ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas SGAPEIO 11-decembro-2012
1.- XXXIV Congreso Nacional de Estadística e Investigación Operativa
O Departamento de Matemáticas da Universitat Jaume I e a Sociedad de Estadística e Investigación Operativa (SEIO) anuncian a celebración do XXXIV Congreso Nacional de Estadística e Investigación Operativa e das VIII Jornadas de Estadística Pública. Este congreso vaise celebrar no Palacio de Congresos de Castellón, do 11 ao 13 de setembro de 2013.
Máis información: www.seio2013.com
2.-Bolsas de posgrao da Obra Social “La Caixa”
A Obra Social "la Caixa" convoca 145 bolsas para cursar estudos de postgrao en España, Europa, América do Norte e Asia. O obxectivo do programa de bolsas é fomentar a mobilidade e facilitar ao beneficiario unha subvención suficiente, que permita que os mellores estudantes non teñan impedimentos económicos para acceder aos mellores centros de ensino nacionais e internacionais.
Máis información: http://obrasocial.lacaixa.es/ambitos/becas/becasdeposgrado_es.html
3.-XVI edición de JAEM
A Societat Balear de Matemàtiques (SBM-XEIX) organiza a XVI edición das Jornadas para el aprendizaje y la Enseñanza de las Matemáticas (JAEM), que terán lugar en Palma entre o 2 e o 5 de xullo de 2013.
Máis información: http://xvi.jaem.es/spip.php?lang=es
4.-InvestigArte: concurso de arte visual e tecnolóxico
InvestigArte é un concurso de arte visual científico e tecnolóxico dirixido a dous perfís específicos:
• Grupos de investigación.
• Alumnos de ESO, Bacharelato e Formación profesional.
Este concurso está organizado por educaBarrié (o canal de comunicación coa comunidada educativa da Fundación Barrié), Campus Vida (o Campus de Excelencia Internacional Liderado pola Universidade de Santiago de Compostela), e o Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago (IDIS) co obxectivo de acercar a ciencia e a tecnoloxía á nosa sociedade.
Máis información: http://www.investigarte.es/