O grupo de investigación MODESTYA (Modelos de optimización, decisión, estatística e aplicacións, http://eio.usc.es/pub/gi1914/index.php/gl) da Universidade de Santiago de Compostela ofrece un contrato pos-doutoral. A persoa candidata deberá desenvolver unha liña de investigación na área da Estatística e Investigación Operativa, preferiblemente orientada a fortalecer algunhas das liñas estratéxicas do grupo MODESTYA (estatística non paramétrica e semiparamétrica, análise de datos direccionais, datos funcionais, datos de alta dimensión, teoría de xogos, modelos da investigación operativa, técnicas de optimización) coa aportación de novos modelos e/ou métodos, o estudo das súas propiedades teóricas e o desenvolvemento de software con aplicación a distintos eidos (economía, biomedicina, saúde, enxeñaría, finanzas, enerxía, bioloxía, medioambiente ou loxística), incluíndo a colaboración en actividades de transferencia co ITMATI.
Requisitos:
- Doutoramento en Estatística, Teoría de Xogos, Investigación Operativa.
Criterios de valoración:
- Outros méritos relacionados coas tarefas a desenvolver.
- Experiencia investigadora acreditada (publicacións en revistas da área).
- Capacidade de abordar novas liñas de investigación.
- Coñecementos de programación avanzada e manexo de software estatístico ou de investigación operativa.
- Cartas de recomendación.
- Entrevista persoal (os 5 mellores candidatos).
Descrición do traballo:
- Salario bruto: 2027.50 euros/mes.
- Xornada de traballo semanal: 37.5 horas/semana.
- Duración do contrato: 21 meses.
- Centro de traballo: Facultade de Matemáticas. Campus Vida (Santiago de Compostela).
Presentación de solicitudes e prazo:
- A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Universidade de Santiago de Compostela.
- Prazo: ata as 14 horas do 21 de xaneiro de 2019.
Entrevistas persoais e resolución:
- As persoas preseleccionadas serán convocadas a unha entrevista persoal.
- Data estimada de resolución para a provisión da praza: 31 de xaneiro de 2019.
- Data prevista de inicio do contrato: 1 de febreiro de 2019.
- Máis información http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/2409_gl.pdf
- Para calquera outra cuestión, poden contactar con
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

