ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Praza de técnico superior de proxecto i-MATH no CESGA
O Nodo CESGA convoca unha praza de Técnico de Consulting con orientación en Estatística e Investigación Operativa para desenvolver actividades de execución do proxecto i-MATH.
Referencia: IMATH10-TSP1.
Convoca: Fundación CESGA.
Ofrécese: Contrato laboral temporal por obra ou servizo.
Requisitos:
- Titulación: Licenciado en Matemáticas ou Titulado Superior en Estatística.
- Inglés: Nivel medio.
Bases da convocatoria: Bases
Prazo: A convocatoria estará aberta ata o próximo 1 de decembro.