ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas SGAPEIO 16 xullo 2014
1.- Número 37 de INFORMEST
Está dispoñible na páxina web da SGAPEIO, apartado de PUBLICACIÓNS, o número 37 de INFORMEST, que inicia unha nova serie de boletíns con novos contidos e periodicidade cadrimestral. Este número ten o seguinte sumario:
- Colaboración: Reclamando danos económicos e ambientais coa utilización de métodos cuantitativos no xuízo do buque Prestige.
- Entrevista a Eduardo García Portugués.
- Actividades da SGAPEIO:
- Xornada sobre o Ensino da Estatística.
- IV edición do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos.
- Novas do IGE: Últimas novidades en publicacións e documentos do IGE.
- Traballos de Estatística no SUG: teses, tesiñas e traballos fin de máster.
- Coñecendo a un socio de SGAPEIO: Ignacio García Jurado.
- Sabías qué?: Romper segredos coa Estatística.
2.- Curso de introdución a R: Software libre para PEMES
A SGAPEIO, en colaboración coa Facultade de Matemáticas, organiza o curso Introdución a R: software estatístico libre para PEMES dirixido a pequenas e medianas empresas que queren iniciarse no tratamento de datos estatísticos con R (empresas que fan actividades demoscópicas, estudos de mercado, análise de datos en departamentos de I+D,...).
O curso conta cunha parte presencial (12 horas) e unha parte non presencial (9 horas) na que o alumno deberá resolver prácticas con bases de datos e envialas por correo electrónico.
Parte presencial:
- Lugar: Facultade de Matemáticas (Santiago de Compostela).
- Datas: 6, 13, 20, e 27 de outubro de 2014.
- Horario: 17:00 - 20:00 h.
Prezo:
- Socios/as de SGAPEIO: 50 €.
- NON socios/as: 80 €.
O programa detallado e o formulario de inscrición están na páxina web da SGAPEIO (www.sgapeio.es). O prazo de inscrición remata o 30 de setembro de 2014.
3.- Resolución da IV Fase Nacional “Incubadora de Sondeos y Experimentos”
Os días 2 e 3 de xullo de 2014 tivo lugar en Granada a IV Fase Nacional dos concursos tipo Incubadora de Sondeos y Experimentos, coa participación de oito fases locais. O traballo que representaba a Galicia na categoría de Bacharelato e Ciclos Formativos obtivo unha Mención Especial neste concurso:
- Título: Introdución á análise sensorial. Estudo hedónico do pan no IES Mugardos.
- Centro: IES de Mugardos.
- Titora: Covadonga Rodríguez-Moldes Rey.
- Alumnos: Verónica González Regueiro, Carlos Rodeiro Matriz, Carmen María Sanmartín Fero, Sergio Vila Plana.
A relación completa de traballos premiados nesta IV Fase Nacional da “Incubadora de Sondeos y Experimentos” pode consultarse na páxina web da SEIO: http://www.seio.es/Incubadora/premiados-2013-14.html
4.- Curso de Recursos didácticos do portal educativo do IGE
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración co Instituto Galego de Estatística (IGE) convoca o curso en rede titulado "Recursos didácticos do portal educativo do Instituto Galego de Estatística".
Este curso está dirixido a profesores de ESO/Bacharelato de Matemáticas, Xeografía e Historia e Economía, e impartirase no segundo trimestre do curso 2014/15.
Data límite de inscrición: 12 de decembro de 2014.
Máis información: https://www.edu.xunta.es/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOGEVENT- ver=ver&cod_actividade=61206
5.- Convocatoria do Programa IACOBUS 2014-2015
Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal (GNPAECT) publica Publicar a 1ª convocatoria ao abeiro do Programa IACOBUS para o curso 2014-2015 destinada a desenvolver un sistema de intercambio transfronteirizo de profesores, investigadores e persoal administrativo e de servizos, entre institucións de Ensino Superior da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que asinaron o “Protocolo de Cooperación Cultural, Científica e Pedagóxica entre as Universidades e as Institucións de Ensino Superior da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal”, en Vigo, o día 11 de abril de 2014.
Poden optar a participar neste programa:
- Persoal docente e investigador (PDI);
- Investigadores pre-doutorais ou post-doutorais con relación de investigación en vigor cunha Universidade ou outra institución de Ensino Superior dos especificados na convocatoria;
- Persoal administrativo e de servizos (PAS).
Presentación de solicitudes: ata o 30 de xullo de 2014.
Máis información: http://www.gnpaect.eu/