ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas SGAPEIO 16-maio-2012
1.- II Incubadora de Sondaxes e Experimentos
O pasado martes, día 15 de maio, rematou o prazo para que os grupos inscritos na II Incubadora de Sondaxes e Experimentos enviasen os seus traballos. En total estaban inscritos 38 grupos, dos que se recibiron 22 traballos (58%). Os datos por categorías son os seguintes:
- 1º e 2º de ESO: 13 inscritos, 8 traballos recibidos (62%)
- 3º e 4º de ESO: 19 inscritos, 11 traballos recibidos (58%)
- 1º e 2º de Bacharelato: 6 inscritos, 3 traballos recibidos (50%)
A principios do mes de xuño darase a coñecer o fallo do xurado.
2.- Bolsas de doutorado en investigación operativa. Australia
O grupo de optimización de NICTA xunto á Universidade de Melbourne (Australia) ofrece bolsas para estudantes interesados en realizar un doutoramento en investigación fundamental e aplicada en optimización, teoría de xogos e algoritmos.
O obxectivo é formular, analizar e resolver modelos matemáticos cun enfoque cara a diferentes áreas tales como os sistemas de enerxía intelixente (smart grid), redes de transporte e comunicacións, a administración de desastres naturais, e a loxística. O grupo está liderado polo renomeado profesor Pascal Van Hentenryck.
Requisitos: ter un título universitario nalgunha área relacionada: enxeñería, ciencias matemáticas, ciencias da computación ou ciencias económicas.
Máis información: http://imaisd.usc.es/guiaconvocatorias.asp?i=gl&s=-2-26-30&t=1&st=0
3.- Praza de técnico senior en proceso de datos
Gfk, instituto de investigación de mercados, convoca unha praza de técnico senior en proceso de datos para a tabulación de datos, tratamento de ficheiros de datos procedentes de enquisas e realización de análises estatísticas multivariantes.
Valoraranse os estudios relacionados coa Estatística ou as Matemáticas. Tamén se valorarán os coñecementos de inglés, a experiencia en BBDD SQL e en programas estatísticos como SPSS.
Máis información: http://www.rsme.es/content/blogcategory/52/107/