Novas SGAPEIO 10-abril-2012

1.- Curso "Estatística con R para investigadores"
Lembramos que ata o 20 de abril de 2012 está aberto o prazo de preinscrición na segunda edición do curso virtual "Estatística con R para investigadores" que organiza a Universidade de Vigo. Aínda quedan algunhas vacantes neste curso non presencial que terá lugar do 1 ao 31 de maio de 2012.
Máis información na web da SGAPEIO.

2.- Curso "Ferramentas bioestatísticas e epidemiolóxicas para a investigación en cancro"
A Escuela Andaluza de Salud Pública organiza un curso semipresencial sobre Ferramentas bioestatísticas e epidemiolóxicas para a investigación en cancro. Este curso ten como obxectivo capacitar aos participantes no uso de ferramentas epidemiolóxicas e bioestatísticas aplicadas á investigación en cancro, e ten o seguinte programa:
- Introdución á epidemioloxía, prevención e control do cancro.
- Estatística básica aplicada á epidemioloxía do cancro.
- Deseño e interpretación de estudos epidemiolóxicos.
- Elementos clave para a lectura crítica de artigos científicos.
Outros datos:
- Lugar: Granada
- Datas: 28 e 29 de maio as sesións presenciais, e ata o 7 de xullo as non presenciais.
- Inscripción: ata o 20 de abril de 2012.
- Matrícula: 680 €.
Máis información: http://www.easp.edu.es/ProgramaDocente/

3.- Oferta de 3 prazas de profesor en Chile
O Departamento de Estatística da Facultade de Ciencias da Universidade de Valparaíso (Chile) oferta 3 prazas de profesores a xornada completa. Os requisitos son os seguentes:
1. Contar co grao de doutor en estatística (ou en algunha área afín) no momento de presentar a solicitude.
2. Ter formación en estudos de pregrao en estatística (ou en algunha área afín).
3. Posuír experiencia docente universitaria.
4. Mostrar un manexo fluído do idioma español.
5. Ter algunha productividade científica na súa área de especialización.
6. Estar capacitado para traballar en grupos multidisciplinarios.
Presentación de solicitudes: ata o 20 de abril.
Máis información: http://www.deuv.cl/attachments/article/142/llamado_2012_2.pdf

4.- Teses, tesiñas, conferencias e traballos sobre estatística en Galicia
Inauguramos unha sección nas novas da SGAPEIO que se publicará unha vez ao mes cunha reseña das teses, tesiñas, conferencias ou traballos sobre estatística que se presenten nas universidades galegas ou en centros de Educación Secundaria.
Tesiña na USC
O día 21 de marzo de 2012, tivo lugar na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago a defensa pública da tesiña para optar ao Grao de Licenciada “Estimación núcleo da densidade con datos circulares”, presentada pola licenciada María Oliveira Pérez, e realizada baixo a dirección dos profesores Alberto Rodríguez Casal e Rosa M.ª Crujeiras Casais do departamento de Estatística e Investigación Operativa da USC.
Dispoñible o resumo da tesiña na páxina web da SGAPEIO.

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates