ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas SGAPEIO 27-novembro-2012
1.-Oposicións do IGE
Está previsto que no próximo ano 2013 se convoque novo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de estatísticos, correspondente á oferta de emprego público de 2011:
http://www.ige.eu/estatico/pdfs/s6/oposicions2011/OfertaEmpleo2011Xunta_Ga.pdf Na seguinte ligazón pódese acceder á proposta de temario que previsiblemente rexerá este proceso selectivo:
http://www.ige.eu/web/mostrar_paxina.jsp?paxina=006017004001&idioma=gl
2.-Bolsas de posgrao en AEMET
A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) convoca 6 bolsas de formación de posgraduados relacionadas coas actividades da axencia para 2013-2014. Estas bolsas, que teñen como finalidade a formación en proxectos de AEMET, están destinadas a licenciados, enxeñeiros, arquitectos ou graduados (BOE nº 276 do 16 de novembro de 2012). Tres dos seis proxectos inclúen a licenciatura de Matemáticas nos requisitos de titulación.
Presentación de solicitudes: ata o 1 de decembro de 2012.
Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2012/11/16/pdfs/BOE-A-2012-14151.pdf
3.-Contratos para investigadores en formación
O grupo MODES (grupo de investigación da área de Estatística e Investigación Operativa da UDC) oferta dúas prazas para investigadores en formación con cargo a un proxecto.
Perfil do posto: os seleccionados realizarán tarefas de investigación dentro dalgunha das liñas de investigación do grupo co obxectivo de desenvolver unha tese doutoral.
Lugar de traballo: departamento de Matemáticas. Facultade de Informática. Universidade da Coruña.
Máis información: http://eio.usc.es/pub/mte/descargas/UDC-Anuncio%20Dos%20Contratos.pdf