Praza de técnico de apoio na Rede tecnolóxica de Matemática Industrial 

A Rede tecnolóxica de Matemática Industrial (Rede TMATI) ofrece un posto como técnico de apoio na consolidación e na xestión para fomentar a transferencia de tecnoloxía á industria, no ámbito da simulación numérica, estatística e optimización.
Entre os obxectivos marcados está o estreitamento de lazos de cooperación entre a Universidade e a Empresa, a xestión da actividade de transferencia e valorización dos resultados de investigación, o desenvolvemento de actividades de transferencia tecnolóxica dirixidas ao sector empresarial e industrial, así coma captar novas colaboracións para o desenvolvemento de accións de transferencia con distintos sectores productivos industriais.
Salario bruto mensual: 1555,96€
Duración do contrato: 6 meses.
Máis información: http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/2703_gl.pdf

2019  SGAPEIO   globbers joomla templates