ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas SGAPEIO 7 maio 2014
1.- Cambios na web da SGAPEIO
Creouse unha nova opción na web da SGAPEIO, no apartado de “A SOCIEDADE”, e con acceso restrinxido a socios, no que se van ir incluíndo os distintos convenios de colaboración firmados pola SGAPEIO. Actualmente pódense consultar os seguintes convenios:
- Convenio CESGA 2013: acordo de colaboración entre a Fundación Centro tecnolóxico de Supercomputación de Galicia e a Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións para o aloxamento do sitio web (webhosting) www.sgapeio.es.
- Convenio Fundación Barrié 2014: Convenio de colaboración entre a Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Fundación Barrié.
2.- VI Xornadas de usuarios de R
As VI Xornadas de Usuarios de R terán lugar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) os días 23 e 24 de outubro de 2014. Incluirán ponencias e obradoiros cos seguintes obxectivos:
- Promover o coñecemento de R e as súas aplicacións.
- Proporcionar un punto de encontro aos usuarios de R.
- Fomentar a colaboración entre eles nun ambiente multidisciplinar.
A inscrición nas Xornadas é gratuíta, pero é necesario cubrir un formulario de inscrición. Máis información: http://r-es.org/VI+Jornadas
3.- Curso “Control Estatístico da Calidade con R”
A Universidade de Vigo organiza o curso virtual "Control Estatístico da Calidade con R", dirixido a enxeñeiros e profesionais (responsables e técnicos) do control de calidade nas empresas. O curso inclúe unha breve introdución ao programa R e as técnicas estatísticas de control de calidade máis empregadas, con datos e exemplos paso a paso, asequibles para usuarios non expertos. Non é necesario ter un nivel elevado de Estatística ou coñecer previamente o programa R, aínda que estes coñecementos poden aumentar o rendemento do alumno.
- Importe da matrícula: 125 € (90 € parados)
- Período de matrícula: do 1 ao 25 de maio de 2014.
- Período de docencia: do 1 ao 30 de xuño de 2014.
Más información: https://bubela.uvigo.es/curso/2278
4- Seminario de Iniciación á Investigación
O vindeiro mércores 14 de maio terá lugar na Facultade de Matemáticas unha nova sesión do Seminario de Iniciación á Investigación (SII) coa conferencia titulada "Optimización en redes de transporte de gas", a cargo de Ángel Manuel González Rueda.
- Lugar: Aula 5 da Facultade de Matemáticas.
- Data e hora: Mércores 14 de maio ás 17:00.
Resumo: La gestión eficiente de las redes de transporte de gas es uno de los objetivos promovidos por la Unión Europea con sus políticas energéticas. La presión del gas que fluye por la red disminuye debido a la fricción con las tuberías y, para contrarrestar dicha pérdida de presión, se emplean compresores que consumen cierta proporción del gas. Se formalizará el problema de optimización asociado al transporte de gas por la red garantizando la seguridad de suministro atendiendo a diversos objetivos, como minimizar los autoconsumos de los compresores. Para ello se presentarán dos enfoques, uno basado en técnicas de programación lineal sucesiva y otro en técnicas de teoría de control.
5.- Oferta de emprego
GRUPO GENERALI ESPAÑA, un dos principais grupos aseguradores no ámbito internacional e líder no mercado nacional precisa incorporar para a súa Área de Xestión e Control de Riscos, un/una ACTUARIO/A DE CONTROL DE RISCOS.
Funcións do posto:
- Realizar a análise dos datos consolidados de Generali, comparando a evolución dos mesmos.
- Levar a cabo as actividades relativas ao risco do Grupo, actuando segundo as instrucións do seu responsable, os procedementos e normas do Grupo e a lexislación vixente.
- Alertar sobre posibles incidencias e elaborar informes fiables e actualizados sobre o rendemento do Grupo no seu conxunto.
- Realizar a análise das contas consolidadas das diversas sociedades de Generali.
- Organizar e programar a extracción de datos, a súa análise e a elaboración de informes.
Requisitos:
- Titulado en Ciencias Actuariais, Matemáticas, Estatística, etc.
- Mínimo 2 anos de experiencia en funcións semellantes.
- Imprescindible bo nivel de inglés (realizaranse probas).
- Dominio EXCEL e SAS.
Máis información: http://www.linkedin.com/jobs2/view/13318762?trk=eml-jymbii-organic-job-title&refId=77812ff1-b0d9-47b6-b990-1a4a0e1b2fd1
6.- Bolsas IMUS de iniciación á investigación 2014
O Instituto de Matemáticas de la Universidad de Sevilla (IMUS) convoca 5 bolsas de iniciación á investigación en dúas modalidades:
(A) dirixida a titulados de grao cunha antigüidade inferior a un ano (2 bolsas); e
(B) dirixida a titulados de máster cunha antigüidade inferior a un ano (3 bolsas).
O prazo para á presentación de solicitudes é do 12 ao 23 de maio de 2014.
A información completa da convocatoria atópase en: https://www.imus.us.es/noticia/593
7.- Programa ARGOS 2014
Ata o vindeiro 9 de xuño de 2014 está aberto o prazo de inscrición para participar na edición 2014 do programa ARGOS, unha iniciativa conxunta da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC e da incubadora de empresas UNINOVA, que contan coa colaboración das Facultades de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago e a de Administración e Dirección de Empresas de Lugo.
Tomando coma eixos o “traballo en equipo” e o “aprender facendo” ao longo do programa acompáñase aos participantes no proceso de definición dunha idea de negocio, e avalíase a súa capacidade de chegar a un proxecto empresarial convincente.
O programa está dirixido a alumnos/as dos últimos anos de licenciatura ou grao; alumnos/as de posgrao, máster ou doutoramento; egresados das ultimas promocións e colaboradores ou persoal integrado en grupos de investigación e estrutúrase en tres fases:
- Nunha primeira fase que se desenvolverá ao longo da primeira quincena de setembro, os inscritos poderán participar en varias sesións informativas e de adestramento para o traballo en equipo.
- Na segunda etapa do programa procederase á constitución dos equipos multidisciplinares con catro ou cinco integrantes.
- Finalmente na terceira etapa, os equipos baixo a titorización de persoal asignado polo programa ARGOS desenvolverán o seu plan de empresa que deberán presentar ante un xurado ao final da fase. Como apoio complementario nesta fase realizaranse outras accións formativas e diferentes visitas a empresas que contribuirán á mellor do plan de empresa.
Ao final do programa, os plans entregados, poderán optar a algunha das dúas categorías de premios establecidas e dotadas con 3.000€ cada unha e 6 meses de acceso gratuíto a espazos de incubación.
Para inscribirse hai que cumprimentar o formulario que figura, xunto coas bases do programa, na web: www.uninova.org e envíalo ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Máis información: www.ininova.org