Novas SGAPEIO 30 maio 2014

1.- Resolución do IV Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
O xurado do IV Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, reunido o día 27 de maio de 2014 en Santiago de Compostela, resolveu os premios concedidos en cada unha das categorías. A lista de traballos premiados, así como a composición do xurado, pode consultarse na páxina web da SGAPEIO (www.sgapeio.es).
O acto de entrega de premios da IV edición do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos terá lugar o venres 20 de xuño de 2014, ás 12:00 horas, na Facultade de Matemáticas. Contamos coa vosa asistencia.

2.- Seminario na Facultade de Matemáticas
O Departamento de Estatística e Investigación Operativa de Santiago organiza un seminario que se celebrará o día 3 de xullo de 2014 na aula 0 da Facultade de Matemáticas (Santiago de Compostela) e poderá seguirse por vídeo conferencia dende as aulas do Máster en Técnicas Estatísticas da UDC e a UVigo.
Programa
Seminario de inferencia estatística con aplicacións na economía
17:00 – 18:00: Small area estimation of poverty indicators under partitioned area-level time models. Domingo Morales González (Universidad Miguel Hernández de Elche)
Abstract: The talk gives an introduction to small area estimation and deals with small area estimation of poverty indicators. Small area estimators of these quantities are derived from partitioned time-dependent area-level linear mixed models. The introduced models are useful for modeling the different behavior of the target variable by sex or any other dichotomic characteristic. The mean squared errors are estimated by explicit formulas. An application to data from the Spanish Living Conditions Survey is given
18:00 – 19:00: Precautionary savings over the life cycle: a simple two step locally constant least squares estimator. Juan Manuel Rodriguez Poo (Universidad de Cantabria)
Abstract: This paper considers the problem of the estimation of a structural model of optimal life-cycle savings, controlling both for uncertainty about health-care expenditures and household risk aversion. We propose a new estimation technique that, compared to those already proposed in the literature, it enables us to deal simultaneously with different problems such as unobserved cross-sectional heterogeneity, varying parameters of unknown form in the Euler equation and endogenous covariates. The estimator of the function of interest turns out to have the simple form of a two-step weighted locally constant least-squares estimator. Additionally, some marginal integration techniques are needed to compute a subset of the functionals of interest. We also establish the asymptotic properties of these estimators. To illustrate the feasibility and possible gains of this method, we present an application about household's precautionary savings over the life-cycle. From this empirical application, we obtain the following conclusions: Households accumulate wealth at least in two periods in life. In younger stages, in order to guard against uncertainty about potential income downturns, and when households become older due to other reasons such as retirement and bequests. Furthermore, public health programs have a negative impact on precautionary savings. Finally, by comparing educational levels we obtain that households with low education levels are more risk averse than those with higher education levels. The paper concludes with a Monte Carlo simulation where the small sample properties of the proposed estimators are analyzed.

3.- III Encontro JEDE
O grupo de investigación Decyl (Datos, Estadística, Calidad y Logística) da Universidad Pública de Navarra organiza o III Congreso-Escuela de Verano de jóvenes investigadores en estadística: diseño de experimentos y bioestadística (JEDE III), que se celebrará os días 21 e 22 de xullo de 2014 en Pamplona.
O congreso JEDE III ten como principal obxectivo o intercambio de coñecementos e experiencias en bioestatística e deseño de experimentos e as súas aplicacións entre investigadores predoutorais ou recentemente doutorados, e profesionais das devanditas áreas. JEDE III conta co importante apoio da Rede Nacional de Bioestatística (BIOSTATNET) e pretende promover a investigación de excelencia en Bioestatística e potenciar a colaboración entre os grupos da Rede.
Máis información: http://www.unavarra.es/actualidad/congresos?contentId=179923

4.- Bolsas de prácticas en empresas europeas
A Deputación Provincial de Ourense convoca concurso público para a concesión de 10 bolsas internacionais e individuais de estancias e prácticas laborais en empresas europeas no marco do Programa europeo Leonardo da Vinci (BOP nº114 do mércores 21 de xuño de 2014). A finalidade é a de apoiar os participantes en actividades de formación para a adquisición de coñecementos, competencias e cualificacións que completen o desenvolvemento persoal e profesional, facilitando a mobilidade dos traballadores en Europa e promovendo o desenvolvemento de prácticas innovadoras e a súa transferencia entre os países participantes, fomentando o perfeccionamento de linguas estranxeiras.
As prácticas desenvolveranse en empresas da Unión Europea, preferentemente en Reino Unido e Portugal.
Requisitos:
- Titulación universitaria oficial de grao, licenciatura, diplomatura, Enxeñería, Enxeñería Técnica, Arquitectura, Arquitectura Técnica.
- Posuír coñecemento dalgunha das seguintes linguas cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ao seu grao de formación académica: portugués e/ou inglés.
- Posuír coñecementos de informática a nivel de usuario.
- Non ter gozado anteriormente dunha bolsa dun programa de Mobilidade Europea para a realización de prácticas laborais no estranxeiro.
Presentación de solicitudes: ata o 5 de xuño de 2014.
Máis información: http://becasinternacionais.depourense.es.

5.- Contrato de investigación en Vigo
Financiado polo programa de consolidación e estruturación de grupos de referencia competitiva da Xunta de Galicia, convócase un contrato de investigación a tempo completo para o grupo SiDOR.
Perfil do posto:
O seleccionado realizará tarefas de investigación dentro das liñas estratéxicas do grupo SiDOR. En particular, espérase que o contrato posibilite avances significativos no modelizado e análise de datos médicos, no marco de distintas colaboracións que ten na actualidade o grupo SiDOR con unidades hospitalarias da zona sur de Galicia.
Lugar de traballo:
Departamento de Estatística e Investigación Operativa, Universidade de Vigo, Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Campus Lagoas-Marcosende 36310, Vigo.
Requisitos:
Titulación superior (licenciatura, ou grao e máster) na área de Estatística e Investigación Operativa.
Máis información: http://eio.usc.es/pub/mte/descargas/contrato_investigador_sidor.pdf

6.- Contratos en Ikerbasque
Ikerbasque, the Basque Foundation for Science http://www.ikerbasque.net has launched its annual call for attracting senior researchers to the Research Institutions in the Basque Country.
This call offers 15 permanent contract positions for experienced researchers within any of the Basque Research Institutions (Universities, BERC - Basque Excellence Research Centres, CIC – Cooperative Research Centres, Biomedical institutions and Technology Corporations, among others).
All applications must be submitted on line: http://www.ikerbasque.net/professors deadline for submissions: Sept 10th 2014.
Máis información: http://www.ikerbasque.net/professors

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates