Biostatistics

-          Statistical applications in Epidemiology and Environmental Sciences

Deadline: January 25th.

More information:

http://www.bcamath.org/documentos_public/archivos/ofertas/BCAM12-0028.3_Research_Fellow_Profile_STAT_PUBLIC-Final.pdf

 

 

7.- Cursos da Universitat de Girona

A Unitat d’Assessorament Estadístic da Universitat de Girona ten previsto realizar os seguintes cursos que teñen a inscrición aberta:

-          Curso a distancia de introdución a R: do 23 de xaneiro ao 27 de febreiro de 2014.

-          Curso presencial de introdución a SPSS: 17 e 20 de febreiro de 2014.

-          Curso presencial de inferencia con SPSS: 24 e 27 de febreiro de 2014.

-          Curso presencial de modelización con SPSS: 34 e 6 de marzo de 2014.

-          Curso a distancia de introdución a SAS System: do 6 de marzo ao 3 de abril de 2014.

Máis información: http://www.udg.edu/UnitatdAssessoramentEstadistic/Formacio/Cursos/tabid/12542/language/ca-ES/Default.aspx

 

 

8.- II Encontro da Mocidade Investigadora

Dada a boa acollida do I Encontro da Mocidade Investigadora celebrado en decembro do pasado ano e coa finalidade de dar continuidade a esta iniciativa, a Escola de Doutoramento Internacional da USC organiza o II Encontro da Mocidade Investigadora, que terá lugar os días 29, 30 e 31 de xaneiro de 2014. Neste marco realizaranse exposicións de traballos de investigación, obradoiros de debate e terán lugar conferencias e mesas redondas sobre cuestións de interese para o persoal investigador en formación.

-          Datas: 29, 30 e 31 de xaneiro de 2014.

-          Lugar: Facultade de Ciencias da Comunicación, Campus Norte.

-          Período de inscrición e envío de comunicacións: 9 ao 16 de xaneiro de 2014.

-          Organiza: Escola de Doutoramento Internacional da USC.

Máis información: http://www.usc.es/gl/centros/cptf/doutoramento/Informacion_EDI.html

 

 

9.- V Conferencia Interuniversitaria sobre titulacións de Estatística

O vindeiro 31 de xaneiro terá lugar na Facultad de Ciencias Matemáticas da Universidad Complutense de Madrid a V Conferencia Interuniversitaria sobre titulacións de Estatística. Nesta conferencia tratarase sobre a situación das Ensinanzas de Estatística en España.

Máis información: http://www.seio.es/descargas/ProgramaVConferencia.pdf

 

 

10.- 29th International Workshop on Statistical Modelling

The 29th IWSM will be hosted by the Centre for Statistics of the Georg-August-Universität Göttingen (Germany) from July 14-18, 2014. As in previous years, the workshop will bring together a wide variety of international researchers, coming from all over the world and featuring different levels of experience, to encourage discussion and interchange between junior and senior scientists.

The deadline for abstract submission is January 31, 2014. The deadline for early registration is April 30, 2014.

More information: https://www.conftool.com/iwsm2014/

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates