O grupo de investigación MODESTYA (Modelos de optimización, decisión, estatística e aplicacións, http://eio.usc.es/pub/gi1914/index.php/gl) da Universidade de Santiago de Compostela busca doutores que desexen levar a cabo a súa investigación no seno do grupo para concurrir a distintas convocatorias competitivas de contratos posdoutorales (programas Juan de la Cierva Incorporación, Juan de la Cierva Formación e Ramón y Cajal do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades).
A persoa candidata deberá desenvolver unha liña de investigación na área da Estatística e Investigación Operativa, preferiblemente orientada a fortalecer algunhas das liñas estratéxicas do grupo MODESTYA (estatística non paramétrica e semiparamétrica, análise de datos direccionais, datos funcionais, datos de alta dimensión, teoría de xogos, modelos da investigación operativa, técnicas de optimización) coa aportación de novos modelos e/ou métodos, o estudo das súas propiedades teóricas e o desenvolvemento de software con aplicación a distintos eidos (economía, biomedicina, saúde, enxeñaría, finanzas, enerxía, bioloxía, medioambiente ou loxística), incluíndo a colaboración en actividades de transferencia co ITMATI.
Os interesados deben enviar a súa expresión de interese, acompañada de copia electrónica do seu curriculum vitae por correo electrónico ao enderezo
Para calquera outra cuestión, poden contactar con

