Científico de datos - La Voz de Galicia

Funcións: Realizar análise estatística de grandes volumes de datos, recompilados das distintas bases de datos e fontes de información, que permitan obter coñecemento e resolución de problemas de negocio e definir índices de interese da empresa.


REQUISITOS minimos esixibles das candidaturas:

  • Formación acreditada
  • Estar en posesión do título de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñería, máster e/ou doutoramento. Valorarase o grao de afinidade das titulacións do candidato coa área de estatística.
  • Coñecementos avanzados e experiencia previa no uso de técnicas estatísticas.
  • Experiencia previa en análise e programación de algoritmos matemáticos e estatísticos.
  • Coñecementos avanzados e experiencia previa no uso de linguaxes de programación.
  • Coñecementos e experiencia previa en procesamento de grandes bases de datos.
  • Coñecementos avanzados de inglés.
  • Coñecementos e experiencia adicional
  • Coñecementos avanzados e experiencia previa no uso de análise exploratorio de datos, técnicas de modelización estatística (modelos de regresión lineal e non lineal, paramétricos e non paramétricos, regresión loxística,…), análise multivariante (procedementos de redución da dimensión, técnicas de clasificación supervisada e non supervisada, análise factorial, selección de características,…) e detección de anomalías, entre outras.
  • Coñecementos e experiencia previa en computación estatística, minería de datos, Big Data e statistical learning / machine learning.
  • Coñecementos avanzados e experiencia previa no uso das linguaxes de programación R ou Python.
  • Coñecementos e experiencia previa no uso de Google Analytics e BigQuery.

FUNCIÓNS DO POSTO DE TRABALLO:

  • Análise estatística de grandes volumes datos recompilados a través das distintas bases de datos e fontes de información da empresa, que permitan obter coñecemento deses datos e resolver problemas de negocio.
  • Definición de índices de interese para a empresa.
  • Implementación dos índices seleccionados na infraestrutura de almacenamento de datos da empresa.
  • Construción e implementación de motor de alertas asociadas aos índices seleccionados.

CONDICIÓNS DE CONTRATACIÓN:

  • Realizarase un contrato indefinido.
  • Retribución bruta anual: 29.300,00 €.
  • Xornada laboral: tempo completo.
  • Lugar de Traballo: Polígono Industrial de Sabón. Arteixo.
  • Incorporación inmediata unha vez finalizado o proceso de selección. 

PROCESO DE SELECCIÓN

  • A solicitudes enviaranse a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Data límite de recepción de solicitudes: 17 de agosto de 2019.
  • Os candidatos/ as seleccionados/ as de acordo cos criterios anteriores serán convocados/ as a unha entrevista persoal, na que deberán achegar a documentación acreditativa da Formación e Coñecementos que indicasen na solicitude, así como vida laboral.
  • Garántese confidencialidade.
2020  SGAPEIO   globbers joomla templates