ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas SGAPEIO 11-marzo2014
1.- International Seminar on Multi-State Models (Vigo)
O mércores 26 de marzo de 2014 terá lugar un Seminario Internacional sobre Modelos Multi-Estado (International Seminar on Multi-State Models) no Salón de Graos da Facultade de Económicas de Vigo.
A inscrición é gratuíta. Por motivos de organización, é necesario inscribirse enviando, antes do mércores 19 de marzo ás 14:00 horas, un e-mail á dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co asunto: Inscripción MSM2014 e indicando nome completo e afiliación (os estudantes do Máster/Doutorado galego en Estatística e Investigación Operativa son especialmente benvidos).
Más información: http://webs.uvigo.es/jacobo/program_MSM2014.htm
2.- Curso de educaBarrié “Enseñando a investigar”
A Fundación Barrié, a través de educaBarrié, organiza o curso Enseñando a investigar dirixido a profesorado de Secundaria.
Enseñando a investigar busca fomentar entre o profesorado o uso da investigación como ferramenta educativa. Estruturado en dous bloques formativos, no primeiro bloque os contidos céntranse no desenvolvemento do proxecto de investigación na aula de secundaria e no segundo bloque na presentación do traballo a concursos e feiras científicas para estudantes.
A matrícula é gratuíta e o número de prazas é de 25.
Primeira edición:
- Datas: 24, 25, 31 de marzo e 1 de abril de 2014.
- Horario: de 17:30 a 19:30 horas.
- Lugar: Fundación Barrié, sede de Vigo.
Segunda edición:
- Datas: 12, 13, 19 e 20 de maio de 2014.
- Horario: de 17:30 a 19:30 horas.
- Lugar: Fundación Barrié, sede da Coruña.
Máis información: http://www.educabarrie.org/gl/agenda#/gl/eventos/ensenando-investigar
3.- Curso semipresencial de Estatística e Epidemioloxía
A Escuela Andaluza de Salud Pública (EASP) convoca un curso semipresencial de Estatística e Epidemioloxía dirixido a profesionais sen formación previa en Estatística ou Epidemioloxía, interesados en coñecer e aplicar os métodos cuantitativos máis utilizados no ámbito das ciencias sociais.
- Datas: 21 de abril a 27 de xuño de 2014. Sesións presenciais: 4-6 de xuño e 25-27 de xullo.
- Duración: 60 horas.
- Matrícula: 875 €.
- Preinscrición: ata o 19 de marzo de 2014.
Máis información: http://www.easp.es/cursos/?idCurso=311301NA14
4.- Bolsas de investigación
A Deputación da Coruña convoca 18 bolsas destinadas a titulados universitarios que pretendan facer un traballo de investigación no período 2014-2015 (BOP da Coruña, 3 de marzo). Catro das bolsas son para a área de Ciencias.
Requisitos dos solicitantes:
1. Posuír titulación universitaria (licenciado, diplomado, grado o equivalente) recoñecida oficialmente.
2. Acreditar, como mínimo, un ano de residencia en calquera concello da provincia da Coruña, mediante a presentación dun certificado/volante de empadroamento.
3. Non superar os umbrais de renda que se establecen.
4. Non ser titular, no momento no que se produza a adxudicación da bolsa e durante a duración desta, de ningunha outra bolsa de investigación para o mesmo período, aínda que a investigación sexa diferente.
Presentación de solicitudes: ata o 31 de marzo de 2014.
Máis información: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2014/03/03/2014_0000002266.pdf