ÚLTIMAS NOVAS
- XLIX Coloquio Argentino de Estadística (CAE) e VII Jornada de Educación en Estadística “Martha Aliaga” (JEE)
- Número 61 de INFORMEST
- Ingrid Van Keilegom doutora Honoris Causa da Universidade da Coruña
- 7 ofertas de traballo na Universidade de Glasgow
- 6 postos de postdoutoramento na Unidade de Investigación do iMAT, dentro do "Qualifica Excellence Program"
Acceso socios
Prazas no grupo BCAM IKERBASQUE
O Centro Vasco de Matemática Aplicada (BCAM), xunto con IKERBASQUE, convida a postularse para un posto de Líder de Grupo en Modelización Matemática Aplicada á Saúde. Esta convocatoria de Group Leader ofrece un posto de investigación permanente para un Group Leader que desexe desenvolver unha carreira científica a longo prazo no País Vasco. Esta convocatoria está aberta a:
- Líderes de grupos novos.
- Líderes de grupo experimentados de alto nivel.
O comité de avaliación considerará aos candidatos máis fortes con excelentes capacidades de liderado e un historial de investigación sobresaliente. Espérase que o candidato seleccionado realice unha investigación independente e coordine as actividades que está a realizar o centro en modelización matemática aplicada á saúde en colaboración con institucións sanitarias vascas co apoio do Gobierno Vasco nun proxecto específico. Trátase dun proxecto ambicioso con investigación centrada nas matemáticas aplicadas, que aborda cuestións fundamentais na epidemioloxía da saúde pública (incluída a vixilancia), a xestión do sistema de saúde e a medicina personalizada. O proxecto cobre áreas de investigación que van desde a ciencia de datos e a intelixencia artificial ata a bioloxía matemática ou a epidemioloxía e a dinámica de biofluidos (de enfermidades infecciosas.
Requírese que os candidatos sexan capaces de desenvolver non só investigación metodolóxica senón tamén aplicacións multidisciplinares en colaboración con centros de investigación, institucións sanitarias, hospitais… O candidato debe ser capaz de promover colaboracións internacionais, captar financiamento competitivo e constituír os seus propios grupos de investigación.
Máis información:
http://www.bcamath.org