V CONGRESO GALEGO DE ESTATÍSTICA E INVESTIGACIÓN DE OPERACIÓNS

Ferrol

12, 13 e 14 de setembro de 2001

Índice

Portada
Comité Científico
Comité Organizador
Sede do Congreso
Programa  
Presentación de
comunicacións
Normas para a presentación de comunicacións
Cotas de Inscrición
Formas de pagamento
Inscrición
Boletín de Inscrición
Cea de Confraternidade
Aloxamento
Boletín de reserva de
aloxamento
 
Persoas Inscritas  
Comunicacións e Conferencias

 

NORMAS

Primeiro autor1, segundo autor2, etc.

1Departamento

 Universidade ou institución

2Departamento

 Universidade ou institución

 

RESUMO

Un resumo do traballo non superior a 5 liñas, centrado adentrando 1 cm cada marxe lateral. Deberase escribir ó comenzo do traballo.

Palabras chave: incluír un máximo de seis (opcional)

Clasificación AMS: códigos segundo clasificación da AMS (opcional)

 

1.      INTRODUCCIÓN

Deberán respectarse as normas que aparecen a seguir, co fin de obter unha impresión homoxénea de tódalas comunicacións nas actas do congreso.

 

2.      NORMAS XERAIS

Os traballos deberán enviarse obrigatoriamente en formato Postscript. Este formato é o resultado de imprimir o traballo nunha impresora PostScript. O procedemento é o seguinte:

1.- Se xa temos unha impresora PostScript no noso sistema, pasar ó punto 4.

2.- Se non temos unha impresora PostScript instalada temos que instalar unha. Recomendamos instalar a HP LaserJet 4Mplus PostScript. Os drivers para Windows 9x veñen no CD-ROM de instalación; para outros sistemas operativos consultade este enderezo http://www.europe.hp.com/cpso-support/

3.- Instalamos os drivers e conectámola ó porto FILE:. Deste xeito sempre que queiramos imprimir nesta nova impresora, crearase un ficheiro de PostScript. A resolución pódese axustar a 600 dpi.

4.- Imprimiremos normalmente o noso traballo empregando esta impresora e asegurando que a saída está redirixida a un ficheiro que deberá ter a extensión *.ps.

Os traballos presentaranse en DIN A4, o tamaño desta folla, imitando o seu estilo na medida do posible. As marxes serán de 2'54 cm (as que toma por defecto o procesador de textos Word).            O tipo de letra será o que toma por defecto o procesador utilizado (Times New Roman no caso dun documento de Word), o tamaño de 12 puntos, o espaciado interlineal de 1'5 e a xustificación do texto completa. Os títulos das distintas seccións deberán escribirse en maiúsculas, centrados. Usaremos os estilos predefinidos das plantillas.

As táboas e as figuras deberán estar centradas, en branco e negro, e na posición na que deban aparecer no texto, tendo en conta que se fose necesario aplicar unha reducción do 20%, o resultado deberá ser lexible. Non se utilizará o subliñado de palabras nin as notas ó pé de páxina; así mesmo os posibles apéndices deberán incluírse dentro do texto.

A extensión do traballo será como máximo de 4 páxinas.

En calquera caso acompañarase unha nota á parte indicando se se desexa comu-nicación oral ou póster, a situación de inscrición no congreso dos autores e os seus enderezos completos (teléfono, fax e correo electrónico) co fin de poder solucionar calquera problema que xurda na edición das actas.

 

3.      MODELO WORD OU LATEX

            Para facilitar a uniformidade das actas, o comité organizador ten á disposición dos interesados un modelo en WORD 2000 ou anteriores, e outro en LaTeX con tódolos formatos establecidos para escribir o traballo (no que  abonda con substituír o texto explicativo polo propio). Este modelo pódese solicitar por correo electrónico no enderezo: v_sgapeio@udc.es .Tamén se pode obter aquí:

 

4.      AGRADECEMENTOS

            Agradecementos de patrocinio, asesoramentos, etc. (se os houbese).

 

5.      REFERENCIAS

Ehrenberg, A. C. S. (1982): “Writing technical reports and papers”. Amer. Statist. 36, 326-329.