Novas SGAPEIO 17 setembro 2014

1.- Curso de introdución a R: Software libre para PEMES
Como xa anunciamos no mes de xullo, a SGAPEIO, en colaboración coa Facultade de Matemáticas, organiza o curso Introdución a R: software estatístico libre para PEMES dirixido a pequenas e medianas empresas que queren iniciarse no tratamento de datos estatísticos con R (empresas que fan actividades demoscópicas, estudos de mercado, análise de datos en departamentos de I+D,...).
O curso conta cunha parte presencial (12 horas) e unha parte non presencial (9 horas) na que o alumno deberá resolver prácticas con bases de datos e envialas por correo electrónico.
Parte presencial:


- Lugar: Facultade de Matemáticas (Santiago de Compostela).
- Datas: 6, 13, 20, e 27 de outubro de 2014.
- Horario: 17:00 - 20:00 h.
Prezo:
- Socios/as de SGAPEIO: 50 €.
- NON socios/as: 80 €.

O programa detallado e o formulario de inscrición están na páxina web da SGAPEIO (www.sgapeio.es). O prazo de inscrición remata o 30 de setembro de 2014.

2.- Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística: aplicación á Incubadora
Lembramos que a SGAPEIO e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA), en colaboración con educaBarrié, organizan unha Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística: aplicación á Incubadora. Esta xornada, que da continuidade á xornada sobre o ensino da Estatística celebrada en novembro de 2013, está dirixida a profesores de ESO e Bacharelato e vaise impartir en dúas edicións, unha na Coruña e outra en Vigo. Esta actividade, que conta coa homologación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, inclúe exposición de experiencias, obradoiros, unha conferencia e una ponencia práctica sobre a elaboración de traballos para presentar á Incubadora.

- Lugar: A Coruña e Vigo nas sedes da Fundación Barrié.
- Datas:
- A Coruña: 15 de novembro de 2014.
- Vigo: 29 de novembro de 2014.
- Horario: 9:30 - 14:00 e 15:30 - 19:30.

O programa detallado e o formulario de inscrición están na páxina web da SGAPEIO (www.sgapeio.es) . O prazo de inscrición remata o 31 de outubro de 2014. 


3.- Curso de Estatística con R para profesionais da saúde (2ª edición)
A Universidade de Vigo, en colaboración coa Fundación Biomédica de Vigo, organiza a segunda edición do curso de formación “Estatística con R para Profesionais da Saúde”. O curso é totalmente non presencial para que os médicos e outros titulados do ámbito bio-sanitario (ou estudantes universitarios de últimos cursos, 2 créditos de libre elección) poidan seguilo en horario libre e dende calquera lugar de modo compatible coa súa actividade. - Importe da matrícula: 125 € (90 € parados).


- Período de matrícula: do 15 de setembro ao 10 de outubro de 2014.
- Período de docencia: do 15 de outubro ao 15 de novembro de 2014.

O curso inclúe algunhas das técnicas estatísticas avanzadas máis utilizadas na investigación médica, con datos e exemplos paso a paso, asequibles para usuarios non expertos. Non é necesario ter un nivel elevado de Estatística ou coñecer previamente o programa R, aínda que sen dúbida eses coñecementos poden aumentar o rendemento do alumno. É eminentemente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual mediante secuenciación das unidades didácticas a través de Faitic, a plataforma de tele docencia da Universidade de Vigo.
Este curso está recoñecido con 5,3 créditos como actividade de formación continua -para todas as profesións sanitarias- pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
Máis información: https://bubela.uvigo.es/curso/2314

4.- Oferta de traballo en ABANCA
ABANCA está buscando un experto en CRM analítico co seguinte perfil:


- Licenciado en Matemáticas, Estatística, Físicas, Informática ou Enxeñería.
- Experiencia ou coñecemento en creación de modelos predictivos e explicativos con técnicas estatísticas e/ou de intelixencia artificial (regresión loxística, árbores de decisión, redes neuronais, redes bayesianas, análise cluster, análise factorial, análise conxunto,…).
- Experiencia ou coñecemento en utilización de suites de modelización como Clementine, pass modeler, SAS, R e similares.
- Coñecemento de SQL.
- Visión de negocio e orientación a resultados pragmáticos.
- Valoraranse moi positivamente os coñecementos de ferramentas de xeomarketing, xestión de campañas e/ou business intelligence (Geostats,TCRM, ARM, OBIEE, Business objects, Microstrategy ).
Funcións do posto:
- Deseño, entrenamento, validación e implementación de modelos predictivos e explicativos: (campañas e accións comerciais, produtos e servizos, ect).
- Deseño de segmentacións estratéxicas e tácticas.
- Deseño de mostras para experimentos/test de produtos, campañas e accións comerciais.
- Estudo e categorización de redes de relacións entre clientes e oportunidades de negocio asociadas.

A data límite para recibir candidatos é o 17 de setembro de 2014.
Os posibles interesados deben poñerse en contacto con Julián Gutiérrez no enderezo de correo electrónico:Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

5.- Chamada a candidatos para a Oficina Europea de Patentes
A EPO (European Patent Office - Oficina Europea de Patentes) está recrutando enxeñeiros e científicos para traballar como examinadores de patentes (http://www.epo.org/jobs).
O día 30 de setembro de 2014, ás 9:00 horas, terá lugar unha presentación no salón de actos da Escola de Enxeñería Industrial (Sede Campus) da Universidade de Vigo, na que se dará a coñecer a labor da organización, en qué consiste o traballo de examinador de patentes na EPO e as oportunidades de traballo que ofrece nun entorno estimulante e internacional, á vangarda da tecnoloxía e con amplas oportunidades de desenvolvemento profesional.
Despois da presentación, realizaranse algunhas entrevistas informais aos posibles candidatos interesados. O evento está aberto a estudantes, graduados e doutorandos en Enxeñerías, Matemáticas, Física, Bioloxía e Química.
As persoas interesadas en participar nas entrevistas deberán presentar o seu CV usando o modelo europeo Europass (https://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae). É necesario confirmar a participación en:Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes do venres 26 de setembro.
Programa do evento:


- 09:00-09:10: Introducción.
- 9:10-09:35: A Oficina Europea de Patentes (EPO).
J. Santacroce, Director da Oficina Europea de Patentes.
- 09:35-10:15: O traballo de examinador de patentes na EPO.
C. Quesson, Examinador de Patentes na Oficina de Patentes.
N. González, Examinadora de Patentes naOficina de Patentes.
- 10:45-13:30: Primeira fase de entrevistas individuais.
- 14:30-17:30: Segunda fase de entrevistas individuais.

Máis información: http://www.epo.org/about-us/jobs.html
Persoa de contacto: Noelia González Carballo, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

6.- 7ª Reunión Española de Usuarios de Stata
O día 23 de outubro de 2014 terá lugar, na Facultade de Medicina da Universidad de Barcelona a 7ª Reunión Española de Usuarios de Stata.
Esta reunión proporcionará aos usuarios de Stata a oportunidade de intercambiar ideas, experiencias e información sobre as novas aplicacións de Stata. Calquera persoa interesada no uso deste programa será benvida.
A esta reunión asistirán dous oradores invitados de StataCorp: Enrique Pinzón, do eido da Econometría e Isabel Cañette, do eido da Estatística. O orador invitado será Xavier Bosch-Capblanch do Centro Suízo para a Saúde Internacional.
O prezo para asistir á reunión é de 60€ (30€ para estudantes).
Máis información: http://www.timberlakeconsulting.com/?id=622

7.- Cursos da Universitat Autònoma de Barcelona
O Servei d'Estadística Aplicada da Universitat Autònoma de Barcelona organiza os seguintes cursos para os próximos meses:


- Curso de introdución á Estatística con Deducer: 30 de setembro, 2, 7 e 9 de outubro.
- Curso de Modelización Estatística Básica con Deducer: do 20 ao 22 de outubro de 2014.
- Curso de introdución ao Sistema SAS® (Enterprise Guide - SAS System): do 3 ao 6 de novembro de 2014.
- Curso de Técnicas Estatísticas con SAS®: do 17 ao 20 de novembro de 2014.
- Curso de programación con SAS®. Sintaxe avanzada: do 1 ao 4 de decembro de 2014.

Máis información: http://sct.uab.cat/estadistica/es/content/cursos-regulares

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates