Novas SGAPEIO 14 xaneiro 2015

1.- Asemblea Xeral da SGAPEIO 2014
O vindeiro día 29 de xaneiro de 2015 terá lugar, ás 18:30 horas, a reunión da Asemblea Xeral da Sociedade do ano 2014 na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela. Na páxina web da SGAPEIO, no apartado "A SOCIEDADE-Actas e informes", atópase a Acta da Asemblea Xeral do 25/10/2013 que se someterá a aprobación, e a convocatoria da Asemblea, que inclúe os balances económicos de 2013 e 2014, e o orzamento para o ano 2015.
Antes de celebrarse a Asemblea impartiranse dúas conferencias ás que pode asistir calquera persoa interesada. So a Asemblea é restrinxida a socios e socias da SGAPEIO.
O programa da xornada é o seguinte:
Programa:
- 17:00-17:40: Conferencia “Solucións estatísticas para retos actuais en enxeñería e ciencia de materiais”.
Prof. Javier Tarrío Saavedra
Universidade da Coruña
- 17:40-17:50: Pausa.
- 17:50-18:30: Conferencia “Votando secuencialmente”.
Prof. Julio González Díaz
Universidade de Santiago de Compostela
- 18:30-20:00: Asemblea Xeral da SGAPEIO.

2.- Cambios na web da SGAPEIO
No menú de “FORMACIÓN E ACTIVIDADES” creouse unha nova opción chamada “Outras actividades” que agrupa as actividades organizadas ou co-organizadas pola SGAPEIO, agás os congresos da Sociedade e os premios, que teñen un apartado propio. A información que inclúe actualmente a nova opción é a seguinte:
- Curso de introdución a R: software libre para PEMES
- I Encontro Luso-Galaico de Estatística no Medio Ambiente e na Ecoloxía
- Curso de Estatística con R para profesorado de Ensino Medio
- I Encontro Luso-Galaico de Biometría
- 2013: Ano Internacional da Estatística
- Día Mundial da Estatística
A información das dúas xornadas de formación do profesorado, organizadas conxuntamente con AGAPEMA; incluíuse no menú “ESTATÍSTICA NO ENSINO – Ensino Medio”.

3.- Concesión dunha axuda da FECYT á SGAPEIO
No ano 2015 a SGAPEIO solicitou unha axuda á Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) na Convocatoria de 2014 para o fomento da cultura científica, tecnolóxica e da innovación, dentro da modalidade 2.1 “Fomento da creatividade e as vocacións científicas”. O obxetivo desta solicitude era obter financiación para o Concurso da Incubadora de Sondaxes e Experimentos, tanto na Fase local coma na Fase Nacional, e para a Xornada de formación para profesores de ESO/Bacharelato.
A Comisión de Evaluación valorou positivamente a pretensión de chegar a máis de 160.000 estudantes de Galicia, aínda que finalmente só unhas decenas de grupos de catro ou cinco alumnos se involucren no concurso e tamén valorou de xeito positivo a iniciativa de formar ao profesorado para a mellora a calidade dos proxectos estatísticos e o impacto a máis longo prazo, outorgándolle ao proxecto unha nota de 92 sobre 100.
Por todo isto, a Xunta Rectora do Patronato da FECYT , a proposta da Comisión de Evaluación resolveu conceder unha axuda de ata 7.900€ para financiar as actividades para as que se fixo a solicitude.

4.- V Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Lembramos que está aberta a convocatoria da V Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de Estatística e Investigación de Operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
O período de inscrición no concurso é do 1 ao 15 de abril de 2015.
Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es.

5.- I Xornadas Científicas de Estudantes da SEB
A Sociedad Española de Biometría organiza as Primeiras Xornadas Científicas de Estudantes, que se celebrarán os días 19 e 20 de xaneiro de 2015 no salón de graos da Facultade de Matemáticas da Universitat de València (Campus de Burjassot).
- Inscrición gratuíta e con certificado de asistencia.
- Todas as sesións son plenarias, incluída unha de pósteres.
- Curso gratuíto, de aproximadamente 2 horas de duración, e con certificado: Introdución á Inferencia Bayesiana; impartido por Anabel Forte (UV).
- Mesa redonda: Qué ofrece a SEB a os seus membros estudantes e viceversa.
Máis información: http://www.biometricsociety.net/primeras-jornadas-cientificas-de-estudiantes-de-la-seb%e2%80%8f/

6.- 2015 International Conference on Risk Analysis
The 2015 International Conference on Risk Analysis (ICRA6) is an international forum for disseminating recent advances in the field of Risk Analysis, with applications for the risk assessment and the risk management in Life, Biological and Environmental Sciences & Public Health, Economics and Finance, and Reliability of Engineering, Technical, Biological & Biomedical Systems.
The conference will also include the 6th Workshop on Risk Management and Insurance (RISK2015). ICRA6 and RISK2015 will be held in Barcelona (Spain), on May 26 - 29, 2015.
Further information: http://www.uoc.edu/portal/en/symposia/icra6/index.html

7.- 11th O-Bayes Workshop
The International Workshop on Objective Bayes Methodology, O-Bayes15, will be held in Valencia, Spain, June 1-4, 2015, and June 5 will be devoted to excursions. The principal objectives of O-Bayes15 will be to facilitate the exchange of recent research developments in objective Bayes theory, methodology and applications, and related topics, to provide opportunities for new researchers, and to establish new collaborations and partnerships.
O-Bayes15 will be dedicated to Susie Bayarri, to celebrate her life and contributions to Bayesian Statistics. O-Bayes15 will feature 21 invited talks and discussants, 3 tutorials and a poster session.
Further information: http://congresos.adeituv.es/OBayes15/

8.- Summer School GAME THEORY and ALGORITHMS
The Summer School GAME THEORY and ALGORITHMS will be held in Campione d’Italia on September 6-11, 2015.
The school is oriented to PhD students, post-doc, and young scholars. It has a distinguished interdisciplinary flavour, with speakers whose experiences come from Mathematics, Computer Science and Economics.
It is organized in order to provide incentives for direct contacts among the participants; the lectures will be delivered in the morning and the rest of the day will be devoted to informal talks and discussions also with the speakers.
Game Theory is assuming a wide relevance and several applications in various fields, from Mathematics, to Economics, Finance, Engineering, Political Science and so on. This makes of growing importance suitable algorithms. The aim of the school is providing insight in the computational aspects related to game theoretical tools.
Some fellowships will be available for participants and will be assigned on the basis of a curriculum vitae.
You may find this preliminary information on the website of the School at: http://gtaa.lakecomoschool.org/.

9.- Curso “Distributional Regression”
O Centro Interdisciplinar de Bioestatística da Universidade de Santiago de Compostela organiza o curso “Distributional Regression with Applications in Biomedicine, Biology, and Economics”, que terá lugar do 24 ao 26 de febreiro de 2015 no Centro de Estudos Avanzados da USC.
O curso está dirixido a estatísticos e investigadores das áreas de Biomedina, Bioloxía, Economía e outras disciplinas, que traballen con estruturas de datos complexos.
Máis información: http://icbusc.com/event/distributional_regression

10.- Axudas á FPU
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca axudas destinadas á formación en programas de doutorado en calquera área do coñecemento científico para facilitar a futura incorporación dos beneficiarios ao profesorado universitario do sistema español de educación superior e investigación científica (axudas á FPU).
Máis información: www.boe.es/boe/dias/2014/12/27/pdfs/BOE-A-2014-13539.pdf

11.- Ofertas de emprego da USC
A Universidade de Santiago de Compostela convoca concurso público para os seguintes contratos:
1.- Aplicación e desenvolvemento de metodoloxía bioinformática relacionadas coa inmunoxenómica de enfermidades de peixes e moluscos.
- Retribución bruta mensual: 820,00€
- Duración do contrato: 7,5 meses
- Xornada laboral: tempo parcial
- Categoría: Técnico Superior de Apoio a Investigación - Requisitos: Licenciado/a ou Grao en Veterinaria, Bioloxía, Biotecnoloxía, Ciencias do Mar, Ciencias Ambientais e Matemáticas

2.- Revisión de técnicas estatísticas para xeolingüistica perceptiva. Deseño de ferramentas (estimadores, test de hipóteses) que permitan describir e facer inferência sobre a percepción dialectal.
- Retribución bruta mensual: 600, 00€
- Duración do contrato: 4 meses
- Xornada laboral: tempo parcial
- Categoría: Técnico Superior de Apoio a Investigación
- Requisitos: Licenciado/a ou Grao en Matemáticas

3.- Desenvolvemento de algoritmos de detección de estructuras coherentes de Lagrange en ríos atmosféricos.
- Retribución bruta mensual : 1173,00 €
- Duración do contrato: 12 meses
- Xornada laboral: tempo completo
- Categoría: Investigador en formación
- Requisitos: Licenciado /a ou Grao en Física ou Matemáticas. Deberán estar matriculados nun Programa de Doutoramento

Máis información: http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/1549_gl.pdf

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates