Beca de predoutoramento en Estatística na KU Leuven (Bélxica)

Descrición: O grupo de investigación ORSTAT da KU Leuven (Bélxica) ten unha oferta correspondente a unha beca de doutoramento a tempo completo para o período comprendido entre o 1 de febreiro de 2019 e o 31 de xaneiro de 2023, no eido científico da estatística. Especificamente, o candidato traballará na área de análise de supervivencia. Este traballo deberá levar a consecución dun título de doutoramento.
Perfil:

  • Os candidatos deberían ter un forte interese na estatística e, preferentemente, ter un máster en estatística, matemáticas ou equivalente.
  • Dominio apropiado do inglés escrito e falado.

Oferta: Ofrecemos un emprego como estudante de doutoramento a tempo completo por 1 ano, renovable ata max. 4 anos despois dunha avaliación positiva. Se proporcionará un ambiente de traballo dinámico e agradable nun grupo involucrado activamente na investigación científica ao máis alto nivel internacional. O Centro de Investigación ORSTAT ten experiencia en Estatística e Investigación de Operacións. O centro de investigación cobre gran variedade de temas desafiantes en ambas áreas.

Máis información:
https://feb.kuleuven.be/research/decision-sciences-and-information-management/orstat/orstat
Pódese contactar coa Prof. Dr. Ingrid Van Keilegom, correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 
Datas: A data límite para o envío de solicitudes é o 30 de novembro de 2018
Solicitudes: 
http://www.kuleuven.be/eapplyingforjobs/light/54895071 (indíquese o interese no doutoramento en análise de supervivencia baixo a supervisión de Ingrid Van Keilegom).

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates