Contratos Predoutorais, curso 2018-2019

Convocatoria de 6 contratos de investigación en matemáticas para estudantes de doutoramento da USC no curso 2018-2019. Programa de Iniciación á Investigación nas Ciencias Matemáticas e as súas Aplicacións.

O 09/07/2018 publicouse no Taboleiro Electrónico da USC a convocatoria de 6 contratos temporais de investigación en matemáticas para alumnado de doutoramento da USC, a convocatoria completa pode consultarse en:
http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/2298_gl.pdf

A documentación e inscrición telemática, única forma válida, debe achegarse antes das 23:59 horas do 19/07/2018, a través da Sede Electrónica da Universidade:
https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/contratacion.htm

Páxina oficial da USC da convocatoria:
http://imaisd.usc.es/guiaconvocatorias.asp?i=gl&s=-2-26-128-129&id=3304&t=9&st=0

Resumo da convocatoria:

Requisitos:
Ser estudante matriculado na USC durante o curso 2018-2019 nalgún dos seguintes programas e con unha nota de expediente non inferior a 7 puntos sobre 10 calculada de acordo ao establecido no anexo III:

  • Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa
  • Doutoramento en Matemáticas
  • Doutoramento en Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñería e Ciencias Aplicadas.

Non é preciso estar matriculado neste momento nos anteditos programas. Os/as seleccionados/as deberán acreditar a matrícula no momento de asinar o contrato.

Documentación a presentar en PFF na sede electrónica:

  • Curriculum Vitae, sinalando os méritos que se establecen como criterios de valoración e que figuran no Anexo I (ver modelo de CV
  • Proxecto de investigación das actividades a realizar durante o contrato. Este proxecto debe estar asinado polo solicitante e ter a aceptación asinada do titor da actividade. A lonxitude máxima será de dúas páxinas en Din A4 con letra a tamaño 12. Ditas actividades deben formar parte das liñas de investigación descritas no Anexo III.
  • Aceptación por parte do coordinador do grupo de investigación, do que o titor forma parte, e no que se desenvolvería a actividade, segundo o modelo indicado no Anexo IV.

Características dos contratos:
Retribución bruta mensual: 511 €
Xornada laboral: de luns a xoves de 10-14 horas (16 h. semanais)
Duración prevista do contrato: 15-10-2018 ata 30-06-2019
Categoría laboral Investigador en Formación

O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural. Os contratos terán carácter laboral temporal e dedicaranse en exclusividade á realización das actividades propias da actividade de investigación obxecto da convocatoria. A contratación non implica ningún compromiso en canto á posterior incorporación ao cadro de persoal da Universidade de Santiago de Compostela.

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates