Contrato para técnico superior de investigación

Perfil: Grao en Física, Matemáticas, Estatística ou Enxeñería (Biomédica, Industrial, Telecomunicación, Informática) ou similares. 
Proxecto: "Desenvolvemento dun sistema de IA para a adecuación da intensidade asistencial de pacientes críticos de COVID-19 na UCI integrando técnicas de Machine e Deep Learning". Proxecto financiado por GAIN- FEDER, Código: IN845D-2020/29. 
Condicións/Duración: 20 meses. 
Data límite: 25/01/2021. 
Requisitos imprescindibles: Estar a cursar (2º ano) ou cursar un mestrado de estatística, enxeñería industrial, telecomunicacións, ou similar. As ofertas que non cumpran con todos os requisitos imprescindibles quedarán automaticamente descartadas. 
Requisitos que tamén serán valorados:

  • Coñecemento básico de procesado de datos e sinais biomédicas para investigación.
  • Coñecemento de programación en R e Python.
  • Coñecemento de técnicas estatísticas: redución de dimensión, análise clúster industrial, análise discriminante, análise de supervivencia, predición, machine/deep learning. 

 

Máis información e solicitudes:
http://empleo.fundacionbiomedica.es/ofertastrabajo/inscripciones/33


2023  SGAPEIO   globbers joomla templates