ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios



Poster Competition 2020-2021
O traballo "What is the Most Effective Fertilizer?", presentado na X Edición do Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos por Aldán Mosquera, Daniel Iglesias, Valentín Giovani e Xián Paredes (IES Pontepedriña, titora: Concepción Sieiro) vén de recibir a Mención de Honra no International Poster Competition 2020-2021 (International Statistical Literacy Project).
Noraboa ó equipo!
Máis información premendo nesta ligazón.
Beatriz Piñeiro Lamas gaña o premio a mellor comunicación oral no PhDay-EIO
O Comité Organizador do PhDay-EIO decidiu por unanimidade conceder o premio á mellor comunicación oral presentada no PhDay-EIO, con título:
INTRODUCTION TO SINGLE-INDEX MIXTURE CURE MODELS
Presentada por BEATRIZ PIÑEIRO LAMAS
En Santiago de Compostela, a 23 de xuño de 2021.
De esquerda a dereita: Laura Davila Pena (membro do comité organizador da xornada), Brais González Rodríguez (membro do comité organizador da xornada), Mª José Ginzo Villamayor (membro do comité organizador da xornada), Beatriz Piñeiro Lamas (gañadora do premio), Laura Freijeiro González (membro do comité organizador da xornada) e César Sánchez Sellero (presidente da SGAPEIO).
Libro X INCUBADORA DE SONDAXES E EXPERIMENTOS
![]() |
X INCUBADORA DE SONDAXES E EXPERIMENTOS
O presente libro recolle todos os traballos premiados, finalistas con mención e os finalistas con mención especiais presentados ao X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos. |