Novas SGAPEIO 11-Febreiro-2014

1.- IV edición do curso “Estatística con R para investigadores”

A Universidade de Vigo convoca a cuarta edición do curso virtual "Estatística con R para investigadores". Este curso, que se realizará a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo (Faitic), inclúe unha breve introdución ao programa R e as técnicas estatísticas de análise multivariante máis utilizadas na investigación, con datos e exemplos paso a paso, asequibles para usuarios da Estatística non expertos.

- Importe da matrícula: 125 € (90 € parados e socios/as da SGAPEIO)

- Período de preinscrición: do 10 de febreiro ao 5 de marzo de 2014.

- Período de matrícula: do 10 de febreiro ao 5 de marzo de 2014.

- Período de docencia: do 10 de marzo ao 10 de abril de 2014.

Máis información: https://bubela.uvigo.es/curso/2197

 

2.- Obradoiro de R

O Grupo de amigos de Linux de Pontevedra (GALPon), en colaboración coa Asociación Xuvenil Altamar, e coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) organiza un obradoiro de Estatística con R, dentro do 2º Ciclo dos Sábados Libres na Altamar. Este obradoiro terá lugar en dúas xornadas, os días 22 de febreiro e 26 de abril de 2014.

Máis información: http://www.galpon.org/content/2a-xornada-dos-sabados-libres-na-altamar-estatistica-con-r-i

 

3.- VIII Feira Matemática 2014

A Feira Matemática, organizada por AGAPEMA, é unha xornada pensada para a divulgación das Matemáticas e dirixida ós alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria, ESO, BAC e Formación Profesional así como ó profesorado de Matemáticas e a todo o público en xeral. O propósito co que se plantexa esta cita é a de crear un espazo educativo no ámbito matemático.

Este ano celébrase a VIII edición da Feira, que terá lugar o sábado 26 de abril de 2014 no Hall de Proa de PALEXCO, dende as 11 h ata as 19 h.

Ademais do tradicional concurso de Fotografía Matemática que se convocou nas edicións anteriores da Feira, na presente edición convócase tamén un concurso de ESOPÍAS e outro de MATMONÓLOGOS, coa colaboración da Fundación Barrié. Toda a información dos tres concursos, así como o envío de materiais e a votación do público, farase a través de Mateblog: http://mateblog.educabarrie.org/.

Máis información: http://www.agapema.org/?q=node/208

 

4.- III Congreso de Profesores de Ciencias

O Colegio Profesional de la Educación, a Universidade Complutense de Madrid, a editorial Santillana e o grupo de investigación "EPINUT" da dita universidade organizan o III Congreso de Profesores de Ciencias do 26 ao 29 marzo de 2014 na Facultade de Ciencias Biológicas da Universidade Complutense (Madrid).

Máis información en: http://www.epinut.org.es/CDC/3/

 

5.- Computational and Applied Statistics 2014

Computational and Applied Statistics 2014 (CAS) is a workshop organized as part of the International Conference on Computational Science and its Applications (ICCSA 2014, Guimarães, Portugal, June 30 – July 3, 2014). The aim of this workshop is to bring together scientists working in applied statistics, scientific computation and applications in all areas of sciences, engineering, industry, economics, life sciences and social sciences.

Important dates:

-          February 28, 2014: Abstract and Full Paper submission.

-          April 10, 2014: Notification of Acceptance and Early-bird Registration starts.

-          May 6, 2014: Early-bird Registration ends.

-          May 6, 2014: Submission deadline for the final version of the Papers.

-          June 30, July 3, 2014: Workshop taking place.

More information: http://anabraga66.wix.com/cas2014

 

6.- Bolsas de posgrao 2014 da Fundación Barrié

A Fundación Barrié convoca 42 bolsas para a realización, a tempo completo, de estudos de posgrao no estranxeiro, coas seguintes características:

-          30 bolsas predoutorais para a mobilidade internacional.

-          10 bolsas para a realización de estudos de mestrado no estranxeiro nos mellores centros académicos e investigadores do mundo por un período máximo de 24 meses.

-          2 bolsas para apoiar a innovación no sector da automoción en colaboración con CEAGA (Clúster de Empresas da Automoción de Galicia)

Presentación de solicitudes: ata o 31 de marzo de 2014.

Máis información: http://becasposgrado.fbarrie.org/

 

7.- Bolsas de posgrao 2014 da Fundación Rafael del Pino

A Fundación Rafael del Pino convoca 10 bolsas para licenciados e titulados superiores españois destinadas á ampliación dos seus estudos, con dedicación a tempo completo, en Universidades e Centros de investigación de primeiro nivel no mundo.

O nivel dos estudos a cursar é de posgrao: estudos de master, de doutorado ou de investigación posdoutoral. Tamén se admitirán, en función do interese do tema, da valía do candidato e da calidade do centro de destino, os proxectos de investigación científica, aínda que non conduzan ás citadas titulacións. O desfrute das bolsas poderá iniciarse durante o curso 2014-2015 ou o curso 2015-2016.

Presentación de solicitudes: ata o 28 de febreiro de 2914.

Máis información: http://becas.frdelpino.es/assets/files/Bases_convocatoria_2014.pdf

 

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates