Oportunidades de investigación para estudantes de matemática aplicada e estatística

Organismo: O BCAM brinda a oportunidade a estudantes de todo o mundo para unirse a un centro de investigación interdisciplinar con sede en Bilbao de reconocido prestixio internacional. O BCAM está formado por investigadores de diversos eidos das matemáticas, incluíndo liñas de investigación teóricas, aplicadas, modelización, análise, optimización/control, solución numérica e simulación computacional de sistemas dinámicos. Todos os traballos e liñas teñen a súa motivación na resolución de problemas do mundo real en áreas tan dispares como o control de ondas, aerodinámica, redes de comunicación, procesamento de imaxe e video, bioloxía/medicina, finanzas, etc. Para máis información sobre as actividades científicas do BCAM, consúltese BCAM Research Lines. 
Perfil do solicitante: estudantes de pregrao, mestrado e doutoramento en matemáticas e áreas afíns. 
Ofértase: Estancia ou semestre, tese de mestrado, proxecto industrial, tese de doutoramento. 
Funcións: Os solicitantes seleccionados serán responsables da aprendizaxe, suxestión e aplicación de ideas baixo a supervisión de investigadores do BCAM e de acordo cun plan establecido, co obxectivo de resolver con éxito os problemas presentados no anuncio da posición de prácticas. 
Posicións:

  • Xeometría proxectiva de conxuntos convexos e aprendizaxe automática. Estado: aberto, prazo de solicitude: 2018-04-30
  • Modelos probabilísticos para os rankings. Estado: aberto, prazo de solicitude: 2018-04-30
  • Optimización convexa de probabilidades para a aprendizaxe automática. Estado: aberto, prazo de solicitude: 2018-04-30
  • Predicción enerxética mediante métodos probabilísticos. Estado: aberto, prazo de solicitude: 2018-04-30
  • Ciencia da información para a xestión da enerxía. Estado: aberto, prazo de solicitude: 2018-04-30
  • Optimización e simulación do sistema de emerxencias ambulatorias. Estado: aberto, prazo de solicitude: 2018-02-28
  • Aprendizaxe máquina en ciberseguridade. Estado: aberto, prazo de solicitude: 2018-02-15

Sitio web:http://www.bcamath.org/es/research/internships

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates