Emprego no “tradding floor” de DataSpartan BNP Paribas

Descrición: Ofrécese carreira científica estable e excelente aprendizaxe tecnolóxica na sala de inversións de Data Spartan BNP Paribas. Hoxe en día, na era da automatización e dixitalización, os mercados están a desenvolverse e avanzar cada vez máis rápido, xa sexa en reda variable como fixa, no FOREX, opcións, swaps, etc. Este cambio continuo que afecta á organización dos mercados a todos os niveis, ven sendo promovido pola uso de ferramentas informáticas de alto rendemento, o desenvolvemento da tecnoloxía de intelixencia artificial, e á aplicación e desenvolvemento de modelos matemáticos. 
DataSpartan ten o compromiso cos seus clientes de proporcionar excelencia financeira a partir da posta en acción do talento matemático e informático dos seus empregados.

Oferta: En DataSpartan se ofrecen 15 postos de perfil matemático e informático. 
Recoméndase encarecidamente que o candidato teña certa experiencia e familiaridade cos produtos financeiros, aínda que cada candidato será avaliado individualmente. Todos os postos ofrecen un salario competitivo e carreira a desenvolver en Londres.

Solicitudes: Tanto se se desexa saber máis sobre os postos ofertados coma solicitalos, envíese o seu CV á dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

2020  SGAPEIO   globbers joomla templates